Salzburg Global Seminar estuda o noso modelo urbano como paradigma para cambiar os espazos urbanos

O foro internacional, dirixido por ex alumnos de Harvard, expertos en cambios globais ofrecen Pontevedra como referente das cidades do futuro
Por o 07/03/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
Salzburg Global Seminar estuda o noso modelo urbano como paradigma para cambiar os espazos urbanos

O Seminario Global de Salzburgo (SGS) coñeceu polo miúdo o modelo de cidade pontevedrés. Foi o protagonista esta mañá da súa sesión 608, diante de arredor de 30 persoas chegados de todo o mundo e motivadas pola misión deste selecto club de estudos. O SGS está dirixido por ex-alumnos de Harvard hoxe embarcados en formar líderes mundiais coa misión de conseguir un cambio para mellor.

Un xornalista inglés, Jack Graham, resumiu nun tweet a súa impresión tras escoitar a Lores: “Moi inspirador. Se todas as cidades tomaran estas ideas, chegaríamos moito máis lonxe loita contra o cambio climático”.

O exemplo de Pontevedra serviu ao dirixente da axencia Media Impact, o americano Sean Southey, para considerar que non debe subestimarse o papel das cidades na loita contra o cambio climático. “Os resultados espectaculares deste exemplo así o demostran. É un caso alentador que pode inspirar a moitas outras cidades, que deberían comezar por poñer claramente nas súas prioridades o traballar todos a unha para realizar un cambio real, xa que incluso esa filosofía de coordinar todos os esforzos para mellorar a cidade pode copiarse perfectamente”.

Southey, que participaba xa por segunda vez no seminario, falou longamente do caso pontevedrés, destacando tamén o feito de que o caos inicial do que se partía foi convertido nunha oportunidade: “En vez de poñerse a divagar cos seus problemas, en Pontevedra buscáronse solucións, implementáronse e conseguiron uns resultados espectaculares”.

En palabras de Andrew Moore, membro da Liga das Cidades norteamericanas e presentación do alcalde pontevedrés “estamos ante o estudo dun caso como se fai en Harvard para aprender: estudar sistematicamente as solucións adoitadas para realizar cambios profundos”, destacando da experiencia pontevedresa “o acerto de considerar o espazo público urbano como área de protección especial”, destacando a continuación os resultados do novo modelo de cidade.

Despois de relatar os distintos aspectos da reforma urbana e a transformación global da cidade considerando que o espazo público é un dereito dos veciños tan importante como a sanidade ou a educación, Lores respondeu a distintas preguntas relacionadas co tema, algunhas delas idénticas ás que suscita normalmente a intervención do alcalde en foros internacionais, como a recorrente “como reaccionan os veciños ante os cambios?”, que fixo a beirutí Dima Boulad.

Lores explicou que o medo ao cambio e a oposición política poden frustrar estes procesos, pero é necesario abordalos con dous ingredientes: participación veciñal e valentía política, subliñando que nada se pode facer ao marxe da veciñanza, pero que tamén hai que tomar decisións, que para iso se elixen os alcaldes. Tamén fixo un alegato sobre o importante que é crer na política como modo de mudar as realidade: hai que facer promesas, pero tamén executalas.

“Como poderías trasladar o exemplo de Pontevedra a outras cidades do mundo?” Preguntou a británica Joanna Nurse, tras felicitar ao alcalde pola súa intervención. “Non estamos aquí para dar leccións a ninguén, senón expoñendo unha experiencia que pode resultar inspiradora. O importante é saber que todo isto é posible. Que retirar o exceso de coches das cidades é a única fórmula posible para aumentar a calidade urbana, ben sexa en cidades pequenas como a nosa, ben en cidades máis grandes que poden facelo por distritos, pero o importante é que todos fagamos esforzos reais para mellorar o planeta”.

Outras preguntas referíronse á implicación do sector privado, ás consecuencias que o novo modelo tivo para a poboación infantil e á xentrificación ou os procesos de expulsión dos espazos urbanos por razóns económicas (de carestía da vivenda”). Esta última cuestión, Lores dixo que en Pontevedra este fenómeno non se daba precisamente porque o cambio para o novo modelo abrangue a toda a cidade e non só ao centro: “realmente se peatonalizamos ou melloramos só a parte central da cidade, estamos creando un problema, pois esa parte terá moi alta calidade e a propia cidade comezará a expulsar veciños e crear suburbanizacións. Se as mellora se extenden por todo o espazo urbano, estase freando ese proceso de revalorización excesiva do centro en relación á periferia que se observa actualmente en moitas cidades, por eso é importante reforzar o carácter holístico e global do cambio de paradigma en toda a cidade, non só no centro”.

Sesión 608 do SGS

A sesión 608 do Salzburgo Global Seminar dedícase a estudar a relación das crianzas coa natureza, e convidou ao alcalde de Pontevedra a expoñer o que consideran unha experiencia de relevancia internacional, que debe server como pauta para que outras cidades opten por intervir no seu espazo público para favorecer a vida dos futuros habitantes do planeta en cidades máis sanas e agradables.

Ademáis do staff do seminario participan nesta sesión 608 intelectuais chegados de Reino Unido, Tailandia, Estados Unidos, Kenya, Xapón, Malawi, Sudáfrica, Canadá, Uganda, Hungría e Líbano. As sesións celébranse na súa sede permanente, unha quinta ás aforas de Salzburgo, con persoal que difunde constantemente a través das redes as principais aportacións que se producen.

A equipa directiva do SGS enterouse por referencias da prensa internacional do caso pontevedrés, que se presenta como “cidade sen coches”. En palabras de Sean Southey, “vemos que é moito máis ca unha cidade sen coches: é un exemplo de moita más trascendencia, cuns resultados espectaculares”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.