Santo André de Cedeira acollerá o domingo un concerto do ‘Pórtico Sonoro 2019’

Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Galicia,Redondela

Santo André de Cedeira acollerá o domingo un concerto do ‘Pórtico Sonoro 2019’

O Concello de Redondela organiza para este próximo domingo día 31, un novo concerto dentro do ciclo de ‘Pórtico Sonoro 2019 Música nas Igrexas’.
 
Nesta ocasión, e no marabilloso templo da Parroquia de santo André de Cedeira, poderemos gozar da música en directo do Trío Contrastes, que presenta un concerto titulado “Música de Cámara: Do Barroco ao Romanticismo”.
 
Este ciclo leva celebrando no últimos cinco anos con moi boa acollida do público e leva actividades culturais programadas desde o Concello de Redondela ata diferentes parroquias e localizacións, co fin de achegar a cultura en todas as súas manifestacións á veciñanza.
 
Durante estes ciclos se programa, tanto música de cámara propiamente dita, como música coral polifónica, propostas máis modernas e actuais, así como concertos de pequeno formato nas igrexas parroquiais de menor aforamento. Por este ciclo pasaron músicos como Samuel Diz, Orquéstraa Divertimento, O coro Gli Apassionati así como formacións máis reducidas.
 
Neste caso, a proposta é dun trío de vento, que seguramente nos preparasen un bellísimo concerto para este domingo.
 
Como sempre, a entrada é gratuíta, e o concerto dará comezo ás 18:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.