En Marea solicita a revisión da concesión da AP-9

Hoxe ás 10.30, os candidatos da lista de En Marea pola provincia de Pontevedra, Eva Solla, Juan Merlo e Paula Quinteiro participaron nunha rolda de prensa na autoestrada AP9 en Chapela (Redondela), para reclamar a transferencia da titularidade desta infraestructura á Xunta de Galicia. Eva Solla, deputada no Parlamento galego na pasada lexislatura e número […]

O PP aposta polo comercio como aglutinador social e xerador de riqueza e emprego

O candidato Ignacio López-Chaves destaca “o esforzo do noso comercio” que se ten convertido en “clave” na consolidación do crecemento económico.  Lembra que as vendas en Galicia aumentaron nun 4,5% o último ano, sumando 23 meses de crecemento interanual no comercio ao por menor.  A presidenta do Congreso, Ana Pastor, acompañada polo presidente provincial, Alfonso Rueda, polos candidatos vigueses –Teresa Egerique, […]

Luís Villares é arroupado por Ada Colau e  os alcaldes do cambio no seu mitin central na Coruña

Luís Villares: “Un país xusto é solidario e igualitario, por iso os alcaldes do cambio dades exemplo coa renda social básica como paso previo ao que faremos na Xunta a partir do 25 de setembro.” Ada Colau: “Como Ada cidadá veño a escoitar e aprender do pobo galego, que tantas veces se mobilizou na defensa […]

O PP salienta a importancia do turismo como motor de desenvolvemento económico e social na Galicia do 2020

Castro subliña a repercusión dunha industria que suma o 11% do PIB galego e xera o 12% do emprego.  Destaca o peso de Vigo na proposta turística galega, con máis de 600.000 pernoctacións acadadas o ano pasado.  Avoga por seguir a traballar para que Galicia acade a final de ano os 5 millóns de turistas  O presidente provincial, […]

Luís Villares: “Un país xusto mantén a mocidade na súa terra e non goberna para traficantes de miseria“

En Marea mantivo esta tarde un encontro coa veciñanza de Viveiro no Teatro Pastor Díaz no que estiveron presentes o candidato á presidencia da Xunta de Galicia e cabeza de lista por Lugo, Luís Villares, a número 2, Paula Verao, o número 7, Bernardo Fraga, o número 9, Marcos Besada, e a deputada de En […]

“Revertir los recortes en Sanidad  depende de voluntad política”

En el centro de Santiago, a cielo abierto y en la Praza do Toural, Recortes Cero – Grupo Verde ha celebrado un debate en el que han participado Adrián Martínez, médico ambientalista, profesor y miembro de la Coordinadora Estatal de Recortes Cero, Camilo Cores, médico de urgencias y emergencias del 061 de Pontevedra y candidato de la coalición, […]

Luís Bará: “No BNG somos un produto 100% galego: a nosa razón de ser é defender a Galiza”

O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra criticou a falta de acordo das forzas de esquerda en Madrid para chegar a un goberno alternativo a Rajoy e dixo que “aquí non vai ser por nós”. “No BNG somos un produto 100% galego: A nosa razón de ser é defender a Galiza”. Así o indicou hoxe o cabeza […]

En Marea reivindica en Teis o pequeno comercio como base da economía

En Marea recalou hoxe venres na praza do Mercado de Teis para remarcar o compromiso da candidatura co comercio de proximidade e os pequenos empresarios, verdadeira base económica do tecido do país. O acto contou coa presenza das candidatas Carmen Santos, Paula Quinteiro e Juan Merlo, acompañados nesta ocasión pola deputada en Cortes Alexandra Fernández. […]

Luís Bará: “O Galtrén é a aposta do Bng por un tren de proximidades real”

Pediu “un tren do século XXI con infraestruturas do século XXI” para a liña do Miño e Portugal O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do 25-S, Luís Bará, mantivo esta mañá un encontro cos representantes dos comités das empresas públicas ADIF e Renfe na estación de Guixar, en Vigo, para coñecer e recoller […]

En Marea reclama ao Goberno central que se produza de xeito inmediato a poxa eléctrica para dar viabilidade ao proxecto empresarial de Alcoa para 2017

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, reuniuse esta mañá cos representantes dos traballadores de Alcoa San Cibrao para por unha banda escoitar as súas demandas e trasladar o apoio de En Marea as súas reclamacións. Villares reclamou ao Goberno central que a poxa eléctrica que se produza de […]

Luís Villares: “A negativa de Feijóo a debater na TVE demostra a súa ignorancia e covardía política“

En Marea lamenta a covardía de Feijóo que se negou a participar no debate que estaba a organizar a canle pública de televisión estatal TVE. En Marea amosou dende o primeiro momento a súa disposición a participar nun debate a cinco que pretendía organizar a canle de televisión estatal pública. Hoxe mesmo En Marea acudiu […]

En Marea chega ás praias de Bouzas para falar de ecoloxía e modelo enerxético.

