🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Praza do Reló pecha este venres o Música nas Prazas 2018 coa actuación de Pepe Vaamonde Trío

Este venres día 7 de setembro de 2018, a Praza do Reló da Guarda acolle a terceira e derradeira cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Pepe Vaamonde Trío» ás 22:00h. Despois das dúas sesións anteriores celebradas nos meses de xuño e agosto nas Prazas de Salcidos e de San Amaro en Camposancos, coas actuacións «Liquen» […]

Éxito de participación nas visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda finalizou o pasado xoves congregando a máis de medio centenar de persoas por cada unha das 7 visitas realizadas polo casco histórico da Guarda entre os meses de xullo e agosto. Esta actividade na que se mistura o contido histórico, a amenización musical e o […]

O libro solidario Elefantes de papel remata a súa andaina a través de dous peches de proxecto

O libro solidario Elefantes de papel remata a súa andaina a través de dous peches de proxecto que terán lugar o xoves, 28 de xuño ás 20.00h. no centro cultural da Guarda e o venres, 29 ás 19.30h. no salón de actos da ONCE en Vigo. En ambos os dous, os autores desta travesía, María […]

Alumnado de FP do IES A Sangriña da Guarda realiza as súas prácticas académicas en Lisboa

O alumnado de Formación Profesional (FP) do IES A Sangriña está a participar no programa Erasmus+ coa realización das súas prácticas académicas en Lisboa. Un total de 10 alumnas e alumnos de FP permanecen dende abril no país veciño, co obxectivo de adquirir novas ferramentas profesionais complementarias á súa formación académica, ao tempo que se familiarizan […]

O Concello da Guarda presenta a axenda de actividades para este verán

A Casa dos Alonso acolleu esta mañá a presentación da nova axenda de actividades para o verán 2018 na Guarda. A concelleira de Cultura, María Elena Baz, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foron os encargados de dar a coñecer a completa programación cultural, gastronómica e deportiva da que poderán gozar veciñas, […]

Pòvoa de Varzim visitou A Guarda para dar a coñecer as súas Festas de São Pedro

A vareadora de Turismo da Câmara Municipal da Pòvoa de Varzim, María Lucinda Campos, visitou o pasado sábado A Guarda co fin dar a coñecer e convidar aos guardeses e guardesas ás festas grandes da localidade portuguesa, que se celebrarán entre o 28 de xuño e o 7 de xullo na honra de San Pedro. A edil lusa […]

A OMIX da A Garda abrirá o prazo de inscrición no Campamento Urbano de verán o 4 de xuño

As actividades do Campamento Urbano desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e a primeira semana de setembro no antigo colexio Sinde. A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda impulsa unha nova edición do Campamento Urbano durante os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro.  Esta é […]

O prazo de inscrición no II Campus Deportivo de Fútbol comeza o 1 de xuño

A programación de actividades estivais para os rapaces e rapazas na Guarda comezará na primeira quincena de xullo co II Campus Deportivo de Fútbol, no que poderá participar a mocidade de 5 a 15 anos. As actividades darán comezo o 2 de xullo no estadio de fútbol municipal e levaranse a cabo de luns a […]

O CEIP M.R. Sinde de A Guarda recibiu a 15 mestres europeos do proxecto Erasmus+

O Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Manuel Rodríguez Sinde recibiu a pasada semana a 15 docentes de distintos países europeos participantes no proxecto Erasmus+ «Terra Vita», orientado ao intercambio de experiencias e boas prácticas no eido educativo e medioambiental. As mestras -procedentes de centros de ensino infantil, primario e educación especial de Bulgaria, […]

Os «praceiros» presumen de produtos na campaña internacional «Quere o teu mercado»

A Praza de Abastos da Guarda está  participar na campaña internacional «Quere o teu Mercado», orientada á promoción e posta en valor dos mercados municipais potenciando a compra de produtos frescos e locais. A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Praza de Abastos e o Concello da Guarda, desenvólvese durante esta segunda […]

O concello da Guarda organiza unha andaina pola ruta máxica de Oia o sábado 26 de maio

A andaina Ruta Máxica de Oia foi programada para dar comezo as Andainas organizadas polo Concello da Guarda e Caminha pero debido ás malas previsións meteorolóxicas do mes de marzo foi aprazada. Finalmente esta andaina terá lugar o próximo sábado 26 de maio polo que os interesados deben confirmar a súa asistencia na Oficina de […]

A OMIX impulsa un novo obradoiro creativo de elaboración de selos estampables

A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza un obradoiro creativo de iniciación ao gravado en relevo e creación de selos estampables (stamp carving) para o vindeiro 26 de maio. Os e as participantes poderán iniciarse na técnica básica de tallado e estampaxe manual, aplicada á creación de selos personalizados. O […]

