Como se calculan os intereses que teñen que pagar os bancos?

A entidade de crédito deberá efectuar un calculo da cantidade para devolver e remitirlle unha comunicación ao consumidor desagregando dito calculo.
Publicado por o día 16/02/2017 na sección de Social

Como se calculan os intereses que teñen que pagar os bancos?

No real decreto-lei 1/2017, do 20 de xaneiro, establécese “que a entidade de crédito deberá efectuar un calculo da cantidade para devolver e remitirlle unha comunicación ao consumidor desagregando dito calculo; nesa desagregación a entidade de crédito deberá incluír necesariamente as cantidades que correspondan en concepto de intereses”.

Ao non determinar que tipo de interese de demora débese aplicar, deixa á arbitrariedade do banco a súa fixación.

Polo que o cidadán non terá criterio para manifestar se esta de acordo co calculo ofrecido, cuestión determinante na fixación das costas se decide acudir aos tribunais.

O tipo de interese de demora que pode aplicarse segundo o criterio do banco pode ir desde:

– O interese do préstamo en vigor.
– O interese legal do diñeiro.
– O triplo do interese legal do diñeiro, permitido por lei aos bancos cobrarllo aos clientes.
– O interese de demora pactado na escritura.

Entendemos que debe fixarse o interese de demora pactado na escritura, e é unha cuestión relevante xa que desde un 3% do interese legal a un 18-21% que é o que adoita figurar nas escrituras formalizadas, pode supoñer mais dun 50% do importe total que o banco ten que devolver.

Polo que lles agradecería definisen cal é o tipo de demora que debe aplicarse e non deixalo á decisión arbitraria do banco que utilizou a clausula abusiva.

Lémbrolle que o artigo 51 da Constitución establece que: Os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, os lexítimos intereses económicos dos mesmos.