Sae o himno ‘Festigal, poder popular’ para conectar pola música [email protected] de todo o país

Publicado por o día 25/07/2020 na sección de Eventos,Galicia

Sae o himno ‘Festigal, poder popular’ para conectar pola música seareir@s de todo o país

O Festigal estrea un videoclip con música e letra de Xurxo Souto, que conta coa participación de artistas como Sonia Lebedynski, Alonxo Caxade e Ánxelo de Xermar para a celebración da véspera do Día da Patria Galega, realizado de xeito participativo con persoas seareiras deste evento. Segundo a comisión organizativa, “este videoclip quere converterse no himno ‘Festigal, poder popular’ para unir coa música [email protected] de todo o país”.

A Comisión do Festigal acordou adiar a programación da edición de 2020 por motivos de responsabilidade ante a pandemia da covid-19 co compromiso de manter os concertos e as actividades que estaban previstas para o vindeiro ano como unha mostra de apoio ao sector cultural.

Desde esta comisión destácase que o Festigal é un evento onde o voluntariado e o esforzo comunitario son pezas fundamentais da organización, que está integrada por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, ademais de proxectar orgullo de país e servir de escaparate artístico da cultura galega como selos de identidade que contribúen a tecer lazos de compañeirismo e de fraternidade para a xente moza durante a semana de celebración do Día da Patria Galega.

En canto ao concurso “Novos Valores”, que chegaba á súa sexta edición con grande interese por parte de bandas que inician a súa andaina e queren tocar no Festigal, tamén queda posposto para o próximo ano, cando as condicións de saúde pública permitan a celebración deste tipo de eventos con garantías.

Neste vídeo, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, partipan Xurxo Souto, Sonia Lebedynski, Alonso Caxade, Isabel Risco,
Marcela Porto Mato, Miguel Duarte, Andrea Mallou, Paula López Lodeiro, Xiana Naval Chaves, María Prado López e Anxelo de Xermar, ademais dun grupo de seareiras do Festigal e de Galiza Nova. Está producido por Iago Pico (Pouland Studios), con letra e música de Xurxo Souto, arranxos de Miguel Duarte, produción artística de Anxelo de Xermar e produción executiva de Lucía Veciño, da Fundación Galiza Sempre.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.