🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O director xeral de Gandaría reitera a necesidade de seguir apostando pola transformación para darlle valor engadido ás producións

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, achegouse esta mañá ao concello lugués de Monforte de Lemos para coñecer de primeira man as instalacións de Oviganic Ibérica, unha empresa dedicada á fabricación de produtos para alimentación infantil que distribúe integramente no mercado chinés. Durante a súa visita, Balseiros coñeceu de primeira […]

Medio Rural e Fegapan avanzan na redacción do regulamento e na constitución do consello regulador da IXP Pan Galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, reuniuse hoxe no Pazo de Quián con representantes da Federación Galega de Panaderías (Fegapan) co obxectivo de avanzar na redacción do regulamento e a constitución do consello regulador da recentemente aprobada IXP Pan Galego. Trátase da primeira xuntanza que mantén a Consellería do Medio […]

Pazo de Vilane gana la demanda interpuesta a Corral de Monegros por conductas de competencia desleal en el mercado del huevo campero

El juzgado de Primera Instancia e Instrucción nº3 de Huesca ha condenado a FLUMENALI S.L., comercializadora de la marca de huevos camperos “Corral de Monegros”, por haber llevado a cabo conductas de competencia desleal. En esta sentencia, cuyo origen se remonta a la demanda que Pazo de Vilane interpuso contra FLUMENALI S.L. en mayo de […]

A Xunta valora o esforzo de empresas como Vegalsa Eroski para apoiar as producións agroalimentarias galegas e a súa calidade

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, agradeceu hoxe o esforzo de empresas como Vegalsa Eroski para apoiar as producións agroalimentarias galegas. Na presentación, hoxe en Sarria, dunha campaña de promoción do leite da nosa comunidade por parte desta distribuidora, o director xeral valorou a súa responsabilidade social, ambiental e económica […]

A Xunta comproba in situ a afectación da rata toupa declarada polos afectados para determinar as medidas a levar a cabo

A Consellería do Medio Rural desprazou hoxe varios técnicos ata os concellos nos que se rexistrou a presenza da rata toupa para comprobar sobre o terreo a afectación comunicada polos propios agricultores e gandeiros da zona, que cifraban en 1629,63 hectáreas a superficie con presenza deste animal, nun total de 2995 parcelas. O obxectivo desta […]

A Consellería do Medio Rural convoca a 11ª edición dos Premios Agader ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural

A Consellería do Medio Rural convoca a 11ª edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. A dotación orzamentaria total é de 80.000 euros, a razón de 10.000 euros para cada un dos gañadores participantes nas oito categorías establecidas. Así, a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) establece as bases do galardón e […]

A Consellería do Medio Rural levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca. A medida faise efectiva despois do acordo acadado en Madrid entre o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director xeral de […]

A Xunta destina este ano 26 M€ en axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios

O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou hoxe que proximamente se publicará no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, que estará dotada cun orzamento de 26 millóns de euros, para os anos 2020, 2021 e 2022. Fíxoo durante a súa visita á […]

Un total de 12 cooperativas agrarias de Santiago recibiron máis de 840.000€ en axudas da Xunta para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá a cooperativa Ntra. Sra. del Perpetuo Socorro, S.C.G en Arzúa para informar da resolución das axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo (CUMAS). Esta cooperativa recibiu unha achega de 99.400 euros para […]

Planas destaca que la “valorización del trabajo” de los agricultores y ganaderos españoles será uno de los principales ejes de actuación del Ministerio

Se trata de la primera reunión que mantiene tras su nuevo nombramiento como ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación y como prueba de la voluntad de diálogo y búsqueda de soluciones que orienten la acción del nuevo Gobierno de España. En declaraciones a los medios de comunicación, Luis Planas ha asegurado que “la reputación, la […]

A Consellería do Medio Rural achega catro millóns de euros para a promoción de produtos galegos de calidade diferenciada

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, achegará catro millóns de euros para actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior. O orzamento divídese en 2,4 millóns de euros para a anualidade de 2020 e 1,6 millóns para o 2021 e está cofinanciado co […]

A superficie afectada pola rata toupa en diferentes concellos de Lugo rolda as 1.630 hectáreas nun total de 2.995 parcelas

A superficie afectada pola rata toupa en diferentes concellos da provincia de Lugo sitúase nas 1.629,63 hectáreas, nun total de 2.995 parcelas. Así o reflicten as declaracións feitas polos propios afectados, unha vez rematado o prazo que eles mesmos solicitaron ampliar á Xunta para facer esta avaliación. Os municipios lugueses nos que se detectou a […]

