Sanidade convocou a Povisa para coñecer de primeira man as negociacións sobre unha posible venta do centro sanitario vigués

O Sergas trasládalles a necesidade de que se garantan tanto a calidade asistencial como os postos de traballo, de acordo co concerto en vigor
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Sanidade convocou a Povisa para coñecer de primeira man as negociacións sobre unha posible venta do centro sanitario vigués

A Consellería de Sanidade convocou hoxe aos representantes de Povisa a unha reunión en Santiago para solicitarlles información sobre a posible venda do centro médico vigués co que o Sergas mantén un concerto en vigor para a prestación de asistencia sanitaria na área de Vigo.

No transcurso desa reunión, á que asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo equipo directivo do Sergas, os representantes de Povisa e de Ribera Salud confirmáronlle que as negociacións entre ambos atópanse xa moi avanzadas. Pola súa banda, o Sergas trasladoulles o seu posicionamento ao respecto, para que, en caso de que as negociacións frutifiquen cun cambio de titularidade na propiedade do centro hospitalario, se garantan tanto a calidade asistencial na área sanitaria como o mantemento dos postos de traballo, tal e como se recolle nos acordos do Sergas cos actuais propietarios. Neste sentido, ambas as dúas partes empresariais amosaron a súa disposición a manter unha canle de información permanente co Sergas sobre o desenvolvemento das negociacións que están iniciadas.

O último concerto do Sergas con Povisa para a prestación de servizos asistenciais médico hospitalarios asinouse o 1 de setembro e ten unha duración prevista de oito anos ata o 31 de agosto de 2022.

Comentar noticia

Your email address will not be published.