🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Aquí non! Un video para protexer a Cordilleira Cantábrica

A Plataforma para a Defensa da Cordillera Cantábrica, xunto a 103 entidades de toda España (entre elas SGHN), presenta o vídeo da campaña «Aquí Non» coa que se reclama a exclusión das áreas de alto valor ambiental da implantación de novos complexos de aeroxeneradores. Un vídeo que contou coa colaboración de máis de 40 persoas do […]

“A mán e a máquina”: limpando a Veiga de Gomareite

No cadro do proxecto Libera Natureza sen residuos de SEO/ Ecoembes A piques de rematar este singular 2020, aínda quedaban accións por desenvolver dentro da campaña deste ano pero, por fin, puidemos cumprir có planificado grazas á comprensión do equipo de SEO/Ecoembes que autorizou unha prolongación excepcional do prazo e a modificación do proxecto: sen […]

Desprotección da ZEPA Ría de Foz

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SEO Pontevedra e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denuncian o desleixo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural na vixilancia e cumprimento das normativas ambientais na ZEPA e ZEC da Ría de Foz. A carencia total de xestión deste  espazo protexido por parte das autoridades ambientais da Xunta […]

“Intencionalidade evidente” nos recentes incendios

O Presidente da Xunta de Galicia (12 anos no cargo) afirmou hai uns días que ve “unha intencionalidade evidente” nos recentes incendios de Ourense. Non é ningunha novidade: moitos levamos 45 anos dicindoo. Tampouco é ningunha novidade dicir que a problemática dos lumes é a falta de “limpeza”, a escaseza de medios, as características do terreo ou […]

Paralización cautelar da ampliación da AC-566 en Valdoviño

Sociedade Galega de Historia Natural ven de solicitar á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia que abra dilixencias informativas e ordene a paralización cautelar da ampliación da estrada AC-566. O proxecto afectaría á ZEC Costa Ártabra e unha importante poboación do fento ameazado Woodwardia radicans. Impactos ambientais do proxecto Con data 24/02/2020 SGHN advertiu á […]

Balsa de lodos vermellos de ALCOA en San Cibrao: unha herdanza envelenada

Diante da desfeita que ALCOA quere deixar en Galicia, Sociedade Galega de Historia Natural ven de solicitar á Xunta de Galicia os informes dos seus técnicos e inspectores ambientais sobre a balsa de lodos vermellos que, de rachar, podería afectar a núcleos habitados, explotacións acuícolas e a todo o ecosistema mariño. Sociedade Galega de Historia […]

A Xunta prolonga o exterminio das rulas

No Diario Oficial de Galicia de hoxe aparece publicada a orden de vedas para a próxima tempada de caza mediante resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Nela vólvese a autorizar a caza da rula na media veda no espazo natural protexido de A Limia, desatendendo así as numerosas demandas dos cidadáns e das entidades […]

Novo réptil en Galicia, Zamenis longissimus

A serpe de esculapio (Zamenis longissimus) é unha cobra presente no noreste da península ibérica, con algunhas poboacións illadas hacia o oeste da península. Recentemente observouse e fotografiouse esta especie na provincia de Ourense. A observación informada nesta nota amplía a distribución da especie case 100 km cara o Oeste, representando a primeira cita da […]

Segundo novas de prensa “A Xunta quere prolongar a tempada alta nas illas Cíes ata o 15 de outubro. O Goberno galego pedirá ao español mudar o período de visitas para compensar as perdas das navieiras e o sector por culpa da pandemia”. O PRUX do Parque Nacional ordena… Á vista destas sorprendentes novas, a Sociedade […]

A Sociedade Galega de Historia Natural súmase ao resto dos grupos de defensa da natureza e mostra o seu apoio incondicional a Manuel García 

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) súmase ao resto dos grupos de defensa da natureza e mostra o seu apoio incondicional a Manuel García do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) ante a demanda millonaria que lle interpón COREN, que, ademáis, SGHN considera esaxerada e fóra de lugar. O vindeiro luns 2 de marzo todos estaran presencial e/ou anímicamente con […]

Non á “barra libre” contra o porco bravo

Descoñecemento do número de porcos bravos en Galicia Ao longo de 2019 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (en adiante CMATV) recoñeceu de xeito explícito, público e reiterado que non dispón de datos concretos sobre o estatus poboacional do porco bravo ou xabaril (Sus scrofa L. ssp. scrofa) en Galicia, sobre a súa tendencia histórica […]

Auga potable en risco de extinción na Limia?

Os antecedentes Nos últimos 11 anos a Sociedade Galega de Historia Natural advertiu en máis de 35 ocasións á Consellería de Medio Ambiente que a proliferación de granxas industriais na Limia estaba a ter consecuencias negativas sobre a calidade e a cantidade das augas. Nos últimos 11 anos a Consellería de Medio Ambiente ignorou sistemáticamente […]

Artesanía e biodiversidade

Aínda que poderían semellar cuestións moi distantes, hai dúas características que vencellan estreitamente a artesanía e a biodiversidade. A primeira é a singularidade, sexa das creacións artesáns ou das especies (e mesmo dos espécimes) da biodiversidade. A segunda, lamentablemente, é que con demasiado frecuencia tanto a artesanía como a biodiversidade atópanse moi seriamente ameazadas. Dende […]

Planta de puríns de Sarreaus: parte da solución ou parte do problema?

