Sanidade recolle a certificación europea que outorga a Galicia a máxima cualificación como rexión de referencia na abordaxe integral do envellecemento activo e saudable

Esta acreditación enmárcase dentro da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Sanidad

Sanidade recolle a certificación europea que outorga a Galicia a máxima cualificación como rexión de referencia na abordaxe integral do envellecemento activo e saudable

A Consellería de Sanidade vén de recoller esta semana en Dinamarca a certificación da Comisión Europea que acredita a Galicia coa máxima cualificación como rexión de referencia no desenvolvemento e a adopción de prácticas innovadoras para o envellecemento activo e saudable, ao acadar a acreditación de 4 estrelas. A xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde, Beatriz Allegue, foi a encargada de recoller esta certificación europea coa que a comunidade galega ascende de nivel.

Este recoñecemento enmárcase dentro da terceira convocatoria da iniciativa European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing -EIP on AHA- (que podería traducirse como Alianza de Innovación Europea para un Envellecemento Activo e Saudable) á que Galicia presentou a súa candidatura. Cómpre subliñar que a nosa comunidade xa acadara na anterior convocatoria do EIP on AHA a acreditación de tres estrelas como rexión de referencia nesta materia.

Para outorgarlle a máxima cualificación, a Comisión Europea valorou as estratexias integrais que ten implementadas a comunidade galega e que amosan a excelencia no desenvolvemento de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable, baseado nun modelo que inclúe á industria, á sociedade, á universidade é as autoridades gubernamentais. Entre estas estratexias destacan a Historia Clínica Electrónica (HCEPRO) do Sergas e a plataforma É-Saúde, que permite o acceso aos servizos e contidos de saúde personalizados; a plataforma de explotación de información e xestión de datos clínicos e epidemiolóxicos, HEXIN; o sistema avanzado de xestión cirúrxica SAVAQ; e o sistema de xestión intelixente dos servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada, SIGUR.

A Comisión Europea tamén valorou outras iniciativas como Código100, centrado no envellecemento, e a participación en diversos proxectos europeos como o desenvolvemento dunha acción piloto para probar o modelo Living Lab de saúde en Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.