A Xunta e o Ministerio de Agricultura acordan levantar a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza

A Xunta e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación acordaron hoxe levantar a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias da Coruña e Lugo afectados pola couza guatemalteca. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comunicou esta decisión tras reunirse en Madrid con Valentín Almansa, director xeral de […]

José González: “Os galegos temos claro a aposta polos produtos de excelencia en lugar de producir cantidade”

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá en Santiago de Compostela a entrega dos galardóns á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia, coñecidos como premios “Exceleite”. Alí destacou que se algo teñen claro os galegos é o de apostar pola calidade dos produtos en lugar […]

Empresas galegas do sector agroalimentario reforzan a súa presenza en China co apoio da Xunta

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración da Cámara de Comercio da Coruña, vén de pechar a misión comercial a China encabezada polo director do Igape, Juan Cividanes, quen a pasada semana acompañou a unha delegación formada polas empresas da agroalimentación galega Pescanova, Albo, Lanzal, Estrella Galicia, Vinigalicia, Feiraco-Clun, Leche Río, Galmesano e […]

A Xunta destaca en China a calidade dos produtos agroalimentarios galegos que se afianzan no mercado asiático

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe o potencial do sector agroalimentario galego, que se afianza nos mercados asiáticos coa calidade dos produtos que ofrece como carta de presentación. Así o manifestou en Xangai durante a celebración do Día de Galicia na segunda Feira Internacional de Importación de China, onde exhiben os seus produtos […]

A Xunta enmarca os bos resultados exportadores dos viños das Rías Baixas no pulo acadado polo sector vitivinícola galego

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou hoxe os bos datos de exportacións rexistrados pola Denominación de Orixe Rías Baixas na última campaña, tanto en volume de produción comercializada como en valor estimado. Así, o viño vendido no exterior por esta DO superou en case o 9% a cifra da anterior campaña, chegando a […]

A Xunta aposta por fomentar o liderado feminino no cooperativismo agrario

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por seguir fomentando o liderado feminino no cooperativismo agrario. Neste sentido, considerou que incrementar a participación das mulleres é clave para ampliar a base produtiva, xerar diversidade e optimizar o talento. Así o sinalou hoxe durante a súa participación nunha mesa de debate sobre a […]

A produción de leite medrou en Galicia preto dun 6% dende 2015 e superou a media estatal do 4,8%

A produción de leite medrou en Galicia dende 2015 nun 5,76%, superando amplamente o 4,8% rexistrado no conxunto de España. A diferenza foi aínda maior en relación co resto de comunidades autónomas, nas que apenas se superou o 4,2% de incremento no período 2015-2018. Así o destacou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e […]

O DOG publica unha segunda convocatoria das axudas de Medio Rural para o sacrificio obrigatorio de gando para o ano 2019

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais consonte aos programas oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades. O orzamento total é de 200.000 euros. Esta […]

Un proxecto no que participa a Evega conclúe que a adopción de técnicas vitícolas preventivas evitan enfermidades na vide

A Consellería do Medio Rural, a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), participou na elaboración dun proxecto sobre prácticas innovadoras para combater as enfermidades da vide, en colaboración coa Universidade de Santiago e a bodega Godeval, co fin de definir, valorar e validar prácticas para o tratamento de enfermidades da madeira […]

A Xunta estuda prorrogar as axudas de agroambiente, clima e agricultura ecolóxica para o vindeiro ano

A Consellería do Medio Rural abordará este mes de novembro, no seo da xuntanza do Comité de Seguimento do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR), a posibilidade de prorrogar as axudas dirixidas ao agroambiente, clima e á agricultura ecolóxica, a pesares de que rematou o período de compromiso de cinco anos iniciado no ano 2015 (inclusive). […]

Gandería industrial na Limia e eutrofización do encoro das Conchas

Negacionismo… A semana pasada os medios de comunicación fixéronse eco do comunicado de prensa “El Grupo Coren presentó a la Mesa da Limia su plan de acción ambiental para el desarrollo sostenible de la comarca”. No dito comunicado afírmase textualmente o seguinte: “Coren puso de manifiesto en el encuentro que no existe informe alguno que demuestre que […]

Terras Gauda prioriza a sustentabilidade do viñedo en dous novos proxectos I+D+i que impulsa con empresas e científicos europeos