«Comercio innova» arrinca esta semana con 8 establecementos participantes

O programa de innovación comercial «Comercio innova» desenvolverase ata finais de xuño coa implantación dun plan de mellora individualizado. A campaña de dinamización comercial «Comercio innova», impulsada polo Concello da Guarda, comeza esta semana a traballar con establecementos comerciais da vila co obxectivo de axudalos a optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos. «Comercio innova» defínese como un […]

Escolares da Guarda gozan dun espectáculo de maxia na semana das Letras Galegas

Preto de medio millar de cativas e cativos dos centros escolares guardeses gozaron esta mañá do espectáculo de maxia «Ilusións por e para María Victoria Moreno» da man do ilusionista Martín Camiña. A actividade, inicialmente programada para ser celebrada no Auditorio de San Bieito, desenvolveuse finalmente na Casa dos Alonso. Alí, os e as escolares […]

A V edición da ruta gastronómica «Tapearte» comezará a vindeira fin de semana

A Guarda acollerá a quinta edición da ruta gastronómica «Tapearte» a partir do  venres 18 de abril. Durante tres fins de semanas consecutivas, veciñanza e visitantes poderán degustar preto dunha vintena de diferentes tapas nos establecementos guardeses participantes, que ofrecerán as súas creación a un prezo unitario de 2€. A ruta gastronómica, organizada polo Concello […]

O alumnado do IES A Sangriña impulsa o galego con rap, skate e graffiti

O alumnado do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña participou esta mañá na primeira edición das actividades de arte urbana «A cultura na rúa», organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do instituto público e o Concello da Guarda. As actividades desenvolvéronse durante toda a mañá con distintos cursos nos que as rapaces e rapazas […]

O 6 de xuño abre o derradeiro prazo de petición de citas para a renovación do DNI en 2018

As persoas que precisen renovar o seu Documento Nacional de Identidade (DNI) de A Guarda entre setembro e decembro deste ano, poderán solicitar a súa cita a partir do vindeiro 6 de xuño. De acordo co calendario da unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo, as renovacións poderán realizarse na Casa dos Alonso […]

A Unidade Móbil de doazón de sangue estará en A Guarda o 11 e 12 de maio

A Unidade móbil de doazón de sangue estará en A Guarda na Praza Avelino Vicente (na parada do bus, fronte a Fróiz) o vindeiro venres 11 de maio en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas. Tamén estará o sábado 12 de maio de 10:00 ás 15:00 horas. A Axencia de […]

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 3 ao domingo 8 de abril

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 8 de abril coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

O Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha saída ao Courel

Este ano organizase de novo unha fin de semana no Courel despois da boa experiencia do pasado ano. Polo que o Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha nova edición na que se volverá a desfrutar da gran riqueza natural e paisaxística desta Serra luguesa. As datas escollidas son os días 12 e 13 de […]

Horario do transbordador A Guarda – Caminha  do martes 27 de marzo ao domingo 1 de abril

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 1 de abril coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

Proceso selectivo para a contratación dun guía turístico para o Monte Santa Trega

O Padroado Municipal do Monte Santa Trega ven de convocar un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha guía turístico para o Monte Santa Trega. A contratación terá unha duración de 6 meses, prorrogables ata un máximo de 8 meses. As bases da convocatoria, así como os formularios de solicitude de participación no proceso, atópanse […]

O salón de actos do Centro Cultural acollerá mañá, xoves 22 de marzo, a representación da obra de teatro «Elisa e Marcela». As persoas que posúan as entradas para acceder ao espectáculo, deberán presentarse antes das 20:30 h no edificio. A obra «Elisa e Marcela», da compañía teatral A Panadaría, baséase na historia real de […]

Alumnado da Sangriña impulsa unha campaña para fomentar o uso do galego no comercio

O Equipo de Normalización Lingüística do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña mantivo unha reunión con representantes das tres principais asociacións de comerciantes da vila para presentarlles a campaña «O galego, produto estrela», coa que o alumnado pretende normalizar o uso da lingua nos carteis e outros elementos informativos e publicitarios dos establecementos comerciais e hostaleiros […]

O concerto de Femininoplural en A Guarda trasladarase á Casa dos Alonso ante a predición de choiva

O concerto de Femininoplural programado para mañá, sábado 10 de marzo, na praciña de San Marcos, trasladará previsiblemente o seu lugar de celebración á Casa dos Alonso por mor da predición de choiva. O dúo, formado por Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado) ofrecerá entón un concerto no que mesturarán a música, […]

As «Barferencias» conclúen este venres na Guarda cun faladoiro centrado na lamprea

O ciclo «Barferencias de Inverno 2017/2018» chegará ao seu fin o vindeiro venres, 2 de marzo, co faladoiro «De roteiro nas costas da lamprea», da man do profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Uvigo), Manuel Ángel Pombal. O biólogo ofrecerá durante a súa charla un repaso á evolución da lamprea, as súas principais […]

