SATSE Galicia pide: “Aumento dun 6% dos salarios en 2018, 35 horas semanais e Carreira Profesional, xa”

O Sindicato de Enfermería reclama un incremento salarial superior ao 6% en 2018 para que enfermeiros e fisioterapeutas recuperen o poder adquisitivo perdido co “tijeretazo” de 2010. Desde SATSE Galicia tamén esixen a reactivación da Carreira Profesional
Publicado por o día 27/09/2017 na sección de Sanidad,SATSE,Sindicatos

SATSE Galicia pide: “Aumento dun 6% dos salarios en 2018, 35 horas semanais e Carreira Profesional, xa”

O Sindicato de Enfermería, SATSE, iniciou unha campaña reivindicativa e de mobilización na que esixe ao Goberno que aprobe un aumento superior ao seis por cento dos salarios dos profesionais para 2018, e que permita ás comunidades autónomas que os traballadores do sector público volvan traballar 35 horas á semana, así como a reactivación da Carreira Profesional, como é no caso de Galicia onde leva paralizada desde 2006.

Ante a inminente aprobación do Anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado, SATSE reforzou a súa presión ante o Goberno, para que devolva o que en dereito pertence aos profesionais que traballan no sector público, lanzando unha nova campaña que incluirá a distribución de cartelería en centros sanitarios de todos o país, ademais doutras accións de comunicación (medios, redes sociais…), que se suma ás que a organización vén realizando nos últimos anos. De non producirse avances, SATSE ten previsto iniciar mobilizacións.

A organización sindical leva moito tempo reclamando que, unha vez superada a crise, como se asegura desde o propio Goberno, os empregados públicos recuperen todos os dereitos laborais perdidos. Por iso, considera que os Orzamentos Xerais do Estado de 2018 deben xa contemplar accións concretas para mellorar as condicións dun colectivo profesional seriamente prexudicado nos últimos anos.

SATSE defende un incremento salarial para o próximo ano superior ao seis por cento para que os profesionais de Enfermería e Fisioterapia poidan recuperar parte do poder adquisitivo perdido a causa do “tijeretazo” salarial” efectuado en xuño de 2010 polo Goberno de Jose Luís Rodríguez Zapatero.

Neste sentido, a organización sindical reitera que, en primeiro lugar, débese recuperar o nivel retributivo previo aos recortes e, a partir de aí, tense que negociar a actualización salarial de próximos anos e se esta tense que vincular ou non a algunha variable macroeconómica, como o Produto Interior Bruto.

35 horas

Así mesmo, SATSE demanda ao Executivo de Rajoy que “levante o veto” imposto ás comunidades autónomas, en 2012, a través do Real Decreto de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, co fin de que estas poidan establecer a volta á xornada laboral semanal de 35 horas con plena seguridade xurídica, para o que o Sindicato enfermeiro presionará nos diferentes órganos e mesas de negociación das autonomías.

Neste sentido, subliña que é necesario que se volva ás 35 horas con carácter inmediato nas CC.AA. que as tiñan e que o Tribunal Constitucional anulou, tales como Castela-A Mancha, Estremadura, Andalucía e País Vasco. Ao mesmo tempo, ha de abrirse con axilidade un proceso de negociación nas mesas sectoriais de Sanidade dos distintas CC.AA. non referidas anteriormente co obxectivo de que o 1 de xaneiro de 2018 todos os profesionais de Enfermería e Fisioterapia, así como o conxunto de traballadores dos centros sanitarios do Estado, teñan unha xornada laboral de 35 horas.

“A volta ás 35 horas é un motor de xeración de emprego que, sen dúbida, leva unha mellora asistencial”, subliñan desde SATSE, lembrando que o sector sanitario do noso país viuse moi afectado polos recortes de persoal. No caso dos profesionais de Enfermería, foron máis de 20.000 os postos de traballo perdidos nos últimos anos, e iso, sen dúbida, supuxo un enfraquecemento do Sistema Nacional de Saúde.

Por iso, SATSE recalca que o Goberno tampouco debe esquecer a necesidade de eliminar o límite actual existente na taxa de reposición de persoal na sanidade pública, e permitir así a xeración de emprego que garanta os recursos profesionais necesarios para a atención sanitaria e de coidados aos pacientes.

A destrución de emprego en Enfermería leva que cidadáns e pacientes non conten cos profesionais necesarios para recibir unha atención en óptimas condicións de calidade e seguridade. Igualmente, supuxo unha deterioración progresiva do noso Sistema Sanitario que pon en grave risco a súa sustentabilidade futura, conclúen.