🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O “derbi galego” aposta pola Renda Básica

O martes 23 de setembro moitas persoas na Galiza estarán pendentes do derbi que xogan Celta e Dépor no estadio de Balaídos. As xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do G.A.S. queremos aproveitar esta festa do fútbol galego para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Antes do […]

Venres 19/09 – Obradoiro: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”

A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidan a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”. Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(rúa Baiona 9, Coia – Vigo). Se ficas sen ingresos, ou tes […]

O “cheque social”: sen fondos, sen prazos, sen dignidade

Primeira semana de setembro e aínda están sen resolver as axudas do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación”, o coñecido como “cheque social”. O artigo 13.5. das bases desta convocatoria sinala que “o prazo máximo para resolver e publicar a resolución do procedemento non poderá exceder de tres (3) meses, […]

Silencio e atrasos insoportables as respostas do Concello de Vigo ás solicitantes de axudas sociais

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo continúa sen mostrar vontade algunha de aclarar o relativo á xestión das Axudas de Emerxencia Social (AEM) e, o que é máis preocupante, segue sen dar respostas xustas ás necesidades reais dun número crecente de persoas na nosa cidade. Segundo recollen as propias bases, as AEM […]

Escola Social de Verán, en movemento: Sempre en Paro, nunca PARADAS!

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conformamos sentimos a formación como algo central nas nosas formas de facer política. Formarnos entre iguais para comprender e actuar, compartir as nosas preocupacións e afondar nas análises sobre as nosas realidades. Este verán, volveremos a por en marcha […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario

Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP. O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do […]

Mesa de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica diante do MARCO

O venres 4 de xullo volvemos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O lugar escollido para poñer a mesa é a rúa do Príncipe, diante das escaleiras do MARCO. Dende as 18:00 ata as 20:00 a xente da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos recollendo sinaturas e […]

Luns 30: Asemblea aberta de información e denuncia das Políticas Sociais

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. convocamos unha ASEMBLEA ABERTA de INFORMACIÓN e DENUNCIA das POLÍTICAS SOCIAIS, o LUNS 30 de xuño a partires das 20:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9, Coia – Vigo). Achegamos o texto da convocatoria: Non podemos seguir a consentir a situación de total […]

Crónica do acto de recollidas de sinaturas para a ILP pola Renda Básica no Concello de Vigo

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada do Concello de Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. No acto pretendiamos informar á […]

VENRES 27: Fronte á esmola do “Cheque social” dereitos. Acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cunACTO de RECOLLIDA de SINATURAS da ILP pola RENDA BÁSICA. Será o VENRES 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do CONCELLO de VIGO. O lema deste acto de recollida de firmas é: FRONTE […]

O cheque social ou como nos dan gato por lebre

Tras analizar as bases do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2014”, coñecido como “cheque social”, aprobadas en Xunta de Goberno extraordinaria o pasado 30 de maio, sentímonos na obriga de denunciar que, como resposta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a […]

Case mil firmas recollidas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola renda básica

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada dun hipermercado en Coia para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse decenas de persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. En so […]

VENRES 13 xuño – Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica dinte do Alcampo de Coia

A ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O VENRES 13 de xuño, de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1). Asina esta iniciativa para esixir aos […]

Crónica do acto sobre á ILP Renda Básica

Esta mañá a Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e GAS concentrámonos xunto a entrada da delegación de Facenda en Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 centos non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. O […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica ás portas de Facenda

Na semana que entra a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas. E o […]

Solicita atrasos de RISGA, ante a insoportable demora na tramitación

Algunhas fontes falan que no que vai de ano apenas concedéronse RISGAs. Non sabemos se a entrada en vigor da nova lei, o aumento do número de solicitudes, a mala xestión, a falta de cartos… ou a mestura de todas estas causas unida a nula vontade política están a provocar un grave problema de vulneración […]

Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos un ACTO de RÚA diante de FACENDA (r/Lalín 2-  VIgo) o VENRES 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica. Montaremos unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo e ás […]

As escusas do Concello para non solucionar o colpaso na tramitación das Axudas de Emerxencia Social

Unha vez máis desexamos denunciar a insoportable demora que nos últimos meses se está a dar na xestión das Axudas de Emerxencia Municipal (AEM), que teñen como obxectivo “satisfacer necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”. Debido ao […]

A concelleira de Benestar Social non é quen de dar solucións ao colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

Centos de nenos e nenas estaban na praza do rei para celebrar o Correlingua. Non o sabiamos, pero Isaura Abelairas alí estaba para abrir o acto desta festividade da lingua galega. Coma tantas outras veces, a anterior o venres 2 de maio, ducias de persoas acudiamos ás portas do concello para denunciar o atasco na […]

Recurso de ODS-Coia y la Parroquia del Cristo de la Victoria por la inadmisión a trámite de la petición de una renta básica

 El pasado día 19 de Septiembre os contamos el acto de entrega y concentración en A Xunta por una renta básica. La concentración estaba citada para hoy a las 11: 30 y más de medio centenar de personas con carteles y pancartas acudieron a la llamada de ODS-Coia y la Parroquia del Cristo de la […]

1 4 5 6