Sanidade explica aos profesionais o novo contrato de continuidade que permitirá mellorar a dispoñibilidade de médicos e pediatras

O acordo acadado onte en Mesa Sectorial foi un dos temas abordados nunha nova reunión con profesionais de distintas categorías para a mellora de Atención Primaria
Por o 16/01/2019 | Sección: Sanidad
Sanidade explica aos profesionais o novo contrato de continuidade que permitirá mellorar a dispoñibilidade de médicos e pediatras

A implantación inmediata do novo contrato de continuidade foi un dos asuntos abordados nunha nova nova reunión que representantes do Servizo Galego de Saúde mantiveron con profesionais de medicina, enfermería e farmacia. Esta medida permitirá mellorar as condicións laborais dos médicos especialistas actualmente dispoñibles e tamén as dos médicos internos residentes que teñan previsto rematar no vindeiro mes de maio. Representantes de Recursos Humanos participaron neste encontro para explicar explicouse o acordo acadado onte en Mesa Sectorial sobre o novo contrato de continuidade, unha nova modalidade contractual para vínculos temporais do persoal médico de familia e pediatras de atención primaria do Sergas, que prevé contratos cun mínimo dun ano de duración e tres anos de máximo.

O contrato de continuidade permitirá a dispoñibilidade de persoal para a cobertura das necesidades asistenciais que se produzan. Así mesmo posibilitará o cumprimento dos obxectivos de garantía de funcionamento permanente e continuado dos centros sanitarios e permitirá un servizo máis eficaz á poboación, ademais de ofrecer unha maior estabilidade laboral aos profesionais, fidelizando os recursos humanos dispoñibles.

Ademais, a Consellería de Sanidade activou hoxe na páxina web do Sergas a enquisa telemática que permitirá recoller as opinións dos cidadáns sobre Atención Primaria. O obxectivo é que todos os interesados poidan amosar as súas opinións e propostas de mellora para a atención primaria en Galicia. A enquisa estará activa na páxina ata principios de febreiro.

Tamén se avanzou na proposta dunha nova camapaña de divulgación sobre o uso axeitado de recursos e dispositivos sanitarios, actuación que foi plantexada a petición de varios colectivos de profesionais en anteriores reunións. Entre outras medidas, atenderase á creación dun interlocutor propio para os servizos de primaria dentro da estrutura das áreas sanitarias, á ampliación das prazas MIR na Comunidade Autónoma de Galicia, ou ao incremento progresivo na contratación dos enfermeiros especialistas en medicina familiar e comunitaria.

As reunións continuarán mañá con representantes de profesionais de fisioterapia e de PSX (persoal de servizos xerais do Sergas) e o venres con representantes dos traballadores sociais. A vindeira semana continuarán os encontros con representantes dos Puntos de Atención Continuada, e as categorías de odontoloxía, hixienistas dentais, matronas e pediatras.

Estes encontros, con profesionais de distintas categorías teñen o obxectivo de abordar propostas a curto, medio e longo prazo. O plan de traballo acordado programouse para poder contar coas primeiras conclusións de expertos no vindeiro mes de febreiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.