Se te gusta o xero literario narrativa recomendámosche este libro “O meu nome é Ninguén”

Publicado por o día 07/10/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Se te gusta o xero literario narrativa recomendámosche este libro “O meu nome é Ninguén”
A libraría Cartabón do barrio vigués de O Calvario foi escenario este venres ás 20h da presentación do libro “O meu nome é Ninguén”, evento organizado pola editorial Xerais, o novo libro de Manuel Esteban.
Manuel Esteban Domínguez, nado en Vigo en 1971, é un médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, é profesor da rama sanitaria de Formación Profesional. Foi vicepresidente da asociación Down Vigo. En 2016 gañou o premio Xerais coa sua primeira novela A ira dos mansos.
 
O autor estivo acompañado por Ledicia Costas e Manuel Bragado e alí estivo presente www.noticiasvigo.es.
 
Sinopse de O meu nome é Ninguén:
 
Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes. O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.
Video da presentación

Presentación "O meu nome é Ninguén"

A libraría Cartabón do barrio vigués de O Calvario foi escenario este venres ás 20h da presentación do libro “O meu nome é Ninguén”, evento organizado pola editorial Xerais, o novo libro de Manuel Esteban.Manuel Esteban Domínguez, nado en Vigo en 1971, é un médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, é profesor da rama sanitaria de Formación Profesional. Foi vicepresidente da asociación Down Vigo. En 2016 gañou o premio Xerais coa sua primeira novela A ira dos mansos. O autor estivo acompañado por Ledicia Costas e Manuel Bragado e alí estivo presente www.noticiasvigo.es. Sinopse de O meu nome é Ninguén: Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes. O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.

Publiée par Noticias de Vigo sur Dimanche 7 octobre 2018