🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Máis dun cento de persoas asistiron ao concerto de «Helen & Shanna» na Praza do Seixiños

Música nas Prazas 2019 chegou o pasado venres día 13 de setembro ao seu fin tralos concertos de Caramelo Krew o 14 de xuño na Praza de San Queitano e de Blues do País o pasado venres día 16 de agosto na Praza de Avelino Vicente(As de Copas). Desta volta foi a quenda de «Helen […]

Arrancan as obras da mellora da seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta na Guarda

Esta semana iniciáronse as obras de remodelación e mellora da seguridade dos viarios municipais da Rúa Vigo e Celta na Guarda a través do proxecto DepoRemse da Deputación de Pontevedra. O Concelleiro de Vías e Obras no Rural, Miguel Español e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron esta mañá o arranque das obras na […]

A Guarda oferta un novo curso de formación para a xestión da hostalería e aloxamentos turísticos na rede

O Concello da Guarda organiza un novo curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos. Neste curso, totalmente de balde,  traballarase o perfeccionamento na xestión das redes sociais para mellorar reputación online, captación de clientes e branding da marca do establecemento. O curso terá unha duración total de […]

Apertura do prazo de inscrición das Deporte Escolas 2019-2020 da Deputación de Pontevedra

“Deporte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar. Formalización da inscrición A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de […]

O 29 de setembro tes unha cita co atletismo

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa vivirá o vindeiro día 29 unha edición moi especial. A proba atlética, entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal, xa ten as inscricións abertas e ademais desvela un amplo programa de actividades. A través da web championchipnorte.com se poden formalizar os datos para tomar parte […]

Martín Fiz apadriñará a 15k do atlántico 2019

Martín Fiz, o emblemático atleta que ten acadado numerosos éxitos a nivel internacional na especialidade de maratón, será o padriño e tamén participará na 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa, que se disputará o vindeiro 29 de setembro, cun percorrido polos Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. É un especialista […]

A Guarda preparase para unha intensa fin de semana

Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades nas que destacan o inicio das celebracións das Festas das Mercedes na Gándara, un Relatorio sobre Violencia de Xénero con Amelia Tiganus, o concerto de peche de Música nas Prazas 2019 con Helen & Shanna, a 2º churrascada de Buxán,  una nova sesión de Contos Contados, […]

Este sábado regresan os Contos Contados á Biblioteca da Guarda

Este sábado día 14 de setembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda retoma as sesións de Contos Contados cun contacontos sobre igualdade e diversidade a cargo de Bego Bras, que terá lugar ás 11:30h da mañá. Sabela é, en aparencia, unha nena coma outra calquera: chea de soños, valente, aventureira, alegre… pero se afondamos na […]

A 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta cabalar

O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira. […]

A Guardia Civil comprométese a incrementar a presenza policial nocturna na Guarda

Na mañá deste martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda,  Anxo Baz, mantivo unha reunión co Subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para tratar de mellorar a seguridade cidadá en coordinación e comunicación directa entre ámbalas dúas institucións. Anxo Baz trasladou as demandas […]

As Festas das Mercedes arrancan esta fin de semana

A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis. A programación para este sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás […]

Inscricións abertas para os Cursos de Ximnasia Sénior e Pilates na Guarda

A Omix da Guarda ven de abrir o prazo de inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates que terán comezo no vindeiro mes de outubro. O Curso de Pilates terá lugar os martes e xoves en horario de 19:00h a 20:00h, cun custe de 28,50€ ao mes. O Curso de Ximnasia Sénior terá […]

A Guarda realiza diversas obras mantemento nos centros de ensino do municipio

O Concello da Guarda ven de acometer diversas obras de mantemento nos centros de ensino da vila de cara ao inminente comezo do novo curso lectivo. Deste xeito traballouse ao longo do verán no Colexio Manuel Rodríguez Sinde, no CEIP A Sangriña, no CEIP Nicolás Gutiérrez Campo «Solanas» e na Escola Infantil da Gándara, realizando […]

O tenente de alcalde da Guarda reunirase este martes co Subtenente do Posto da Guardia Civil da Guarda

Mañá martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda,  Anxo Baz, manterá unha reunión co Subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para entre outros temas, tratar o recente incremento de furtos en establecementos comerciais na vila. Deste xeito, Anxo Baz pedirá novamente un operativo […]

Proceso extraordinario para cubrir dúas prazas na Escola Infantil Municipal da Guarda

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que o próximo día luns 9 de setembro 2019 a Escola Infantil Municipal abre un proceso extraordinario para cubrir 2 prazas vacante a media xornada de tarde na aula de 0-1 anos de idade. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude […]

A Guarda forma parte do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

O pasado mércores o tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía […]

As Festas da Guía e a Travesía a Nado centran a programación desta fin de semana na Guarda

A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan a XXIV Travesía a Nado do Porto da Guarda e as Festas na honra da Virxe da Guía, ademáis de visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións. VENRES 6 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio […]

Obradoiro de Cociña verde e superalimentos e xornada de Micoloxía na Guarda

A Omix da Guarda organiza para os meses de outubro e novembro novas actividades nas que se inclúen un Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos e unha Xornada de Micoloxía. O Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos terá lugar os venres en horario de 18:00h a 20:30h dende o 18 de outubro ata o 15 […]

Programación de cursos para nenos e adultos na Aula CeMIT da Guarda ata fin de ano

A Aula CeMIT da Guarda ven de lanzar o calendario coa programación de novos cursos de informática de balde para nenos e adultos para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición,  os cursos serán en horario de mañá e de tarde. […]

Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial o 13 de setembro na Guarda

O vindeiro venres día 13 de setembro o Centro Cultural da Guarda acollerá un Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM(Centro de Información á Muller) da Guarda . O acto, que terá lugar ás 20:00h, tratará sobre os Avances e retos de futuro na loita contra […]

A Guarda acolle esta fin de semana as Festas na honra da Virxe da Guía

A Guarda acolle do 6 ao 8 de setembro as Festas na honra da Virxe da Guía que arrancarán na xornada do venres cun Serán musical no que participarán diferentes grupos tradicionais da zona a partires das 22:00h na Praza da Guía. Esta primeira xornada de festexos rematará con varias actuacións de DJ´s a partires […]

O Concello da Guarda xa está conectado a S.I.R

Dende o pasado mes de xullo o Concello da Guarda está conectado ao SIR (Sistema de interconexión de rexistros)  o que permite dende esa data facer envíos a calquera outra administración de xeito electrónico, sempre e cando esta tamén estea conectada a dito sistema. Deste xeito o servizo do Portelo da Xunta de Galicia xa […]

15 embarcacións participaron o pasado sábado no 10º Cruceiro Río Miño

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organizou o pasado sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C que contou coa participación dun total de 15 embarcacións. A regata disputouse nun único formato […]

Últimos días de inscrición para a XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

Este sábado día 7 de setembro celebrase no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs. Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda e Noko Deporte y Salud.  Contará coa colaboración do […]