Nos últimos meses estase vólvese a falar insistentemente da reapertura do “Centro Tecnolóxico Medioambiental” (CTM) para tratamento de puríns de porco en Sarreaus, presentándoo como unha peza chave para resolver o problema da contaminación da auga na Limia xenerada polos residuos da gandería industrial. Parte da solución…? Construido pola “Sociedad Gallega de Residuos Ganaderos, SA” […]

Sociedade Galega de Historia Natural denuncia á Fiscalía a “desfeita turística” de Estaca de Bares

Á vista do cúmulo de despropósitos que se están a suceder na ZEC Estaca de Bares, dos que distintas administracións públicas son responsables por activa ou por pasiva (desbroces de hábitats protexidos, infraestruturas turísticas), SGHN ven de presentar unha denuncia diante da Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia. A gota que rebordou o vaso da paciencia […]

Gandería industrial na Limia e eutrofización do encoro das Conchas

Negacionismo… A semana pasada os medios de comunicación fixéronse eco do comunicado de prensa “El Grupo Coren presentó a la Mesa da Limia su plan de acción ambiental para el desarrollo sostenible de la comarca”. No dito comunicado afírmase textualmente o seguinte: “Coren puso de manifiesto en el encuentro que no existe informe alguno que demuestre que […]

A Sociedade Galega de Historia Natural manifesta a súa posición oficial sobor da emerxencia climática

SGHN manifesta a súa posición oficial sobor da emerxencia climática. SGHN ten apoiado por responsabilidade outros posicionamentos deste tema, aínda que manteñamos certas discrepancias de estilo e contido. A gravidade da situación fan necesarias actuacións decididas e empurrar no mesmo senso para reconducir a actual situación. SGHN decidiu adoptar a declaración de Cedamia (Australia). Nen é a […]

Xunqueira de Alba: moitos mozos para esta moza

Recentemente saiu nos medios de comunicación o proxecto do Clube Deportivo “Pontevedra Club de Fútbol”,  para a construcción dunha “Ciudad Deportiva” que incluiría dous campos de fútbol 11, un de fútbol 8, ximnasio e un área social nos terreos que son de dominio público marítimo-terrestre. Os medios de comunicación publican que “la Dirección de Costas ve como […]

Curso de iniciación á ornitoloxía en Ourense

Organiza: Sociedade Galega de Historia Natural-OURENSE. Colaboran: Ateneo de Ourense e Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Poñentes: Antonio Ferreirós, Isabel Álvarez, Laura Iglesias, Marcos Freán. Obxectivos: Acostumbrarse ao manexo de prismáticos e guías de identificación de aves. Identificar as especies de aves comúns, con preponderancia nas acuáticas. Coñecer aspectos básicos da bioloxía e morfoloxía […]

Eucaliptos e invasividade

As opinións contrapostas do Comité Científico do MAGRAMA, que dictaminou por unanimidade o carácter invasor das árbores do xénero Eucalytus empregadas en plantacións forestais (PDF), e o informe do Prof. Luis Gil, que concluiu o contrario (PDF), fixeron correr ríos de tinta ao longo de 2018 sobre o tema eucaliptos e invasividade. Sociedade Galega de Historia Natural […]

Eucaliptos e solos

Sendo o solo a base de todos os ecosistemas terrestres, as relacións entre eucaliptos e solos son, obviamente, da maior importancia ambiental. Formación do solo e biodiversidade. De dereita a esquerda o solo vaise desenvolvendo e, paralelamente, aumenta a biodiversidade que soporta, mentres que a degradación do solo e a conseguinte perda de biodiversidade van […]

Desfeita turística en Estaca de Bares

Degradación dun espazo natural sobranceiro Estaca de Bares (Mañon, A Coruña) é un dos espazos protexidos máis emblemáticos e antigos de Galicia, pois a súa protección data de 1931 ao ser declarado como Sitio de Interese Nacional polo Goberno da Segunda República (Gaceta de Madrid, 5/11/1933). Posteriormente integrouse na Rede Natura 2000 (ZEC ES1110010 e […]

Xa podedes descargarvos de balde a actualización do Atlas dos anfibios e réptiles de Galicia

Durante o ano 2.018, o atlas de anfibios e réptiles de Galicia acadou un total 21.876 datos de anfibios e réptiles, dos cales 5.079 (23,2%) son datos novos respecto ó atlas publicado. De anfibios acadáronse 13.330 datos e de réptiles 8.546 datos totais. No informe realizado, de libre acceso e descarga, podemos ver diversas novidades en especies de […]

