Sanidade convoca a todos os sectores implicados para optar unha posición conxunta co obxetivo de evitar o consumo de alcohol nos menores de idade

A pretensión da Consellería de Sanidade con esta reunión é seguir avanzando cara a desenvolver medidas co obxecto de evitar que se ofreza alcohol aos menores de idade
Por o 27/02/2017 | Sección: Sanidad,Xunta de Galicia
Sanidade convoca a todos os sectores implicados para optar unha posición conxunta co obxetivo de evitar o consumo de alcohol nos menores de idade

A sede da Escola Galega de Administración Pública, en Fontiñas, acolleu o pasado día 24 de febrerio unha reunión, convocada pola Consellería de Sanidade, para tentar de acadar un consenso co obxectivo de adoptar unha posición conxunta coa fin de evitar o consumo de alcohol nos menores de idade.

A esta xuntanza, promovida polo departamento sanitario galego e á que asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, convocouse ao sector productor de bebidas con alcohol; ao sector da distribución; ao sector minorista; aos responsables de corpos e forzas de seguridade, ás Anpas, ás sociedades científicas, á Fiscalía, aos publicistas, aos representantes dos xornalistas, así como á Universidade de Santiago. Tamén se convocou a representantes doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Presidencia, a de Cultura e Educación, e a de Política Social.

A pretensión da Consellería de Sanidade con esta reunión é seguir avanzando cara a desenvolver medidas co obxecto de evitar que se ofreza alcohol aos menores de idade; así como fomentar estratexias para evitar a demanda de alcohol por este colectivo, incluíndo intervencións orientadas a impedir que comecen a consumir alcohol e, no caso de que tiveran iniciado xa o consumo, especialmente si sufriron intoxicacións que precisaran asistencia sanitaria, establecendo un protocolo de atención integral para lograr o cese do consumo. Tamén se pretende con esta xuntanza, fomentar medidas educativas, de ocio sen alcohol e de control dos menores de idade, especialmente do acceso aos denominados botellóns e outros modelos de consumo en grupo.

Outras iniciativas encamiñadas con este propósito e abordadas na xuntanza de hoxe, e recollidas nun documento base, son: desenvolver acordos para a regulación ou restricción da publicidade de bebidas alcohólicas que inciten, calquera que sexa o seu método, ao seu consumo por menores de idade; e, ademais, pactar e propoñer melloras para facer máis efectiva a vixente Lei 11/2010 de prevención do consumo de alcohol por menores de idade, ben modificando a propia lei, ben desenvolvendo novas iniciativas lexislativas que a complementen.