Santiago García presenta o libro El ocaso del empleo. Cómo sobrevivir en el futuro del trabajo

Publicado por o día 15/11/2013 na sección de Cultura

Santiago García presenta o libro El ocaso del empleo. Cómo sobrevivir en el futuro del trabajo

 A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia acollerá o vindeiro luns 18 de novembro, en Vigo, a presentación do libro El ocaso del empleo. Cómo sobrevivir en el futuro del trabajo. O acto, organizado pola Asociación de Alumnos da escola e a delegación en Galicia de AEDIPE (Asociación Española de Dirección y Desarrollo de Personas), celebrarase ás 19.30 h.

 Santiago García, coautor do libro con Jordi Serrano, reflexionará na presentación sobre o cambio de paradigma no que estamos inmersos e mostrará unha guía de supervivencia, coas claves e ferramentas para defendérmonos o mellor posible neste novo contexto. Que está a pasar no traballo? A que nos dedicaremos? Para quen traballaremos? Como nos prepararemos para iniciar ou continuar a nosa andaina laboral? Son algunhas das preguntas ás que se intenta dar resposta nesta publicación e sobre as que se falará tamén durante a súa presentación.

  Santiago García é relator e colaborador habitual de diferentes programas e posgrados.

 Durante máis de 15 anos ocupou distintos postos directivos na Área de Recursos Humanos en compañías de diversos ámbitos como Johnson Controls, eDreams, AC Hoteles ou Pronovias, entre outras. En 2006 fundou Jakobsland Partners, unha consultaría dirixida a adaptar a xestión do capital humano das empresas e o liderado á contorna actual. Desde entón escribe o blog santigarcia.net sobre «a arte e a ciencia de dirixir persoas nun mundo en rede».

 Previsión informativa

  A inscrición, que é libre e gratuíta, pode facerse a través do enderezo [email protected] ou no teléfono 986 493 252. Data 18.11.2013. as 19.30 h na Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia sita na Av. de Madrid, 60.

  Asistentes: Santiago García, coautor do libro A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia.

el-ocaso-del-empleo_spine_big