Acto público de denuncia das discriminacións ás persoas migrantes no acceso á RISGA

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de prensa previa o martes día 11 de novembro a partires das 11:00 diante da Delegación da Xunta de Galiza en Vigo (r/Concepción Areal 8) para denunciar a […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Alcampo de Coia

– Tras unha pequena pausa, a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volven ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. – O venres 7 de novembro de 10:00 a 13:00 montarán unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).   […]

A Xunta perpetúa a esmola da RISGA nos orzamentos de 2015

Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros). As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria […]

A Xunta manda inspectores aos domicilios dos perceptores da RISGA na procura de fraude

A Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas! Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de […]

VENRES 17 – No renomeado “Día contra a Riqueza” lanzamos a campaña galega: “Da RISGA á RBis”

Volvemos ás rúas para celebrar o 17 de outubro, data que renomeamos o ano pasado como “Día contra a riqueza”. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes de Baladre aproveitamos este día para denunciar, unha vez máis, que o capitalismo é o responsable da desigualdade, da inxustiza, da pobreza… que […]

A nova lei da RISGA, unha desfeita

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor unha nova lei de RISGA. A Xunta superou o prazo máximo (6 meses) para ter o decreto que desenvolva a lei e mentres as de sempre sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento. A indeterminación, a interpretación restritiva da lei e o […]

A RISGA e a Renda Básica: da esmola institucionalizada ao reparto da riqueza

Moitas veces temos denunciado que a terrible situación de empobrecemento e precariedade que padecen tantas persoas e familias en Galicia está a ser agravada dun xeito intolerable pola resposta insuficiente e precaria da Xunta, que pasa case exclusivamente por unha RISGA insuficiente e excluínte, que pouco axuda e nada transforma. Orzamentos que rozan a miseria, […]

As Axudas de Emerxencia Municipais: crónica dun fracaso interminable

Como lembramos noutras ocasións nas mans do departamento de Benestar Social do concello de Vigo está que accedamos (ou non) ás escasas axudas sociais existentes, tanto da Xunta como do propio concello. Os meses de agarda por unha RISGA, polo “cheque social”, por unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM)… súmanse ás distintas violencias que sofren […]

O “derbi galego” aposta pola Renda Básica

O martes 23 de setembro moitas persoas na Galiza estarán pendentes do derbi que xogan Celta e Dépor no estadio de Balaídos. As xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do G.A.S. queremos aproveitar esta festa do fútbol galego para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Antes do […]

Venres 19/09 – Obradoiro: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”

A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidan a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos”. Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria(rúa Baiona 9, Coia – Vigo). Se ficas sen ingresos, ou tes […]

A PAH convoca movilización este xoves 18 por inminente desaloxo

A PAH de Vigo precisa da vosa axuda. Dependen de ti, de todas e todos que se queden na rúa. Elas son o importante e só a presión cidadá pode salvalas. Non te quedes na casa e si non podes acudir, mostra o teu apoio nas redes sociales, avisar aos amigos, en casa, difundilo no traballo, na […]

Xuntos aporta documentación al Fiscal sobre el posible enchufismo en Ayuntamiento de Vigo

Quinta entrega de la #operaciontrifasico. En anteriores capítulos te hemos contado la denuncia del ex alcalde socialista Carlos Príncipe quien aseguró que hasta 22 allegados de Abel Caballero habían sido contratados a dedo. Días después, una nueva organización llamada Xuntos, presentaba una denuncia ante la Fiscalía, que en el día de ayer recibía petición de […]

O “cheque social”: sen fondos, sen prazos, sen dignidade

Primeira semana de setembro e aínda están sen resolver as axudas do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación”, o coñecido como “cheque social”. O artigo 13.5. das bases desta convocatoria sinala que “o prazo máximo para resolver e publicar a resolución do procedemento non poderá exceder de tres (3) meses, […]

Comunicado PAH Vigo sobre desahucio de Ángeles Fernandez

Respecto a las informaciones que sobre el caso de Ángeles Fernández están saliendo en la prensa estos días, queremos aclarar: – Primero, que el problema sobre la financiación del Plan Aluga (que subvencionaba a familias que cumplieran unos requisitos nada fáciles, hasta el 75% del alquiler) iba a tener sobre una parte ya deprimida de […]

Silencio e atrasos insoportables as respostas do Concello de Vigo ás solicitantes de axudas sociais

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo continúa sen mostrar vontade algunha de aclarar o relativo á xestión das Axudas de Emerxencia Social (AEM) e, o que é máis preocupante, segue sen dar respostas xustas ás necesidades reais dun número crecente de persoas na nosa cidade. Segundo recollen as propias bases, as AEM […]

Escola Social de Verán, en movemento: Sempre en Paro, nunca PARADAS!

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conformamos sentimos a formación como algo central nas nosas formas de facer política. Formarnos entre iguais para comprender e actuar, compartir as nosas preocupacións e afondar nas análises sobre as nosas realidades. Este verán, volveremos a por en marcha […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario

Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP. O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do […]

Mesa de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica diante do MARCO

O venres 4 de xullo volvemos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O lugar escollido para poñer a mesa é a rúa do Príncipe, diante das escaleiras do MARCO. Dende as 18:00 ata as 20:00 a xente da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos recollendo sinaturas e […]

Luns 30: Asemblea aberta de información e denuncia das Políticas Sociais

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. convocamos unha ASEMBLEA ABERTA de INFORMACIÓN e DENUNCIA das POLÍTICAS SOCIAIS, o LUNS 30 de xuño a partires das 20:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9, Coia – Vigo). Achegamos o texto da convocatoria: Non podemos seguir a consentir a situación de total […]

Crónica do acto de recollidas de sinaturas para a ILP pola Renda Básica no Concello de Vigo

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada do Concello de Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. No acto pretendiamos informar á […]

VENRES 27: Fronte á esmola do “Cheque social” dereitos. Acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cunACTO de RECOLLIDA de SINATURAS da ILP pola RENDA BÁSICA. Será o VENRES 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do CONCELLO de VIGO. O lema deste acto de recollida de firmas é: FRONTE […]

O cheque social ou como nos dan gato por lebre

Tras analizar as bases do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2014”, coñecido como “cheque social”, aprobadas en Xunta de Goberno extraordinaria o pasado 30 de maio, sentímonos na obriga de denunciar que, como resposta do Concello de Vigo ante o empobrecemento brutal que está a padecer a […]

Case mil firmas recollidas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola renda básica

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada dun hipermercado en Coia para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse decenas de persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. En so […]

VENRES 13 xuño – Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica dinte do Alcampo de Coia

A ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O VENRES 13 de xuño, de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1). Asina esta iniciativa para esixir aos […]