En Marea porá en marcha a Lei Galega de Educación

Ánxeles Cuña presentou en Ourense algúns dos puntos fundamentais do programa de goberno de En Marea en materia educativa, un programa que terá como cumio a creación dunha Lei Galega de Educación que estará sustentada na comunicación, na transparencia e na interlocución directa con toda a comunidade educativa e coa sociedade. Segundo explicou Ánxeles Cuña, […]

Luís Bará: “Galiza precisa un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social”

A parlamentaria Ana Miranda anunciou que o BNG vén de conseguir un encontro coa comisaria de Asuntos Sociais e Emprego da UE. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que é preciso que Galiza conte un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social e o benestar dos galegos e as galegas […]

Luis Villares: “Un país xusto é un país onde os gandeiros cobran un prezo xusto polo leite”

En Marea rematou a súa segunda xornada electoral cun encontro coa veciñanza da Estrada na que o candidato á Xunta de Galicia, Luís Villares, xunto coa cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, o número 2, Marcos Cal, e a número 3 , Eva Solla. Luís Villares arrancou poñendo en valor o […]

Luís Bará: “O BNG ten proxecto e solvencia para levar adiante a mellor política social: poñer Galiza a producir”

“Non hai mellor política social que a que aposta por poñer o país a producir, por desenvolver todo o seu potencial, por crear riqueza e emprego de calidade e por garantir desde o público servizos para toda a poboación”. Así o dixo hoxe en Redondela o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen […]

En Marea anuncia como prioridade do seu goberno o saneamento integral das rías e acabar coa privatización do mar que pretende o PP

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, arrancou o seu discurso en Vilagarcía de Arousa afirmando que non hai máis que mirar o tuit do PP tras ver hoxe as enquisas publicadas no que dicía: “¿Imaxinas que perdemos por un?“. “Nós dicímoslles que estean tranquilos que non vai ser por un senón […]

A PAH e STOP Desafiuzamentos reunidos en Galicia ante a convocatoria da eleccións autonómicas deciden que o dereito á vivenda entre en campaña electoral

Os Grupos STOP/PAHs de Galicia ante a proxima convocatroria de Elecións ao Parlamento de Galicia, as elecions Autonómicas dirixímonos a todas as forzas politicas para comunicarlles a nosa petición irrenuciable a que os 5 puntos que a continuacion enumeramos formen parte dos vosos programas Electorales. Este proceder xa o fixemos en anteriores convocatorias electorais, polo que non é nada […]

ECONOMÍA, SANIDADE e MAR, temas centrais do encontro de En Marea coa cidadanía de Moaña

As candidatas de En Marea pola provincia de Pontevedra participaron esta tarde nun mitin en Moaña no que a economía, a sanidade e a situación dos sectores primarios, especialmente o mar, foron os focos principais de atención. O encontro celebrouse no colexio público Reibón e contou coa participación dos candidatos Mariano Abalo, a número tres, […]

Luís Bará: “Rajoy e Feijóo deben condear as ameazas contra os deputados do BNG ou serán cómplices de prácticas paraterroristas”

Lembrou que o goberno do BNG na Deputación “seguirá a eliminar o caciquismo instalado na época de Louzán” porque “non nos van amedrentar”. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, esixiu hoxe a Mariano Rajoy e a Núñez Feijóo que “fagan unha condena enérxica da campaña mafiosa, de coaccións e de ataques á dignidade que […]

En Marea arranca a campaña electoral co compromiso de reconstruír o país para acabar coa destrución e miseria na que Feijóo sumiu ao noso país

En Marea arrancou hoxe a campaña en Galicia co seu acto central de pegada de carteis en Lugo onde o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, afirmou que “comeza a campaña electoral en Galicia, un país que Feijóo deixa 220.000 parados. Feijóo é paro. Cos xulgados cheos de corrupción, coa Pokemon, con […]

Egerique avoga por unha “campaña en positivo” para acadar unha vitoria que garanta “a estabilidade de Galicia e o futuro de Vigo”

Aposta por revalidar unha maioría absoluta que permita “garantir o traballo feito e seguir a impulsar o crecemento, fronte ao caos que suporía a suma de todos os demais”.  Militantes e simpatizantes do Partido Popular de Vigo achegáronse esta media noite a un céntrico local da cidade, o Mom, para celebrar o acto de inicio da campaña electoral, participando a […]

Luis Bará: “Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”

O candidato do BNG criticou durante a pegada de carteis ás forzas que “din querer derrotar ao PP en Madrid, pero que fan pinza con el en Pontevedra contra o noso modelo de cidade”. “Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”. Así o asegurou hoxe o candidato do BNG pola provincia […]

Román Rodríguez compromete o apoio do PP ás escolas e bandas de música a través de axudas

