Sanidade, Educación e Política Social analizan medidas conxuntas para desenvolver o novo modelo de atención primaria

Os conselleiros abordaron a creación de órganos de coordinacion sociosanitaria e educativa ademais da programación de actividades compartidas
Por o 17/03/2019 | Sección: Educación,Sanidad,Social,Xunta de Galicia
Sanidade, Educación e Política Social analizan medidas conxuntas para desenvolver o novo modelo de atención primaria
Compartir en:

Os conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo; e Política Social, Fabiola Martínez García, analizaron, en reunións celebradas esta semana, as propostas conxuntas dos tres departamentos do Goberno autonómico para desenvolver o novo modelo de atención primaria con accións comunitarias a nivel local e de colaboración entre o persoal dependente de cada unha das consellerías.

Na reunión entre Sanidade e Política Social, os titulares de ambas carteiras abordaron a necesidade de traballar conxuntamente cara a simplificar o proceso de valoración da dependencia por parte do persoal de enfermería e traballo social. Ademais, convocaranse reunións periódicas de profesionais de atención primaria e do resto dos dispositivos asistenciais e sociais deste nivel asistencial. Ao respecto, a Xunta de Galicia creará órganos de coordinación sociosanitaria coa finalidade de avanzar na cooperación a nivel territorial nas áreas sanitarias e no ámbito local.

Outro dos puntos analizados na reunión entre Sanidade e Política Social foi a creación dun grupo de expertos composto por representantes de saúde pública e de asistencia sanitaria, de cada área sanitaria, e da Federación Galega de Municipios e Provincias, co obxecto de establecer accións comunitarias, contando tanto co persoal da Consellería como co dos concellos.

Medidas no campo educativo

Na xuntanza entre os responsables de Sanidade e Educación para concretar o desenvolvemento conxunto de propostas co fin de implementar un novo modelo de atención primaria, Almuiña e Pomar avaliaron a promoción de actividades educativas entre as dúas consellerías dirixidas aos nenos, nenas e adolescentes, e tamén aos pais, nais e titores, sobre promoción de saúde, prevención de enfermidades e diminución da medicalización da vida. Dentro do ámbito escolar, tamén se dará formación ao profesorado.

Por último, Almuiña e Pomar falaron de elaborar un programa específico de saúde escolar dende atención primaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.