Terras Gauda continúa apostando pola investigación e o desenvolvemento para a súa diferenciación con dous novos proxectos que poñerá en marcha proximamente. A adega internacionaliza a súa estratexia de I+D+i e avanza no seu obxectivo de lograr unha maior sosteniblidad ambiental no viñedo, os chans e a vide.   × Proxecto europeo transversal   Un […]

A Xunta presenta aos axentes do sector agrogandeiro a iniciativa Primare de inspeccións intelixentes

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro 17 de setembro en Forcarei a primeira xornada Primare Demo-Days para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para […]

A Xunta coordínase co Goberno central para garantir a vixilancia do transporte de produtos vitivinícolas e complementar así o seu novo plan de control da vendima

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá nunha xuntanza celebrada na Subdelegación de Goberno co obxecto de coordinar os recursos dos Gobernos central e autonómico para o control do transporte de uva na provincia de Ourense nestas datas de vendima e evitar, así, situacións fraudulentas que se poidan producir […]

A Xunta destaca o potencial económico que xera o sector vitivinícola que ano tras ano segue apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe a importancia que ten o noso sector vitivinícola na nosa comunidade como potencial económico que segue apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización. Alfonso Rueda visitou esta mañá a bodega Lagar de Fornelos, no día de arranque da vendima, onde destacou que o vitivinícola é un sector […]

Promoven o consumo de leite amparado pola marca Galega 100% na Volta Ciclista España

A Xunta leva o leite galego a La Vuelta. En concreto, a Consellería do Medio Rural reparte uns 3.200 briks de leite da marca de calidade Galega 100% en diferentes etapas da volta ciclista á España, como xa fixo na primeira parada, na cidade alacantina de Torrevieja, ou en Onda (Castellón) e Valls (Tarragona). A […]

A Xunta apoia con 478.000 euros á nova empresa Gallaecia Delicatessen que, desde Monforte, aposta pola comercialización de carne de vacún selecta de orixe galega

A Consellería do Medio Rural apoiou cunha achega de 478.000 euros á empresa de nova creación Gallaecia Delicatessen que aposta pola comercialización de carne de vacún selecta de orixe galega. A axuda autonómica contribuíu á posta en marcha desta empresa, que apostou por instalarse en Monforte de Lemos, onde aspira a xerar 25 postos de […]

A Xunta aposta pola cooperación institucional a prol dun agro galego que xa destaca en eidos como a produción láctea ou forestal

O conselleiro do Medio Rural, José González, apostou hoxe por intensificar a cooperación institucional a prol do agro galego en particular e do español en xeral. Fíxoo no marco da inauguración do XII Congreso de Economía Agraria que se celebra en Lugo, un acto no que acompañou ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis […]

A Xunta reforzou o Plan estratéxico de bioseguridade en explotacións do sector ante a peste porcina africana

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, respondeu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento unha pregunta sobre as medidas tomadas polo Goberno galego ante a peste porcina africana. Neste senso, o director xeral salientou que a Consellería do Medio Rural reforzou o plan estratéxico de bioseguridade en explotacións deste sector produtivo […]

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para mobilizar terras neste municipio pontevedrés

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse este mediodía coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, para avanzar en diferentes vías de colaboración para mobilizar terras agrarias neste concello pontevedrés. Trátase, fundamentalmente, de recuperar terreos co fin de destinalos ao cultivo do viñedo, tendo en conta a vocación vitivinícola deste municipio […]

A Xunta impulsa un novo plan de control da vendima para garantir a calidade diferenciada dos viños das denominacións de orixe galegas

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, presidiu esta mañá a presentación do novo Plan do control da vendima aos consellos reguladores do viño de Galicia. Neste acto, que tivo lugar na sede da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) na […]

Máis de 1.600 apicultores galegos benefícianse este ano das axudas da Xunta por valor de case 700.000 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a apicultura, aprobando un total de 14 expedientes que benefician a 1.654 apicultores de Galicia, por un importe total de 686.741 euros. Este orzamento, que está cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nun 50%, […]

A Xunta forma ao persoal dos concellos no emprego da aplicación informática que facilitará a xestión da biomasa forestal preto das vivendas

O conselleiro do Medio Rural, José González, reiterou hoxe a súa aposta pola ordenación forestal como a mellor arma para loitar contra o problema dos incendios nos montes. Advertiu ademais que esta é unha tarefa de todos, independentemente de cores políticas, e agradeceu, nese sentido, a implicación dos concellos galegos nesta materia. Fixo estas declaracións […]

1 4 5 6