🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A OMIX impulsa un novo obradoiro creativo de elaboración de selos estampables

A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza un obradoiro creativo de iniciación ao gravado en relevo e creación de selos estampables (stamp carving) para o vindeiro 26 de maio. Os e as participantes poderán iniciarse na técnica básica de tallado e estampaxe manual, aplicada á creación de selos personalizados. O […]

«Comercio innova» arrinca esta semana con 8 establecementos participantes

O programa de innovación comercial «Comercio innova» desenvolverase ata finais de xuño coa implantación dun plan de mellora individualizado. A campaña de dinamización comercial «Comercio innova», impulsada polo Concello da Guarda, comeza esta semana a traballar con establecementos comerciais da vila co obxectivo de axudalos a optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos. «Comercio innova» defínese como un […]

Escolares da Guarda gozan dun espectáculo de maxia na semana das Letras Galegas

Preto de medio millar de cativas e cativos dos centros escolares guardeses gozaron esta mañá do espectáculo de maxia «Ilusións por e para María Victoria Moreno» da man do ilusionista Martín Camiña. A actividade, inicialmente programada para ser celebrada no Auditorio de San Bieito, desenvolveuse finalmente na Casa dos Alonso. Alí, os e as escolares […]

A Guarda celebrará a súa XI Feira do Libro o domingo 20 de maio

A undécima edición da Feira do Libro da Guarda celebrarase o vindeiro domingo 20 de maio na Praza do Reló. Alí, entre as 11:00 e as 20:00 horas,  librarías guardesas e da comarca ofrecerán o seu material cun desconto do 20% sobre o seu prezo orixinal. A xornada completarase cunha variada programación cultural e de […]

A V edición da ruta gastronómica «Tapearte» comezará a vindeira fin de semana

A Guarda acollerá a quinta edición da ruta gastronómica «Tapearte» a partir do  venres 18 de abril. Durante tres fins de semanas consecutivas, veciñanza e visitantes poderán degustar preto dunha vintena de diferentes tapas nos establecementos guardeses participantes, que ofrecerán as súas creación a un prezo unitario de 2€. A ruta gastronómica, organizada polo Concello […]

Aberto o prazo de inscrición no curso preparatorio para o graduado en ESO

O Concello da Guarda promove un novo curso preparatorio para as probas de obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que se celebrarán no mes de setembro en modalidade libre. O curso diríxese ao alumnado que non conseguiu o graduado ou a aquelas persoas que, debido a súa idade, atópanse fora do ámbito escolar. […]

O alumnado do IES A Sangriña impulsa o galego con rap, skate e graffiti

O alumnado do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña participou esta mañá na primeira edición das actividades de arte urbana «A cultura na rúa», organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do instituto público e o Concello da Guarda. As actividades desenvolvéronse durante toda a mañá con distintos cursos nos que as rapaces e rapazas […]

O 6 de xuño abre o derradeiro prazo de petición de citas para a renovación do DNI en 2018

As persoas que precisen renovar o seu Documento Nacional de Identidade (DNI) de A Guarda entre setembro e decembro deste ano, poderán solicitar a súa cita a partir do vindeiro 6 de xuño. De acordo co calendario da unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo, as renovacións poderán realizarse na Casa dos Alonso […]

A Unidade Móbil de doazón de sangue estará en A Guarda o 11 e 12 de maio

A Unidade móbil de doazón de sangue estará en A Guarda na Praza Avelino Vicente (na parada do bus, fronte a Fróiz) o vindeiro venres 11 de maio en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas. Tamén estará o sábado 12 de maio de 10:00 ás 15:00 horas. A Axencia de […]

Aberto o prazo de prematriculación no Conservatorio de Música da Guarda

O Conservatorio de Música da Guarda vén de abrir o prazo de prematriculación para o curso 2018/2019  nas súas distintas especialidades. As persoas interesadas en aprender a tocar a frauta traveseira, o clarinete, o saxofón, a guitarra eléctrica ou clásica, a gaita, o piano, a trompeta, a trompa, o trombón, a tuba, o violín ou […]

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 3 ao domingo 8 de abril

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 8 de abril coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

O Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha saída ao Courel

Este ano organizase de novo unha fin de semana no Courel despois da boa experiencia do pasado ano. Polo que o Concello da Guarda e Viaxes Eroski organizan unha nova edición na que se volverá a desfrutar da gran riqueza natural e paisaxística desta Serra luguesa. As datas escollidas son os días 12 e 13 de […]

