Sanidade continúa estendiendo os cribados da COVID19 aos concellos da área sanitaria de Vigo

Nos próximos días vaise invitar a participar a 7.100 persoas asintomáticas de Gondomar, Cangas e de Chapela (Redondela)
Publicado por o día 16/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Sanidade continúa estendiendo os cribados da COVID19 aos concellos da área sanitaria de Vigo

A Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo a estratexia para realizar un cribado poboacional, mediante a realización da proba PCR, a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos. Neste contexto, nos próximos catro días vaise estender estes cribados a 7.100 persoas dos concellos de Gondomar (2500), Cangas (3000) e continuarase tamén co de Redondela, en concreto coa parroquia de Chapela (1600).

As persoas seleccionadas dos Concellos de Gondomar son invitadas a realizarse a proba no Covid-Auto do Meixoeiro os próximos xoves e venres. Os da parroquia de Chapela serán citados o sábado, tamén no Meixoeiro.

A poboación de Cangas será citada o domingo no Pavillón de Rodeira, onde un equipo de 9 profesionais sanitarios achegaranse a realizarlles unha toma de mostras nasofarínxeas. En Cangas, o Concello realizou unha selección previa daqueles colectivos cun maior risco de contaxio de Covid-19 pola súa dedicación a unha actividade profesional ou social vinculada a traballos que esixen dun alto nivel de interrelacións persoais: comerciantes, taxistas, hostaleiros, usuarios de axuda no Fogar, e deportistas.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Participación voluntaria

A Área Sanitaria de Vigo oferta participar neste cribado a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 18 e 60 anos.

As persoas seleccionadas son contactadas polo Servizo Galego de Saúde e invitadas a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario habilitado, no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu procesamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.