O primeiro surto de COVID-19 en granxas de visón americano en Galiza, o segundo no Estado, vén de acontecer nunha instalación da Baña. Fican evidentes os graves riscos para o ambiente e a saúde pública destas instalacións, polo que ADEGA reclama o peche inmediato de todas A Xunta vén de facer público o primeiro surto de SARS-CoV-2 […]
O parque eólico “Banzas” e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción. A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese […]
A Sección 3ª de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular e deixar sen efecto “por non ser acorde a dereito” o Acordo do Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019 polo que se aproba a modificación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque eólico Serra do […]
ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra a entidade pública empresarial ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente. ADEGA solicita á Fiscalía de Medio Ambiente que determine se existe delito ambiental nos feitos transcorridos o pasado día 2 de agosto, cando aparentemente operarios […]
É costume en tempo eleitoral facer balanzo do período vencido repasando as principais actuacións do labor de goberno ou oposición. A cidadanía e as organizacións sociais tamén debemos avaliar, se non en continuo, cando menos cada 4 anos, o acontecido. Por desgraza para o medio ambiente, o balanzo dos máis de 10 anos de goberno […]
Os residuos do lindano, un pesticida canceríxeno fabricado por Zeltia nos anos 50 e 60 no Porriño seguen a ser un problema 60 anos despois. Arestora descoñécense todos os lugares de vertedura e mesmo áreas “tratadas” e “encapsuladas” a principios de 2000 carecen de mantemento e hai fugas.Despois que en 2017 apareceran cantidades elevadas de lindano […]
ADEGA elaborou o Informe “5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña” para introducir a perspectiva da organización ecoloxista no debate público que se está xerando arredor do futuro de Alcoa na Mariña Lucense ademais doutros elementos de discusión que contribúan a facer unha análise da situación máis xusta, […]
A Xunta está a tramitar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) dun novo vertedoiro para 1,03 millóns de m3 de refugallos industriais no polígono industrial das Somozas. Trátase das instalacións da antiga SOGARISA, sociedade pública de xestión de residuos industriais, agora “UTE PMA-CONTECO/SOGARISA”. No parque empresarial das SOMOZAS localízanse varias empresas xestoras de refugallos que acumulan […]
O pasado 15 de maio, ADEGA e Mariña Patrimonio alertaban ás Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Cultura que a actualización da información xeográfica do patrimonio cultural vertida no visor de aproveitamentos forestais da Xunta de Galiza, adoecía dun número considerable de erros de xeolocalización de xacementos arqueolóxicos por todo o terriorio galego. Vinte […]
O vindeiro venres, 5 de xuño, celébrase o Día mundial do medio ambiente, establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para conmemorar a data da Conferencia de Estocolmo sobre Medio Ambiente de 1972 e para sensibilizar as persoas e aos organismos políticos sobre o coidado de medio ambiente. Desta volta, a ONU dedica o Día do Medio […]
Comunicado da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Ecoloxistas en Acción-Galiza, Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC) e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Os últimos acontecementos en relación ao oso pardo (Ursus arctos) en Galicia poñen de manifesto que a especie é únicamente obxecto de marketing por parte da […]
No pasado mes de abril, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Consellaría de Medio Rural e a Consellaría de Cultura e Turismo, actualizaba o visor de aproveitamentos forestais da Xunta. Un dos principais obxectivos desta tarefa, que implicou un investimento de 1.100.000 euros, era […]
As emisións de dióxido de carbono (CO2) das centrais de carbón situadas no noso país caeron o 75,2% en 2019 con respecto a 2018, baixando de 10,1 a 2,5 millóns de toneladas (t). Isto provocou que as emisións territoriais totais de Galicia se sitúasen no nivel máis baixo desde, cando menos, 1990. A central de […]
Nun país con 30.200 núcleos de poboación, con 17.643 km de estradas e 2, 9 millóns de hectáreas de superficie, das que 2 millóns son superficie forestal de monte, o normal é convivir e cruzarnos con todo tipo de vida salvaxe. Por fortuna, non vivimos nun entorno ambiental “esterilizado” e libre de animais, contando Galiza […]
Coa industrialización e a instauración do chamado Estado de Benestar, os logros acadados no ámbito do dereito laboral, que nos permiten dispoñer de días de descanso, así como o acceso case xeneralizado da poboación aos medios de transporte, favoreceron que as persoas veñamos empregando cada vez máis o noso tempo de lecer para pasalo no medio natural […]
Ante o recente episodio de contaminación mariña que orixinou a morte dunhas 200 aves na costa galega, ADEGA esixe explicacións e a disposición por parte das administracións competentes de todas as medidas necesarias para que se clarexe o antes posible a orixe e alcance do vertido causante deste desastre ambiental. Neste senso, ADEGA vén de […]
Nestes días están a aparecer gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están enchoupadas dunha substancia oleosa, moi probabelmente procedente dun “sentinazo”. Pedimos a colaboración da cidadanía para localizar e tratar estas aves. Practicamente en toda a costa galega dende A Guarda até A Mariña estanse a rexistrar numerosos abeiramentos (nestes intres xa máis […]
Esta fin de semana ADEGA celebrou en Carballo a súa 44ª Asemblea Xeral na que avaliou a súa actividade na defensa da terra e do medio ambiente galego durante o ano 2019, estableceu as liñas estratéxicas de acción para 2020 e aprobou varias propostas de resolución, o informe económico e organizativo. As socias e socios […]
A compostaxe de residuos mediante composteiros individuais comezou en 2002 con 150 composteiros, 900 composteiros a día de hoxe. Dende aquela ate o 2020 todos os sucesivos gobernos municipais incrementaron a dotación de composteiros individuais e na última lexislatura incorporáronse 3 composteiros comunitarios e un programa de compostaxe escolar, con moi boa acollida, ademais dun […]
Esta xa é a 19ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista. Este 2019 prémiase en positivo á educación ambiental e, en negativo, a destrución do patrimonio ambiental e cultural a favor a industria forestal, enerxética e […]
Compartimos a II Parte da Conversa con Ramón Varela Díaz en CERNA TV. O experto en contaminación atmosférica de Galiza e expresidente da asociación ecoloxista ADEGA, Ramón Varela Díaz, analiza as causas e as consecuencias do peche das térmicas galegas e as “solucións” que se están a propoñer para dar continuidade á factoría de As […]
As actuacións que o goberno local de Lugo acomete contra o Río Miño, poñen de manifesto a falta de sensibilidade e recoñecemento dos seus valores naturais. Tratan de achegar o río ás persoas, e non ao revés. O río Miño, ao seu paso por Lugo, está catalogado dentro da Rede Natura 2000, recoñecemento que o […]
A fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato como directiva da enerxética Greenalia exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política. Non son portas xiratorias, son verdadeiros arcos do trunfo! Ex-presidentes en eléctricas (Calvo Sotelo e González en Fenosa, Aznar en Endesa) e ducias de ex-ministros/as ocupan postos directivos en empresas […]
A asociación ecoloxista ADEGA vén de estrear CERNA TV, unha canle audiovisual para a difusión dixital de vídeos con contidos de carácter ambiental, ecoloxista ou de defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza. Actualmente, CERNA TV sería a primeira canle audiovisual galega destinada estritamente á difusión pública de contidos ambientais e ecoloxistas do noso […]