SAGAP e ante os recentes acontecementos derivados da convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro comunica

Publicado por o día 30/10/2017 na sección de SAGAP,Sanidad,Sindicatos

SAGAP e ante os recentes acontecementos derivados da convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro comunica

SAGAP e ante os recentes acontecementos derivados da convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro, transmite e consideran que o acordo firmado polas centrais sindicais CCOO, UXT, CSIF, SATSE e USAE e indigno e irresponsable, que amosa unha política de sumisión que supón un retroceso na defensa dos dereitos dos/as traballadores/as, téndose comprometido ademáis as anteriores centrais sindicais a manter a paz social ó longo de un proceso de negociación que non garante chegar a ningún lado, e así o amosan o acordo asinado ante as reivindicacións que figuraban publicitadas na convocatoria:

* Un calendario de recuperación dos acordos laborais e retributivos suspendidos dende o ano 2010. NON SE NEGOCIA.

*Recuperación dos acordos de retribucións no ámbito da *Atención Primaria. NON SE NEGOCIA.

*Carreira Profesional. COMPROMISO DE NEGOCIACIÓN NOS VINDEIROS MESES , SEN GARANTÍAS EXPLICITAS DE QUE SE CONCEDA A TODO O PERSOAL INDEPENDIENTEMENTE DO SEU VÍNCULO.

*Recuperación do 100% do complemento de incapacidade. NON SE NEGOCIA.

*Mantemento das actuais áreas sanitarias. NEGOCIACIÓN SEN PLAZO SÓ DAS REPERCUSIÓNS LABORAIS.

*Paralización das privatizacións. NON SE NEGOCIA.

*Negociación dos permisos e licencias e da orde de vínculos. NEGOCIACIÓN SEN PLAZO.

*Rematar ca precariedade laboral, contratando as persoas pola causa que orixinou a ausencia do titular. Non ao abuso das medias xornadas. NON SE NEGOCIA.

*Recuperación da xornada de 35 horas. NON SE NEGOCIA.

O Sindicato Sanitarios Galegos Públicos apoian e valoran positivamente a decisión de non firmar o acordo por parte da CIG así como a consulta interna que está a realizar, e polo tanto, o firme compromiso con seguir apoiando de SAGAP, tal e como se decidiu entre a sua afiliación, o éxito da convocatoria de seguir adiante ca mesma.

Para SAGAP sigue en pé a sua vontade de actuar unitariamente na defensa dos dereitos dos/as traballadores/as da sanidade galega. Dende SAGAP “sí temos claro e sempre tivemos, que só pola vía da unidade e do compromiso honesto, poderemos ter éxito na defensa dos nosos postos de traballo, e apelamos polo tanto á unidade de todo o espazo sindical que non debe claudicar ante as migallas da administración”.