Charla: Saúl, 2 anos de prisión por facer cancións

A Asemblea Aberta de Coia retoma a súa actividade este sábado 22 de abril. O motivo do regreso, de novo, a represión que volve a golpear en forma de procedemento xudicial a un rapaz do barrio. Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita […]

Peche solidario en Coia para reclamar a absolución do activista Diego Lores

Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia falsa por agresión dun axente municipal. O colectivo fai un chamamento a sumarse a esta nova acción en apoio da súa inocencia, coa que queren desmontar o que consideran […]

Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia

A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”. A xira, que comeza o domingo 8 e remata o sábado […]

Faladoiro “O povo é quem mais ordena!” Loitas veciñais na defensa do común

Con este coloquio queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións  veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola […]

Centos de persoas apoian a absolución do activista de Coia

A Asemblea Aberta de Coia conseguiu reunir o apoio de centos de persoas de todo o Estado en prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de […]

#MoitoPeixeRompeARede A curta da loita na rotonda de Coia

Tras meses de agarda temos o pracer de presentarvos a curta da loita na rotonda de Coia! #MoitoPeixeRompeARede é o título desta peza de 8 minutos na que se repasa os meses de loita veciñal na rotonda de Coia e tamén as consecuencias da mesma. Noticias Vigo Noticias de última hora en Vigo http://www.noticiasvigo.es

Palestra: “REDES de APOIO FRONTE á REPRESIÓN”

Dentro das actividades en apoio ao compañeiro Diego, traballador social e membro da Asemblea Aberta de Coia, o colectivo organiza unha nova actividade. O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título “Redes de apoio fronte á represión” na que farán a presentación pública do vídeo no que se resume o que […]

A Asemblea Aberta de Coia vai estar no Festival Audiovisual Curtopía que se vai celebrar en Vigo este sábado 22 de outubro.

Aproveitamos este evento para ESTREAR o VIDEO da loita na rotonda de Coia, dentro do ciclo “Loitas en comunidade” que dende as 19:00 fará un repaso por diferentes barrios do estado nos que veciñxs organizáronse para buscar respostas a problemas sociais. Máis info aquí: http://curtopia.es/loitas-en-comunidade En Curtopía presentaremos un video de 8 minutos que repasa […]

Asemblea Aberta de Coia convoca concentración con ocasión da citación de Diego

Dende a Asemblea Aberta de Coia convocamos unha concentración ás 11.00h. na porta dos Xulgados de Vigo (Edificio da Audiencia) o mércores 5 de outubro, con ocasión da citación do compañeiro Diego para notificarlle o escrito de acusación e o escrito do Ministerio Fiscal. Trala instrucción do procedemento, o Xulgado de Instrución nº 4 de […]

Teaser do video sobre a loita na rotonda de Coia

Partillamos un avance do video, en inglés “teaser”, que nuns días moveremos coincidindo coas novas no procedemento xudicial de Diego. O video repasa os meses de resistencia veciñal na rotonda de Coia, así como a represión empregada polo goberno municipal para intentar acalar as razóns da oposición da instalación do barco na rotonda de Coia. […]

Concerto Solidario polas represaliadas na loita da Rotonda de Coia

Continuamos cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto. Por mor dunha montaxe policial: Diego enfróntase a unha petición de varios anos de cadea e máis de 15000 euros de responsabilidade civil; tan só por participar nas reivindicacións, e loitar por unha vida digna para todas. Co obxecto de continuar xuntando […]

Manifesto da concentración en solidariedade cos titiriteiros

Todas terroristas! Todas criminais! Todas perigosas! Titiriteiros, precarias, sindicalistas, independentistas, anarquistas, rapeiros, estudantes, xente que para despexos ou que loita polos dereitos sociais nunha rotonda. O mesmo da para eles. Calquera que se organice, que cuestione o sistema , que loite polos dereitos é un perigo. E non dubidan en empregar a represión, o medo […]

CONCENTRACIÓN en SOLIDARIEDADE cos TITERITEIROS

Venres 12 febreiro ás 20:00 diante do MARCO Diversos colectivos da cidade queremos amosar a nosa condena á detención e encarceramento o pasado 5 de febreiro de Raúl e Alfonso, integrantes da compañía “Títeres desde Abajo” pola representación da obra satírica “La bruja y Don Cristóbal”. Parécenos intolerable a actuación do Xuíz da Audiencia Nacional […]

