Sanidade cederá á Fundación Meniños un espazo para poñer en marcha o programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificulte social na área sanitaria de Vigo

Publicado por o día 14/01/2020 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

Sanidade cederá á Fundación Meniños un espazo para poñer en marcha o programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificulte social na área sanitaria de Vigo

A Consellería de Sanidade ratifica o seu apoio psicosocial á mulleres en dificultade social coa cesión dun local no centro de saúde de San Paio de Navia, en Vigo. O obxecto do convenio asinado hoxe entre o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy López, é a cesión a título gratuito dunha sala neste centro de saúde. Deste xeito, a Fundación Meniños disporá dun espazo para poñer en marcha o programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social na área sanitaria de Vigo.

Este programa, destinado a mulleres embarazadas en situación de vulnerabilidade social, ten como obxectivo xerar un espazo de coidado para as mulleres embarazadas que axude a rebaixar os seus niveis de estrés, así como facilitar a creación das condicións prenatais e de postparto axeitadas para a formación do vínculo afectivo san co bebé.

Ademáis, o programa tamén promove na nai a toma de conciencia da necesidade dun entorno familiar suficientemente bó e previr e detectar posibles problemas emocionais e de desenvolvemento nos nenos e nenas.

O Servizo Galego de Saúde colabora no desenvolvemento deste programa facilitando a coordinación desde o Servizo de Xestión Sociosanitaria da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, e a derivación de posibles usuarias detectadas polos profesionais da saúde (centros de saúde, hospital etc) ao programa.

O programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social está impulsado pola Fundación Meniños en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, e financiado pola Consellería de Política Social. Desde o ano 2017 o programa desenvólvese en Santiago de Compostela e durante o ano 2019 iniciouse a implantación en Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.