Román Rodríguez, candidato ao Parlamento de Galicia por Pontevedra, comprometeuse en Vigo a apoiar ás escolas de música e ás bandas de música cun obxectivo prioritario que é o de asegurar, fomentar e recoñecer o labor formativo, social e educativo que levan a cabo estas entidades. Nun acto no que estivo acompañado por Teresa Egerique, número tres da lista do […]

O BNG propón a creación dun Consello Galego de Persoas con Discapacidade

O BNG recolle o malestar de asociación de discapacitados e colectivos de enfermos porque as leis nin se cumpren nin se dotan con orzamentos. Noa Presas, cabeza de lista do BNG ao Parlamento galego, escoitou onte a distintas organizacións de axuda a persoas con discapacidade e colectivos de persoas afectadas por enfermidades. A candidata nacionalista […]

Ana Pontón: “Algúns converten a campaña nunha competición de estrelas invitadas ou estreladas”

A candidata nacionalista afirma que nas eleccións galegas non está en xogo o futuro de Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias ou Rivera, está en xogo “abrir un tempo novo par crear emprego recuperar os servizos públicos e apostar pola igualdade” No inicio da campaña lectoral, a  candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, […]

Feijóo avanza a construción de 1.600 vivendas protexidas, a mellora das infraestruturas educativas e a apertura dunha nova residencia de maiores

Pon en valor que Vigo terá a Cidade da Xustiza que merece no inmoble do antigo Hospital Xeral, sendo así a maior infraestrutura xudicial da historia da Autonomía. Asegura que continuarán as intervencións nas infraestruturas no Hospital Meixoeiro e no Álvaro Cunqueiro, estando previsto para este último o desenvolvemento de novas unidades.  Salienta que, grazas á lealdade dos populares con […]

Olalla Rodil: “O que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica”

A candidata do BNG – Asambleas Abertas acusou ao PP de “crear unha sanidade privada para ricos e deixar ao resto da xente a expensas da beneficencia”. Para Rodil “a discriminación que está a sufrir Lugo a respecto do servizo de hemodinámica as 24 h é unha pataleta do PP”. Olalla Rodil participou onte, en […]

En Marea promete recuperar á inversión para a Cultura en Galicia

Ánxeles Cuña, cabeza de lista de En Marea por Ourense, e David Rodríguez, número 2 da provincia, reuníronse cos representantes dos colectivos culturais carballiñeses, unha comarca que conta cun tecido de arredor de trinta asociacións segundo o concelleiro carballiñés por Alternativa Veciñal. Ánxeles Cuña explicou que a vocación de En Marea e do goberno autonómico […]

O BNG propón o Plan Retorna para reverter a marcha de mozas e mozos fóra do país

O BNG cree necesario unha inmediata conxelación das taxas universitarias para rebaixalas despois progresivamente. No Campus de Ourense é fundamental apostar pola incorporación do portugués para a aprendizaxe e o intercambio de coñecemento coas universidades de Portugal e outros países lusófonos. “Temos futuro, pero moito do noso futuro está fóra, nas mans de mozas e […]

Luís Bará: “É necesaria unha aposta estratéxica de país para facer competitivo o sector do leite galego”

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra defendeu onte a necesidade de crear un Grupo Lácteo Galego na súa visita a COBIDEZA. Recoñeceu o traballo realizado polas cooperativas para fortalecer o posicionamento do leite galego nun mercado moi complexo. O cabeza de lista do BNG ás eleccións galegas pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, […]

Luís Bará: “No BNG queremos unha cultura viva, participativa, co protagonismo da xente”

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra reuniuse onte con entidades e persoas do ámbito da cultura da zona do Salnés O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra para as eleccións galegas, Luís Bará, subliñou hoxe en Cambados que o BNG aposta por “unha cultura viva e participativa que […]

Ana Pontón comprométese con SEAGA a rematar coa precariedade do servizo de extinción de incendios

Nun encontro con traballadoras e traballadores da empresa pública SEAGA, a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón manifestou que é necesaria unha  “nova política forestal ” centrada na prevención,  uso multifuncional do monte e  cambios estruturais que  poñan fin ao drama dos incendios. Tras o encontro con representantes da empresa pública SEAGA, […]

Luís Bará: “Hifas da Terra é exemplo da Galiza puxante e innovadora que queremos”

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra destacou onte o labor de innovación e investigación da empresa de cogomelos no ámbito da oncoloxía. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, puxo onte como exemplo das potencialidades de Galiza o traballo feito empresa Hifas da Terra, da que destacou a […]

“Era previsible a quince días das eleccións que Feijóo viñera a anunciar unha vez máis unha carga de traballo no naval que nunca termina por se facer realidade”

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea, Luís Villares, lamentou o uso partidista e electoral que está a facer o candidato do PPdeG, Núñez Feijóo, dunha empresa pública como Navantia e un sector tan importante para o noso país como o naval. “Era previsible a carga de traballo nos estaleiros a […]