SATSE denuncia as vacacións impostas pola EOXI de Vigo e que afecta por centos de enfermeiras/os

O Sindicato de Enfermería considera que é unha medida abusiva, impositiva e unilateral, xa que non só afectará á conciliación senón á vida en xeral
Por o 09/02/2018 | Sección: Sanidad,SATSE,Sindicatos
SATSE denuncia as vacacións impostas pola EOXI de Vigo e que afecta por centos de enfermeiras/os

O Sindicato de Enfermería, SATSE, está a estudar a posibilidade de impugnar as instrucións de vacacións permisos e licenzas de 2018 imposto na EOXI de Vigo, xa que se impuxo de forma unilateral por parte desta xerencia.

Desde SATSE na área de Vigo, queremos poñer de manifesto nosa indignación e o alto grao de malestar existente entre os profesionais polo novo documento imposto pola xerencia.  O documento foi aprobado polo xerente facendo caso omiso aos representantes dos traballadores que presentamos 16 alegacións ao devandito documento.

Por este motivo, o Sindicato de Enfermería impugnará dito documento, tanto pola súa forma de elaboración, como por limitar os dereitos dos enfermeiros/as a poder elixir libremente as súas vacacións, Lds, días adicionais, permisos sen soldo, formación en determinados períodos, dereitos algúns destes recolleitos no Estatuto Marco do persoal estatutario.

SATSE non acepta as xustificacións alegando “falta de persoal nas listas de contratación”, pois advirte que hai centenares de enfermeiros/as nestas listas, que están a esperar que esta xerencia empece a xestionar os seus contratos de maneira efectiva, con programación suficiente nos chamamentos e pensando na calidade asistencial, e non precarizando aínda máis a man de obra profesional.

O Sindicato de Enfermería non se vai a quedar de brazos cruzados, xa está ben de tanto abuso por parte desta xerencia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.