Eucaliptos e planificación hidrolóxica

Resultados e recomendacións dos investigadores De acordo coas investigacións feitas en Galicia nos últimos anos: O cambio de uso dunha rotación forraxeira millo-pasteiro a unha plantación de Eucalyptus globulus alterou a hidroloxía da estación seca nunha pequena bacía. Ao cabo de seis anos o nivel da capa freática anos baixaba o doble de rápido que antes da […]

“Pensa máis aló”

A Convención de Berna lanza “Think Outside the Box” . Sociedade Galega de Historia Natural é “Embaixadora da campaña” A Convención de Berna lanza a campaña “Pensa máis aló” porque na última década houbo un declive dramático das poboacións de anfibios e réptiles en Europa (véxase por exemplo Atlas de hérpetos de Galicia).  Esta campaña non podería ser […]

Electricidade e biodiversidade na ZEPA da Limia

Vai facer dous anos, o 20-05-2017, un equipo de SGHN atopou morta, aparentemente por electrocución, unha cegoña branca (Ciconia ciconia) adulta. Estaba xusto debaixo do apoio dun tendido eléctrico na veiga de Vilar de Gomareite, na ZEPA da Limia. Para evitar que se repetisen feitos como ese, Sociedade Galega de Historia Natural solicitou á DX […]

Pésimo exemplo na Praia das Catedrais

Segundo as novas e fotografías publicadas nos medios de comunicación, a Xunta de Galicia está a colocar sinais de perigo de desprendimentos directamente sobre as rochas nos cantís e covas da Praia das Catedrais, espazo declarado Monumento Natural e Zona de Especial Conservación. A colocación de calquera tipo de cartel ou sinal directamente sobre o […]

Uns traballos forestais ameazan a Serra de Enciña da Lastra

A serra da Enciña da Lastra é unha paraxe cunha relevancia ambiental e paisaxística de primeira orde, boa conta diso son as diferentes figuras de protección que atesoura o territorio no súa divisoria entre as provincias de León e Ourense. Na vertente galega atopámonos co Parque Natural “Serra da Enciña da Lastra”, e no lado […]

Río Camba: menos mal que existe SGHN

“ParaTERCO” Energía En 2016, Paratermo Energía solicitou os permisos para construir unha planta industrial de produción de metanol e hidróxeno a carón do río Camba en Viana do Bolo (Ourense). O proxecto, duramente criticado por Sociedade Galega de Historia Natural (ver alegacións), afectaba á contorna do PN do Invernadeiro, dous hábitats prioritarios e unha ducia […]

Catalogación da camariña como especie vulnerable

A catalogación da camariña (Corema album) ven de ser solicitada pola Sociedade Galega de Historia Natural que, logo de compilar a información científico-técnica dispoñible, constatou que cumpriría nove dos criterios (A2, B1, B2a, B2b, B2c, B2d, D e F) e probablemente os criterios C1 e C2 para a súa inclusión na Categoría de Vulnerable no […]

Sobre a proliferación de campionatos de caza de raposo

A Sociedade Galega de Historia Natural diante das anunciados “campionatos” da caza do raposo a desenvolver dende o 12 e xaneiro ó 2 de febreiro nun número de sete ó longo da xeografía galega acordou manifestar o rexeitamento de tales “campionatos” e presentar un escrito de protesta diante da Consellería de Medio Ambiente pola vulneración […]

Garranos en perigo de desaparición

Os garranos son animais silvestres… Os garranos son équidos salvaxes que habitan nas montañas do norte da Península Ibérica desde hai máis de 20.000 anos. Testemuñas elocuentes da súa presenza ancestral son: As súas reiteradas representacións gráficas na arte parietal (entre o Paleolítico Inferior e a Idade do Ferro) desde o norte de Portugal ata […]

Auga non potable na Limia

A calidade da auga na Limia, e o risco da súa degradación ata auga non potable, é dende hai tempo motivo de preocupación en SGHN (máis…). Nos últimos 10 anos SGHN dirixiu 33 escritos (PDFs) ás sucesivas consellerías “competentes” en medio ambiente, tamén a algúns concellos e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. En todos eles […]

Axudas á forestación: grave risco para aos hábitats de interese e ás especies ameazadas

O pasado 26 de abril publicouse no DOG a “ORDE do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano […]

Regar ou inxectar os puríns ten importancia en Galicia?

A entrada en vigor dunha nova normativa da Unión Europea (RD 980/2017) para percibir axudas da PAC (Política Agraria Comunitaria) que prohibe a aplicación de puríns nas superficies agrícolas mediante sistemas de plato, abanico e canóns, agás excepcións xustificadas, está a xerar unha grande oposición por parte do sector gandeiro e facendo correr ríos de […]

Atlas Sociedade Galega de Historia Natural de Flora Exótica Invasora: Chasmante spp

Esta herbácea da familia das iridáceas é orixinaria de África do Sur. Posúe inflorescencias en forma de espiga, nas que cada unha das súas flores presenta forma de tubo longo e estreito, coa parte final libre e a superior máis longa e curvada. En Galicia citouse a Chasmante floribunda no ano 2011 en A Coruña, e cinco […]