Sanidade advirte da venda de galletas para nenos con cannabis en España

Estas galletas aínda están á venda nalgúns comercios de España. Sanidade pide que se notifiquen as compras e devolvan o produto.
Publicado por o día 21/04/2019 na sección de Sanidad,Sorteos

Sanidade advirte da venda de galletas para nenos con cannabis en España

Estas galletas aínda están á venda nalgúns comercios de España. Sanidade pide que se notifiquen as compras e devolvan o produto.

A alerta deuna a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, a través das súas redes. Hai galletas para nenos á venda en España, provenientes dos Países Baixos, con presenza de cannabis.

Foron os controis periódicos realizados polas autoridades sanitarias Canarias, os que se decataron da mal etiquetaxe das galletas. Non se especificaba o tipo de fariña de cereal que contiña.

Ademais as galleteas tiñan un ingrediente non autorizado, un derivado do cannabis sativa.

As galletas afectadas son as “Girl Scout Cookies Chocolate Kush” e as “Girl Scout Cookies Ginger Kush”, ambas as da marca Greenlove.

Desde o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, comunican que se descoñece a distribución a nivel nacional.

Poderían estar á venda en establecementos de toda España.

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, recomenda a aqueles consumidores alérxicos ou intolerantes que se absteñan de consumir estas galletas.

Que non estean especificados todos os ingredientes nas etiquetas pode supoñer un risco á saúde das persoas. Hoxe en día aumentou de forma exponencial o número de persoas que son alérxicas a todo tipo de ingredientes.

Os efectos producidos polo cannabis dependendo da cantidade consumida, van desde euforia e ansiedade, ata alucinacións auditivas e visuais.