David Bernárdez, nova renovación para o equipo de Liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia continúa traballando nas renovacións dos xogadores que xa militaban no conxunto vigués na pasada tempada 2015/2016, tempada na que se conseguiu o ascenso a Liga EBA. Desde un primeiro momento a renovación dos xogadores da pasada campaña foi o obxectivo da entidade para esta nova aventura. David […]

Abel Caballero apoia e presenta o 6º torneo de baloncesto 3×3 do C.B. Seis do Nadal – Coia

Unha representación da Xunta Directiva e dos xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia presentoulle ao rexedor nun encontro no Concello a sexta edición do campionato de baloncesto 3×3 que se celebrará os días 19 e 20 de agosto do 2016. Abel Caballero trasladoulles o apoio municipal ao “seu esforzo polo baloncesto de […]

Manu Ferreiro do Marín PeixeGalego de LEB ORO, padrino do 6º torneo de baloncesto 3×3 do Seis do Nadal Coia

Manu Ferreiro, xogador vigués que xogará na LEB Oro esta tempada, será o padrino do evento. Na anterior edición o padrino do evento fora Alberto Abalde, xogador do Joventut da Liga Endesa. O prazo de inscrición segue aberto para as categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A 6ª Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 que organizará […]

Pablo González convértese na primeira incorporación do equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

Pablo González convértese na primeira incorporación para o equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia da presente tempada 2016/2017, primeira tempada na historia da entidade que se competirá en dita competición. Pablo González, nado no ano 1989 e alero de 1,96 metros de altura, incorpórase ao Club Baloncesto Seis do […]

Sergio González dirixirá ao equipo de liga EBA, C.B. Seis do Nadal – Coia

Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia desde a tempada 2007/2008 e adestrador no club desde a campaña 2003/2004, compartirá nesta nova tempada 2016/2017 a súa labor de xestión deportiva, da entidade con maior número de licenzas da comunidade galega, coa dirección do equipo de Liga EBA. Como adestrador de […]

Aberto prazo de inscrición do 6º torneo de baloncesto 3×3 do C.B. Seis do Nadal – Coia

Como en edicións anteriores haberá tres categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A tempada pasada participaron un total de 47 combinados no evento. Os días 19 e 20 de agosto do 2016 o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a Sexta Edición do Torneo de Baloncesto 3×3nas pistas do Colexio Seis do Nadal. Despois […]

Cristian García, nova renovación do C.B. Seis do Nadal – Coia

Cristian García convértese na nova renovación do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para o equipo que competirá na Liga EBA por primeira vez na historia da entidade e despois do Ascenso conseguido a pasada tempada 2015/2016. Cristian García, nado no ano 1993 e alero de 1,85 m., formouse como xogador de baloncesto no […]

Fernando Mouriño convértese na nova renovación do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia

Na mesma xornada na que a Federación Española de Baloncesto confirmaba ao Seis do Nadal como novo equipo da Liga EBA, o equipo facía pública a renovación de Fernando Mouriño. O alero nado no ano 1980, especialista no lanzamento e máis concretamente no tiro de tres, comezou a xogar con quince anos en Celanova, vila […]

José Enrique Henríquez formará parte do Seis do Nadal – Coia Liga EBA

José Enrique Henríquez confirma a súa presenza no equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para a próxima tempada 2016/2017, tempada na que o Seis do Nadal participará por primeira vez na súa historia en dita competición. José Enrique Henríquez, nado no ano 1992 na República Dominicana, súmase as renovacións […]

Óscar García formará parte do equipo de liga EBA do C. B. Seis do Nadal – Coia

Óscar García fomará parte do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, entidade que competirá por primeira vez na súa historia en dita categoría. Óscar García cumprirá a súa décimo primeira tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Incorporouse ás Escolas Deportivas do club na tempada 2006/2007 en […]

Alexandre Pérez xogará no C.B. Seis do Nadal – Coia de Liga EBA

O xogador nado no ano 1990 cumprirá a súa décimo séptima tempada como xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Alexandre comezou a súa formación na entidade na tempada 1996/1997 na categoría benxamín e, salvo en categoría júnior e no primeiro ano de categoría sénior, estivo ligado aos equipos do Seis do Nadal. […]

Zeljko Obradovic, o rei europeo do basket, en Tui

Será o vindeiro sábado 2 de xullo cando recale en Tui Zeljko Obradovic (Čačak, Serbia, 1960), considerado o mellor adestrador na historia do baloncesto en Europa, ten no seu haber oito Euroligas con catro equipos diferentes: Partizan de Belgrado, Joventut de Badalona, Real Madrid e 5 Euroligas co Panathinaikos BC. O actual adestrador do Fenerbahçe Ülkerspor de Turquía, […]