A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura a mostra Nado en pedra na Guarda

Representantes da Escola de Cantería de Pontevedra e do Concello da Guarda acudiron ao Castelo de Santa Cruz na mañá do pasado sábado, 24 de marzo, para inaugurar a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos do centro. Ao acto de inauguración asistiron a concelleira guardesa e deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes, que desculpou a […]

Horario do transbordador A Guarda – Caminha  do martes 27 de marzo ao domingo 1 de abril

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 1 de abril coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

Proceso selectivo para a contratación dun guía turístico para o Monte Santa Trega

O Padroado Municipal do Monte Santa Trega ven de convocar un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha guía turístico para o Monte Santa Trega. A contratación terá unha duración de 6 meses, prorrogables ata un máximo de 8 meses. As bases da convocatoria, así como os formularios de solicitude de participación no proceso, atópanse […]

A obra de teatro «Elisa e Marcela» representarase o xoves no Centro Cultural

O salón de actos do Centro Cultural acollerá mañá, xoves 22 de marzo, a representación da obra de teatro «Elisa e Marcela». As persoas que posúan as entradas para acceder ao espectáculo, deberán presentarse antes das 20:30 h no edificio. A obra «Elisa e Marcela», da compañía teatral A Panadaría, baséase na historia real de […]

Alumnado da Sangriña impulsa unha campaña para fomentar o uso do galego no comercio

O Equipo de Normalización Lingüística do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña mantivo unha reunión con representantes das tres principais asociacións de comerciantes da vila para presentarlles a campaña «O galego, produto estrela», coa que o alumnado pretende normalizar o uso da lingua nos carteis e outros elementos informativos e publicitarios dos establecementos comerciais e hostaleiros […]

A campaña de concienciación «O que se enchufa, recíclase» chega mañá á Guarda

A campaña «O que se enchufa, recíclase» chegará mañá á Guarda para concienciar e sensibilizar sobre a importancia da correcta xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE). Para isto, dous asesores terán un punto informativo durante o venres 16, o sábado 17 e o martes 20 de marzo na Praza de Abastos (entre […]

A Guarda homenaxeará a Julia Sobrino cun festival poético-musical «sorpresa» este sábado

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, celebrará o vindeiro sábado, 17 de marzo, un festival poético-musical en homenaxe a Julia Sobrino, guardesa pioneira no ámbito cultural, social, empresarial e político na vila e a comarca. O acto comezará ás 19:30 horas no Centro Cultural, sen que se coñezan máis detalles sobre […]

O concerto de Femininoplural en A Guarda trasladarase á Casa dos Alonso ante a predición de choiva

O concerto de Femininoplural programado para mañá, sábado 10 de marzo, na praciña de San Marcos, trasladará previsiblemente o seu lugar de celebración á Casa dos Alonso por mor da predición de choiva. O dúo, formado por Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado) ofrecerá entón un concerto no que mesturarán a música, […]

As «Barferencias» conclúen este venres na Guarda cun faladoiro centrado na lamprea

O ciclo «Barferencias de Inverno 2017/2018» chegará ao seu fin o vindeiro venres, 2 de marzo, co faladoiro «De roteiro nas costas da lamprea», da man do profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Uvigo), Manuel Ángel Pombal. O biólogo ofrecerá durante a súa charla un repaso á evolución da lamprea, as súas principais […]

O Concello da Guarda impulsa un novo curso para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes

A  Concellería de Turismo ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. O obxectivo principal  é formar a novos camareiros/as na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as normas básicas de manipulación […]

O Concello reúnese con Costas para demandar unha solución á perda de terreo na praia da Lamiña

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, recibiu a mañá de onte á xefa do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra, Cristina Paz-Curbera, e o técnico de Costas, Antonio Iglesias, para amosarlle a progresiva deterioración que sofre a praia da Lamiña. Ao encontro tamén asistiron o  tenente de alcalde e concelleiro de Vías e […]

A Guarda conmemorará o Día Internacional das Mulleres con teatro e música

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información as Mulleres (CIM), conmemorará o Día Internacional das Mulleres cunha programación cultural orientada a dar visibilidade ao traballo das mulleres creadoras e recoñecer o papel na Historia das persoas transgresoras que loitaron polos seus dereitos. Nesta liña, a obra teatral «Elisa e Marcela», da compañía A […]