🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como RISGA, PNC, RAI…. por débedas daquelas. A normativa aplicable1 […]

23/06 – Palestra de José Iglesias: “Potencial transformador do municipalismo”

O xoves 23 de xuño, día da festa de San Xoán, contaremos coa presenza de José Iglesias Fernández (Seminario de Economía Crítica Taifa) que falará “Potencial transformador do municipalismo”. A palestra comezará ás 19:30 no local da cooperativa Árbore (r/López Mora, 30 – Vigo) nunha actividade que organizamos: Árbore, G.A.S. e a ODS-Coia.

A auga é un dereito! A reivindicación que concello de Vigo e Aqualia desoen

Xunto á xente da PAH Vigo Tui-BaixoMiño e de máis colectivos concentrámonos, de novo, diante das portas de Aqualia na rúa Venezuela. Antes de pecharnos nas oficinas de Aqualia berramos cánticos como: Auga para todas! Ningún negocio coas nosas necesidades! Aqualia escoita a auga non se corta! Logo disto entramos no local para pecharnos durante […]

Xoves 16 – Concentración: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan!

Volvemos a convocar unha CONCENTRACIÓN, coa xente do G.A.S., baixo o lema: A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan! Será o vindeiro xoves 16 de xuño ás 11:00 nas oficinas que Aqualia ten na rúa Venezuela 4, baixo. Nas últimas semanas o Alcalde e o concelleiro de fomento, David Regades, declaraban nos […]

Crónica da concentración en Aqualia: Auga para todas!

Varias ducias de persoas xuntámonos esta maña baixo o lema: Auga para todas! A auga é vida, a auga é un ben común de todas, malia que empresas como Aqualia pensen o contrario. Para eles a auga é un negocio máis. E nos seus negocios as nosas necesidades non teñen cabida, por iso non dubidan […]

CONCENTRACIÓN: AUGA para TODAS!

O vindeiro martes 31 de maio, a partires das 11:00, diante da oficina de Aqualia (r/Venezuela 4 baixo) a Oficina de Dereitos Socias de Coia e o G.A.S. convocamos unha concentración baixo o lema “Auga para todas”. Aqualia corta a subministración da auga, sen que o Concello de Vigo faga nada para evitalo. Por contra […]

Cheque Social 2016: faragullas para agochar quen se enriquece coa nosa miseria

No mundo inxusto capitalista do que formamos parte, os gobernos tomaron por costume (quizais para redimir as súas conciencias, ter argumentos para calar bocas ou ben, para paralizar os cerebros pensantes da xente) ofrecer a modo de “parches” pequenas faragullas polas que, as persoas con menos recursos teñen, han de loitar entre si; mentres que […]

Venres 20 maio estrea video #AugaParaTodas

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non deberia estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro. O venres 20 de maio ás 12 da maña estreamos un video no que […]

#ChequeSocial 2016, o goberno municipal continúa apostando polo asistencialismo

O pasado venres 6 de maio o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba as bases do programa municipal de “Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación”, o que na cidade coñecemos como “Cheque Social”. Até o 31 de maio podense presentar as solicitudes perante o Concello de Vigo. Será a […]

Plantando cara á pobreza e á inxustiza

Esta semana, no Punto, tivemos a oportunidade de conversar cunha veciña e tras escoitar o seu relato viñéronnos á cabeza unhas verbas que Ruth López pronunciara na 2ª edición da Escola Ramón Fernández Durán: “Igual que se recuperó un cierto orgullo y se desplazó la “culpa” de los desahucios a través de las afectadas por […]

Denunciamos ante a Valedora do Pobo os cortes de auga en Vigo

A situación económica derivada das medidas tomadas nos últimos anos provocou que cada día máis persoas teñan graves problemas para satisfacer as súas necesidades básicas. Parte deses problemas derivan en importantes dificultades económicas para cubrir todos aqueles gastos en materia de vivenda. Hoxe non falamos dos despexos e dos problemas para facer real o dereito […]

Esiximos respostas aos cortes de auga!