As candidatas de En Marea pola provincia de Pontevedra presentaron hoxe nunha comparecencia na praia de Bouzas as propostas que a formación recolle no seu programa electoral no eido da ecoloxía, a economía extractiva e a defensa das rías. Xabier Simón, responsable programático de ecoloxía, na compaña dos candidatos Carmen Santos, Eva Solla e Juan […]

O PP pon á nova depuradora como exemplo do compromiso de Feijóo con Vigo

O candidato Javier Dorado subliña que a aposta da Xunta por Vigo permitiu afrontar “a maior inversión en materia hidráulica da historia de Galicia”, que dará servizo a 800.000 habitantes.  Egerique destaca que o día 25 “Vigo e Galicia deben elixir entre os feitos que reflicten o traballo de moitos anos ou a crispación e as palabras valeiras” A número […]

En Marea aprobará un Decreto de garantías sociais mínimas como primeira medida do Goberno despois do 25 de setembro

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, reuniuse esta mañá cos representantes da Rede Galega contra a pobreza (EAPN) aos que presentou as medidas incluídas no programa de En Marea para acabar coa actual situación de exclusión e invisibilidade a causa das políticas contra a cidadanía do goberno de Núñez Feijóo. Ao […]

Ana Pontón: “O BNG quere abrir un tempo novo para a cultura e deixar atrás a invernía destes últimos anos”

O cabeza de lista de Pontevedra subliñou a necesidade dunha “cultura viva na que a xente sexa protagonista”. A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, asegurou hoxe en Redondela que o BNG quere abrir un tempo novo para a cultura deixando atrás a “invernía” cultural destes últimos anos. Así o manifestou nun encontro con representantes […]

“La redistribución de la riqueza es también una herramienta contra la violencia de género”

Recortes Cero – Grupo Verde celebra un debate en el centro de Santiago de Compostela en torno a los derechos y libertades de las mujeres. En la Praza do Toural, la candidata a la Presidencia de la Xunta, Pastora Fernández, y la cabeza de lista por Lugo, Sara Puga, junto a otras candidatas, profesionales y activistas, han […]

Compromiso propón a creación  dunha institución pública de crédito  empresarial

Propón aproveitar entidades xa existentes para a creación do novo banco público de crédito. ”É preciso crear un observatorio de comercio internacional para os produtos galegos”. O candidato á Xunta por Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, visitou este martes Lalín para participar nun mitin, ao que asistiron unhas cen persoas, e nunha charla organizada pola Asociación de Empresarios de […]

En Marea trasladou aos traballadores de Alcoa seu compromiso co sector industrial

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, e a candidatura da Coruña mantiveron esta mañá un encontro cos representantes dos traballadores de Alcoa na Coruña tras o que En Marea reclamou ao Goberno que saque adiante de xeito inmediato a poxa enerxética que precisa a empresa e que se vinculen as subvencións […]

En Marea reúnese con representantes de diferentes asociacións do sector pesqueiro

A sede da Marea de Vigo acolleu este mércores un encontro sectorial entre os representantes da candidatura de En Marea e responsables do sector pesqueiro do cerco e do marisqueo da Ría de Vigo, como Mulleres do Cerco, ACERGA e Armadores de Artes Menores. Os representantes dos mariñeiros do Long Hope afectados polas xubilacións de […]

Recortes Cero- Grupo Verde organiza un debate sobre a defensa dos dereitos das  mulleres

Este mércores 14 de setembro ás 19 horas no Marco (r/ Príncipe) a candidata á Presidencia da Xunta de Recortes Cero – Grupo Verde, Pastora Fernández, participará nun debate xunto a outras candidatas de Recortes Cero – Grupo Verde, profesionais e activistas, ao redor dos principais retos aos que se enfrontan as mulleres para avanzar na defensa dos seus […]

Compromiso por Galicia (CxG) demanda unha nova rezonificación escolar para Vigo

Para Compromiso por Galicia (CxG), un ensino de calidade é primordial para o noso futuro como sociedade libre. En consecuencia entendemos que hai importantes mudanzas pendentes no actual modelo educativo en Galicia. Entre eles está a inclusión da etapa de 0 a 3 anos, o deseño dunha nova política de transporte escolar e unha rezonificación […]

EN MAREA aposta por rematar coa precariedade laboral na Sanidade Pública

Esta mañá representantes da candidatura de En Marea visitaron o Centro de Saúde de Lalín para coñecer de preto as deficiencias do centro sanitario, deficiencias coas que se atopan a maioría dos centros pertencentes á rede sanitaria pública galega. Na rolda de prensa posterior a esta visita, a deputada e candidata de En Marea, Eva […]

Feijóo presenta o programa Galicia 0-35 para “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”

O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe en Vigo o Programa Galicia 0-35, unha iniciativa que quere “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”. Entre as medidas que inclúe este programa figuran chegar ao 40 por cento de ratio de cobertura das escolas infantís públicas, continuar coa tarxeta Benvida e ampliala ata os tres anos da vida do […]

O BNG aposta por converter as instalacións da antiga ETEA en Teis, nun espazo científico-tecnolóxico dotacional

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que Galiza debe contar con centros de alto nivel e excelencia científica como o Campus do Mar de Vigo. Bará destacou que o BNG centrará os esforzos de I+D e innovación naqueles campos e especializacións, que, como o da investigación mariña, máis contribúen […]