SATSE Galicia esixe que se recuperen os dereitos roubados pola crise ás Enfermeiras/os de centros sociosanotarios da Xunta de Galicia

Publicado por o día 06/02/2018 na sección de Sanidad,SATSE,Sindicatos

SATSE Galicia esixe que se recuperen os dereitos roubados pola crise ás Enfermeiras/os de centros  sociosanotarios da Xunta de Galicia

O Sindicato de Enfermería SATSE en Galicia enviou un escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia, reclamando a reposición dos dereitos laborais suspendidos durante a crise, ás enfermeiras que traballan para determinadas institucións dependente da Xunta de Galicia, como son os centros de maiores ou Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.

Desde SATSE recóllese o descontento, insatisfacción e malestar dos profesionais, pola situación na que mantén a Xunta ao colectivo de Enfermeiras/continuándovos coas medidas temporais en determinadas materias de emprego e dereitos. Como exemplo, o Sindicato de Enfermería refírese á compensación de descansos por traballar en domingos e festivos, que foi suspendido temporalmente.

Por entón, a Xunta alegaba como causas, por medio dunha lei de “medidas temporais” para estes profesionais, a profunda crise económica e o obxectivo de buscar a estabilidade orzamentaria. Causas que a día de hoxe, afortunadamente, están superadas, segundo aseguran todos os indicadores económicos e corrobora coas súas declaracións o propio Presidente da Xunta de Galicia. Por iso, tras superarse as dificultades que no seu día xustificaron as medidas, e en aras de restablecer o equilibrio económico e laboral perdido, o Sindicato de Enfermería SATSE en Galicia reclama que a Xunta reabra as canles de negociación necesarios para reverter esta situación.

Para SATSE a situación destes profesionais de Enfermería é de xeito evidente inxusta e inxustificada a día de hoxe, xa que ven privados, desde fai xa máis de seis anos, polos drásticos recortes nos seus dereitos laborais e condicións económicas na prestación dos seus servizos.