O pasado 30 de marzo solicitamos unha entrevista con David Regades, concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación. Esta concellería é a responsable do servizo municipal de augas en Vigo que xestiona Aqualia, empresa do grupo FCC. Un ano antes, en marzo de 2015, pediramos, tamén por escrito, datos do número de cortes de auga na […]

2 abril – Xornadas “Da RISGA á Renda Básica das iguais

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais. No mellor dos casos, acceder a un contrato de sete meses de contía inferior ao salario mínimo interprofesional, tras o cal non está permitido renovar o cobro da prestación. Ou a caridade. Estas […]

Isaura Abelairas e as axudas sociais a dedo

O 19 de marzo de 2016, Faro de Vigo publicaba unha nova co seguinte titular: “El Concello otorga una ayuda a una madre sin cumplir los requisitos” 1. A nova, moi curta, apenas ten este paragrafo: “Una madre y su hijo podrán acceder a una vivienda en régimen de alquiler social tras la ayuda de […]

1/04 – “INDEPENDIZARSE DO CAPITALISMO. Situación actual e perspectivas” con Busqueta, Albert Sales e Clara Griera

É a crise un fenómeno inherente ao capitalismo, ou un froito do seu mal funcionamento? É a pobreza un dos seus efectos colaterais ou un eixo central do mesmo? Que futuro nos agarda neste sistema? Existen posibilidades de enfrontarse a el? Estas cuestións e moitas outras sobre a situación socio-económica e política actuais e posibilidades […]

A auga dános a vida, a loita daranos a auga

Onte presentouse no punto de información da ODS, unha muller cunha carta de Aqualia. Xa que a semana que vén lle cortarán a auga. Debe catro recibos, en total 140€. Cobra 399€ de RISGA. Cartos cos que logo de pagar a vivenda -207 € de hipoteca- ten que pasar o mes. A ausencia de recursos […]

Manifesto da concentración en solidariedade cos titiriteiros

Todas terroristas! Todas criminais! Todas perigosas! Titiriteiros, precarias, sindicalistas, independentistas, anarquistas, rapeiros, estudantes, xente que para despexos ou que loita polos dereitos sociais nunha rotonda. O mesmo da para eles. Calquera que se organice, que cuestione o sistema , que loite polos dereitos é un perigo. E non dubidan en empregar a represión, o medo […]

Eugenia: cronoloxía dun desaloxo

Hoxe un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves. Ás presas alí nos presentamos para […]

Crónica da concentración: STOP Pobreza Enerxética

Esta maña preto dunha centena de persoas convocadas por colectivos da cidade concentrámonos ás portas da Xunta de Galicia en Vigo para esixir o fin da pobreza enerxética e subministros básicos garantidos para todas. Achegamos o manifesto lido esta maña na concentración: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas! A Xunta de […]

Concentración: STOP POBREZA ENERXÉTICA #luzaugagasparatodas

Xoves 4 febreiro – 11:30 – Delegación da Xunta de Galicia en Vigo ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. A ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. xuntámonos para dicir: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas! Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a […]

Caballero muda o nome das axudas sociais para continuar ofrecendo esmolas

O 30 de decembro de 2015 a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o chamado “Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social para o ano 2016”. Malia o “rimbombante” do nome do programa, o certo é que, se botamos unha ollada ás bases que o regulan, non son máis que as mesmas […]

Charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”

A Marcha Mundial das Mulleres organiza o mércores 13 unha charla ao redor dos textos: “Renda Básica das iguais e feminismos” e “Guía Axudas Sociais”. Será a partires das 19:30 na Casa das Mulleres e contará coa presenza de persoas da ODS-Coia. Unha das consecuencias históricas do patriarcado, consistiu en someter á muller e relegala […]

Políticas sociais ao servizo de quen?

Remataríamos ben rápido. A resposta ao falarmos da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo, á luz das consecuencias, é ben sinxela: ao servizo do poder, do capital. En moitas ocasións expresamos a nosa fartura polos resultados das súas políticas sociais. Lonxe de seren un instrumento para erradicar a inxustiza e a desigualdade, as […]

As trampas de Caballero para denegar o “cheque social”

Na última asemblea da ODS-Coia escoitabamos a varios compas que ficaban sen o publicitado “cheque social” após madrugar para facer colas, após entregar unha chea de documentación, após agardar meses… O venres 11 de decembro varias veciñas recibían notificacións nas que se lles indicaban os motivos da denegación. O luns 14 até cinco persoas viñeron […]