O Concello da Guarda impulsa un novo curso para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes

A  Concellería de Turismo ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. O obxectivo principal  é formar a novos camareiros/as na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as normas básicas de manipulación […]

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, recibiu a mañá de onte á xefa do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra, Cristina Paz-Curbera, e o técnico de Costas, Antonio Iglesias, para amosarlle a progresiva deterioración que sofre a praia da Lamiña. Ao encontro tamén asistiron o  tenente de alcalde e concelleiro de Vías e […]

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información as Mulleres (CIM), conmemorará o Día Internacional das Mulleres cunha programación cultural orientada a dar visibilidade ao traballo das mulleres creadoras e recoñecer o papel na Historia das persoas transgresoras que loitaron polos seus dereitos. Nesta liña, a obra teatral «Elisa e Marcela», da compañía A […]

Preto de 350 nenos e nenas  dos centros de educación infantil, educación especial e primeiros cursos de educación primaria participaron na iniciativa  «Que che inspira?», elaborando debuxos orixinais baseados en versos da poesía rosaliana. As creacións do alumnado foron recollidas onte para ser colocadas no Concello da Guarda, a Praza de Abastos, o Centro Cultural […]

O Entroido guardés culminou cun divertido desfile tras cinco días de foliada

O Entroido guardés rematou o domingo 18 de febreiro coa celebración do tradicional desfile-concurso. Centos de persoas congregáronse ao longo das rúas entre a «esquina Famosa» e a Alameda para gozar da festa, na que participaron comparsas, carrozas e disfraces a nivel individual ou en grupo. O Entroido comezou o pasado xoves 15 de febreiro […]

A Guarda conmemorará o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con seis días de actividades dirixidas ao alumnado escolar, o comercio e o público en xeral, coa xa tradicional «Semana por Rosalía» orientada á divulgación da figura e obra da autora, referente literario da nosa cultura. As actividades comezarán o 19 de febreiro […]

«Alzheimer e outras demencias»: Charla divulgativa o 16 de febreiro no Centro Cultural

O encontro comenzará as 20:30 horas e abordará aspectos relevantes como síntomas, sinais de alarma e características da enfermeidade de Alzhéimer, da man da psicóloga de AFAGA, Maxi Rodríguez. O Centro Cultural acollerá mañá, 16 de febreiro, a charla «Alzheimer e outras demencias», organizada pola Asociación  de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia […]

La citania de Santa Trega, presente en el vídeo de Marca España como muestra de la cultura milenaria

El vídeo promocional de Marca España para 2018, elaborado por Televisión Española (TVE), destaca el asentamiento castreño guardés como uno de los elementos sobresalientes del legado cultural y patrimonial del país. El montaje, titulado «España, tan singular como plural», pone en valor el potencial español a través del amplio legado patrimonial e histórico del país, con […]

O MASAT e o Museo do Mar volverán abrir a partir de mañá as portas no seu horario habitual na Guarda

O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e o Museo do Mar volverán abrir as súas portas a partir de mañá no seu horario habitual, tras o habitual paro de inverno. O MASAT retomará a súa actividade de martes a domingo en horario de inverno (de 11:00 a 17:00 horas), namentres o Museo do […]

Resultados da primeira proba no proceso selectivo de operarios de servizos varios do Concello de A Guarda

De acordo co artigo 8 da bases que regulan este proceso, os aspirantes teñen tres días hábiles para formular alegacións ás puntuacións obtidas. Así mesmo, por medio da publicación deste anuncio na sede electrónica do Concello, no taboleiro de anuncios e páxina web municipal convócase ós aspirantes á realización da proba práctica que terá lugar o vindeiro […]

Horario do transbordador A Guarda – Caminha do martes 13 ao domingo 18 de febreiro

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 18 de febreiro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

A deputación aproba en xunta de goberno o proxecto para a mellora integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o proxecto para a ‘Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal EP-3401 de acceso ao porto en A Guarda’. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o orzamento para a actuación ascende a 1.598.755 euros (financiados ao 70% con […]

O sábado comezará a servirse o «Menú de Entroido» nos sete restaurantes participantes na Guarda

A iniciativa gastronómica, impulsada polo departamento de Turismo, contará cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar por un prezo único de 18 euros. O menú por persoa constará dun primeiro prato a elixir entre caldo ou empanada, e un segundo composto por lacón con grelos, patacas e chourizo, amais dunha sobremesa típica […]

O curso preparatorio para o graduado en ESO comeza con 30 persoas inscritas

As clases, sen custe para o alumnado, impartiranse ata setembro no antigo colexio Sinde en horario de mañá, con profesorado cualificado e un programa de ensino orientado á superación do exame en modalidade libre. Prazo de matriculación nas probas As persoas interesadas en realizar a proba para a obtención do graduado en ESO xa poden […]