Satisfacción do colectivo Os Ninguéns trala paralización temporal do despexo cuxo prazo se activaba mañá 27 de agosto dunha familia con menores

A familia atópase moi aliviada

Logo da concentración convocada hoxe na Dinoseta e trala reunión da nai afectada por un despexo que se produciría a partires de mañá 27, e un representante de Os Ninguéns coa concelleira do departamento de Benestar este mesmo mediodía; esta concelleira rematou varias xestións que deron como resultado obter un prazo de catro meses de permanencia no piso actual: polo tanto, o despexo será temporalmente paralizado.

Igualmente, a concelleira púxose en contacto co Director Xeral de inclusión social da Xunta, para iniciar unha interlocución dirixida a tentar atopar unha vivenda (esperamos que nesta cidade, e que sexa confortable e permanente).

“Agradecemos ampliamente o opoio de todas as persoas que traballan diariamente visualizando este tipo de realidades, e que axudaron a insistir en pos dunha solución institucional que levabamos meses xunto con esta familia, reclamando” manifesta o colectivo socioeducativo Os Ninguéns.

“Pensamos tamén que estes temas deberían deixar de xudicializarse, para atallarse previamente dende os servizos sociais” afirman.

“Recordamos que a concellería ten información de máis familias nesta situación, nós mesmas trasladamos dous casos máis de despexo inminente e unha familia que mora unha infravivenda: por isto insistimos en conquerir un parque público en réxime de aluguer social que continuamos esixindo ás administracións públicas, porque desafortunadamente este caso non é puntual e seguirán aparecendo cada día (e máis cando remate a moratoria estatal en outubro)” denuncian.

“Esperamos que logo deste bó desenlace que da un pequeno balón de osíxeno para seguiren traballando en atopar unha alternativa permanente se reflexione sobre a importancia de coordinarse entre administracións para lograr unha solución colectiva para todas as persoas empobrecidas que a precisen” mostran a sua satisfación e concluen.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario