«Salvador Dalí, Contador de historias»

Publicado por o día 17/02/2015 na sección de Cultura

«Salvador Dalí, Contador de historias»

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presentará mañá en rolda de prensa a súa nova proposta expositiva para a cidade de Vigo, «Salvador Dalí. Contador de historias». O acto de presentación a medios terá lugar na Sala de Exposicións Teatro Afundación en Vigo ás 11.30 h e contará coa asistencia de María Teresa Cores, responsable de Programas Culturais de Afundación; Gloria Patón, comisaria; e Charo Sanjuan, coordinadora.

Esta exposición está conformada por un total de 72 gravados e estampas realizados a partir dalgunhas das obras literarias que máis impresionaron a Dalí.

PRENSA AFUNDACIÓN