Sandra Romay Fernández hai dúas semanas que se atopa en paradoiro descoñecido | Rogase colaboración cidada | #Todoytodosporencontrarla

Publicado por o día 16/12/2017 na sección de Galicia,Vigo

Sandra Romay Fernández hai dúas semanas que se atopa en paradoiro descoñecido | Rogase colaboración cidada | #Todoytodosporencontrarla

A Policía Nacional investiga a desaparición dunha muller viguesa de 42 anos en paradoiro descoñecido desde o pasado domingo 3 de decembro. Segundo informou a familia, Sandra Romay Fernández, veciña de Camelias e nai de dous fillos menores de idade, leva case dúas semanas desaparecida desde que foi vista por última vez na Coruña, en casa do seu pai.

A última pista que teñen as autoridades sobre Sandra Romay data do domingo 3 de decembro. A muller fora a pasar o fin de semana á cidade herculina coa súa familia paterna e debería coller un tren de volta a Vigo para presentarse, posteriormente ás 18.00 horas, no domicilio da sua exparella para recoller ao seu fillo. Pero o domingo pola tarde non apareceu e saltou a alarma.

Calquer pista que se poida ter facela chegar a estes teléfonos de contacto 091 da policia e o 062 da garda civil senon ao 112.