Sanidade establece medidas restrictivas en Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha

O comité de expertos tamén aconsella manter as medidas vixentes nos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo e prorrogar as restricións en vigor desde o pasado venres no Concello de Lugo

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou esta mañá, logo da reunión do comité clínico que segue a evolución epidemiolóxica da covid-19 en Galicia, a decisión da establecer medidas e restricións nos concellos de Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha.

Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destancan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.

O titular da carteira sanitaria da Xunta de Galicia explicou que estas medidas serán publicadas esta tarde no DOG e entrarán en vigor desde as 00:00 horas desta medianoite. Ademais, apuntou, a posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado dentro dunha semana.

Os concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Santa Comba, Carballo e A Laracha haberá limitacións nas xuntanzas até un máximo de 10 persoas; redución dos aforos ao 50% en comercios, locais de hostalería, restauración, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.

Engadido a isto, tamén se pechan os centros de día e as residencias. Sobre este particular, Almuiña explicou que nas vindeiras datas, manterá unha reunión coa Consellería de Política Social, co ánimo de elaborar un protocolo máis estrito sobre o seu funcionamento e réxime de visitas.

Ademais, outra das novas medidas establecidas será o uso obrigatorio da máscara en ximnasios, unha medida, que o comité clínico valora facer extensible ao resto da comunidade.

Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre, se ben este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns, polo que non afectará aos eventos previstos para estar fin de semana.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus, restrinxindo e regulando determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Os concellos de Lugo e Coruña manteñen as restricións vixentes

Durante a súa intervención, Almuiña tamén fixo referencia á situación epidemiolóxica no Concello de Lugo, apuntando que a vista da súa evolución, o comité clínico aconsella manter polo de agora as medidas que están en vigor desde o pasado venres.

Do mesmo xeito, os concellos da Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo, tamén verán prorrogada a vixencia das limitacións establecidas por Sanidade.

Abegondo, Bergondo, Carral e Sada ven levantadas as súas restricións

Finalmente, e ante a evolución estable dos datos, o comité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e Sada, que desde esta mesma medianoite voltan adoptar as mesmas medidas co resto dos concellos da área sanitaria da Coruña.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario