Satisfacción no Concello de Ponte Caldelas pola actuación da corredoría Asimac trala suposta estafa por parte dun empregado

A empresa está asumindo tódolos prexuízos e o número de persoas que pediron asesoramento aos servizos xurídicos municipais é reducido
Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Satisfacción no Concello de Ponte Caldelas pola actuación da corredoría Asimac trala suposta estafa por parte dun empregado

A tranquilidade volveu a Ponte Caldelas despois de coñecerse que un empregado da corredoría de seguros Asimac estaba a ser investigado por un suposto delito de estafa ao ter quedado cos cartos de varios clientes en lugar de subscribir as pólizas.

O Concello de Ponte Caldelas observa con satisfacción que a empresa está a facerse cargo de tódolos danos e prestando unha correcta atención á clientela. Máis aínda, constatou que o está a facer dende hai varias semanas, é dicir, tan pronto como tivo coñecemento do suposto fraude, e mesmo antes de que comezara a investigación xudicial sobre as actividades do seu empregado M.R.R.

Os servizos xurídicos municipais, diante desta situación de progresiva normalidade, tan  só atenderon a media ducia de persoas afectadas para prestarlles un primeiro asesoramento.

O alcalde, Andrés Díaz, subliña a actitude responsable da sociedade Asimac, que non só iniciou o resarcimento aos clientes antes de que se soubera da investigación, senón que está a facerse cargo de tódolos prexuízos con axilidade e eficacia. Neste senso indicou que agora toca ser xustos e valorar a presencia de empresas con este grao de responsabilidade e solvencia no municipio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.