Zeljko Obradovic impartirá un Clínic de baloncesto en Tui

O sábado 2 de xullo celebrarase en Tui un Clínic de baloncesto enmarcado dentro da programación do Campus Joe Arlauckas-Tui, o Clínic será impartido por cinco ponentes de auténtico luxo e de recoñecido prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, que o longo de toda a xornada disertarán sobre diversos temas. Carlos Vaqueiro, técnico de planificación e responsable […]

O COMUNYGAL Seis do Nadal – Coia xa coñece rivais no Campionato de España de Clubs Infantil Feminino

O Infantil Feminino “A”, Comunygal Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia que participou na Liga 1ª División Infantil Feminina conseguiu a clasificación para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminino que se celebrará en Tui e Porriño do 12 ao 18 de xuño do 2016 e na que participarán […]

O C.B. Seis do Nadal – Coia, campión da liga 2ª Div. júnior feminina

O conxunto Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da Segunda División Júnior Feminina o pasado sábado 28 día de maio do 2016 na final da competición disputada en Santiago de Compostela. O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o Ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur […]

Clausura das Escolas deportivas de baloncesto e das ligas LINCO Concello de Vigo organizadas polo C.B. Seis do Nadal – Coia

O pasado venres 27 de maio do 2016 tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2015/2016 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Concello de Vigo 2016, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadaldentro do programa municipal de Escolas Deportivas. A xornada comezou no Pavillón Municipal de […]

Senior masculino do C.B. Seis do Nadal – Coia ascendido a Liga EBA visita Escola Deportiva CEIP Doutor Fléming

Unha representación dos xogadores e adestradores do Sénior Masculino recién ascendido a Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia visitiou aos nenos e nenas da Escola Deportiva do CEIP Doutor Fléming. Os xogadores do combinado Sénior Maculino compartiron cos máis pequenos a súa experiencia na Fase Final A4 disputada en Culleredo, vila […]

O C.B. Seis do Nadal – Coia organiza a fase final A4 da 1ª división infantil feminina 2015/2016

O Comunygal Seis do Nadal buscará unha das prazas ás 12:30 horas ante Peleteiro O Comunygal Seis do Nadal rematou no segundo posto da Fase Regular O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará o próximo sábado 21 de maio do 2016 no pavillón de Navia a Fase Final A4 Pizza Móvil Infantil […]

O Júnior Feminino do C. B. Seis do Nadal – Coia consegue o ascenso a 1ª div. a falta dunha xornada

O conxunto Júnior Feminino de Segunda División do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia conseguiu o Ascenso a Primeira División a falta dunha xornada do Grupo Sur daFase de Ascenso da Liga 2ª División Júnior Feminina. O equipo adestrado por Andrés Álvarez rematou na segunda posición do Grupo “C” Vigo-Ourense da Liga 2ª División […]

Comeza a conta atras para o 16º torneo de minibasquet “Concello de Vigo” 2016 do C.B. Seis do Nadal-Coia

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo sexta edición, reunirá nos próximos días 1 e 8 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma deGalicia e de Castela León, xuntando a máis de 300 nenos e nenas […]

Noa Comesaña, infantil do C.B. Seis do Nadal-Coia, convocada coa selección española U13 feminina

– Única xogadora galega que formará parte da Selección U13 Feminina – En total, tres xogadores galegos nas Seleccións U13 da Operación Talento Noa Comesaña, xogadora do conxunto Infantil Feminino “A” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, foi convocada coa Selección Española U13 Feminina para participar na Novena Edición do Memorial Pablo Barbadillo […]

COMUNYGAL Administrador de Fincas, novo colaborador do C. B. Seis do Nadal – Coia

Comunygal Administradores de Fincas convertese na presente tempada 2015/2016 en novo Colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Comunygal nace en Vigo en marzo do 2008 co obxectivo de aportar a profesionalidade, experiencia e coñecementos dos seus socios fundadores á Xestión das Comunidades de Propietarios. Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos a confianza e […]

Gran xornada de convivencia e baloncesto este C.B Aluche de Madrid e C.B. Seis do Nadal-Coia

O domingo día 20 de marzo do 2016 o Club Baloncesto Aluche (Madrid) visitou ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia no que foi unha gran xornada de convivencia e moito baloncesto na pista do Colexio Celso Emilio Ferreiro. O Club Baloncesto Aluche visitou a nosa cidade e ao noso club cos equipos Infantil Masculino, […]

Campus Joe Arlauckas-Tui 2016

O Campus Joe Arlauckas-Tui volverá abrir as súas portas entre os días 4 e 9 de xullo de 2016, ambos inclusive, datas nas que volverá estar en Tui o estadounidense Joe Arlauckas, director do Campus i ex xogador da NBA e do Real Madrid. A organización do Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex seleccionador […]