“Historias de árbores e fadas, de barcos e rotondas”, por Servando Barreiro e Manolo Pipas

“Historias de árbores e fadas, de barcos e rotondas”, por Servando Barreiro e Manolo Pipas Actuación chea de música e poesía na que presentarase o libro-disco a música das árbores de Anxo Moure, Servando Barreiro e Chus Láuzara e do caderno poético “o barco a rotonda e nós” do rotondiano cronista de Coia. historias de […]

Teatro solidario coa represión na rotonda de Coia

Na Asemblea Aberta de Coia temos o pracer de organizar unha peza de teatro: A AGULHA DE MAREAR. O domingo 18 de outubro a partires das 18:00 no salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 b, Vigo) Unha actividade coa que buscamos recadar cartos e solidariedade fronte á represión sufrida nos meses […]

Charla/Presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015

O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 – Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30. A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en […]

Video ‘A loita na rotonda de Coia’

A Asemblea Aberta de Coia organiza unha proxección solidaria coas multadas na loita da rotonda de Coia. Será o venres 8 de maio ás 20:00 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” e proxectaremos o vídeo “A loita na rotonda de Coia”. O video fai un repaso polas respostas dunha veciñanza que […]

A Asemblea Aberta de Coia leva a Carmela Silva perante o Xulgado por acusar de nazis e violentos

– 36 PERSOAS DA ASEMBLEA ABERTA DE COIA LEVAMOS A CARMELA SILVA PERANTE AO XULGADO POR ACUSARNOS DE NAZIS E VIOLENTOS En resposta ás descualificacións de Carmela Silva, tenente de alcalde do Concello de Vigo, a Asemblea Aberta de Coia acudimos ao xulgado para presentar unha denuncia colectiva. Aproveitando dita presentación convocamos unha CONCENTRACIÓN o […]

Concerto solidario coas detidas e multadas na rotonda de Coia

A Asemblea Aberta de Coia, co apoio de Distrito 9, organizamos un CONCERTO SOLIDARIO coas PERSOAS DETIDAS e MULTADAS na LOITA da ROTONDA de COIA Será o SÁBADO 25 de abril a partires das 20:00 no local que Distrito 9 ten no camiño Figueirido 89 en Coia (Vigo). A música a porán os grupos: Zangief, […]

Concentración nos xulgados en apoio ao compañeira imputado

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración en apoio ao compañeiro imputado baixo o lema: Xustiza Social. Nin represión, nin mentiras policiais! A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración para mañá, mércores 22 de abril, ás 10h30 perante aos Xulgados de Vigo, con motivo da citación para prestar declaración xudicial de Emilio Suárez, […]

Campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015

Achegamos a información da CAMPAÑA GALEGA pola OBXECCIÓN FISCAL aos GASTOS MILITARES 2015 que lanzan as compañeiras do Espazo Aberto Antimilitar. Estamos moi agradecidas, xa que nos propoñen, xunto ao Grupo Tortuga, como un dos destinos onde desviar os cartos da nosa declaración da renda. Achegamos o texto da campaña deste ano, e se queredes […]

A Asamblea Aberta de Coia denunciará á tenente de alcalde, Carmela Silva, por chamarlles “nazis” e “violentos” nunha rede social

Nunha asemblea celebrada onte a Asemblea Aberta de Coia tomou a decisión de denunciar a Carmela Silva pola comisión dun delito de inxurias e calumnias contra as integrantes do noso movemento, pola publicación na súa conta de twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos “antialfageme” de ser “nazis” e de impoñer a nosa […]

Concentración Rotonda de Coia: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas

A Asemblea Aberta de Coia convoca de urxencia unha contrentración esta tarde na rotonda de Coia baixo o lema: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas. Será ás 19:00 na rotonda. As obras na rotonda van a toda velocidade, semella que Abel Caballero quere telas finalizadas antes do 31 de marzo, data a partir da cal […]

Concentración: Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego!

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia. Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha […]