Salvemos Cabana volve reclamar que o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate sexa utilizado exclusivamente como un recinto de divulgación e estudo da prehistoria

A entidade pídelle á Deputación da Coruña que inste ao Concello de Cabana de Bergantiños a derivar os eventos musicais que nada teñen que ver co contexto museístico da instalación ao auditorio municipal habilitado para tal fin.
Por o 18/04/2019 | Sección: Social
Salvemos Cabana volve reclamar que o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate sexa utilizado exclusivamente como un recinto de divulgación e estudo da prehistoria
Compartir en:
En datas recentes organizouse no recinto unha clase infantil de música de corda, actividade que sen dúbida tería que celebrarse, por acústica e condicións, no magnífico auditorio co que conta Cabana de Bergantiños, non nun centro de estudo e interpretación da prehistoria.

Por desgraza este tipo de utilización do espazo impulsada polo alcalde de Cabana José Muíño Domínguez (PP) que inclúe, entre as máis variadas actividades, a celebración de clases musicais, concertos ou feiras de artesanía, conseguiu desvirtuar o sentido que o Centro Arqueolóxico do Dolmen de  Dombate debería ser.

Como recinto de titularidade pública pertencente á Deputación da Coruña como entidade  financiadora, o Centro Arqueolóxico do Dolmen de  Dombate tería que estar estritamente vinculado ao monumento que acolle e á súa época, constituíndo un referente no estudo e investigación do período neolítico, no convertido nunha aula de música ou feira de mostras dado que o municipio conta con instalacións máis adecuadas para estas finalidades.

Desde un punto de vista cultural, o Centro Arqueolóxico de  Dombate tería que ter dous ámbitos de actuación. Dunha banda, a presentación e  intruducción do visitante no  ámbito da prehistoria e a cultura  megalítica. Doutra, a difusión e posta en valor de maneira permanente do contexto  neolítico que rodea ao monumento e das diferentes campañas de escavación.

Lamentablemente, o ineficiente control por parte da área de Cultura da Deputación coruñesa derivou nunha situación na que o Dolmen de  Dombate rematou por converterse nun recinto ideal para a celebración de actividades extraescolares e/ou feirais de calquera tipo máis que nun centro de referencia a nivel arqueolóxico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.