Sancionan a un condutor de patinete electrico que circulaba na confluencia das rúas Vía Norte con Urzaiz

Publicado por o día 08/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Sancionan a un condutor de patinete electrico que circulaba na confluencia das rúas Vía Norte con Urzaiz

A primeira das intervencións Policiais do ano cun patinete electrico baixo o novo regulamento de circulación tivo lugar na confluencia das rúas Vía Norte con Urzaiz.

Ás 21:38 horas do día de onte, unha Unidade desta Policía Local de Vigo, deron o alto ao condutor dun destes aparellos.

Os Axentes entrevistáronse co home que o manexaba, resulto ser J. A. C, de Vigo e 22 anos de idade, comprobando que tiña claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Procédese a realizarlle as preceptivas probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,40 e 0,38 mg/ l de alcol por aire expirado, o que non excede o límite penal establecido.

Cursando neste caso a correspondente sanción administrativa, tendo que buscar a outra persoa para que se fixese cargo do VMP (VMP: Vehículo de Movilidad Persoal), ao quedar acreditado que non estaba en condicións de manexalo .

Comentar noticia

Your email address will not be published.