🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina centra a Barferencia deste venres na Guarda

Este venres día 1 de febreiro de 2019 terá lugar a segunda Barferencia do ano na Guarda, en concreto falarase sobre «Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica» a cargo de Luis Francisco López González. Esta é a cuarta Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30h no bar O Couto de Camposancos, […]

Rematan na Guarda as sesións formativas de “Comercio Innova Plus”

O Concello da Guarda rematou este luns o Programa de Innovación para o Comercio “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unhas actividades nas que se incluíron xornadas formativas, píldoras e charlas dende o pasado mes de novembro de 2018. O luns día 28 de xaneiro tivo lugar a última charla […]

Excepcional acollida na sesión de “Contos contados” do pasado sábado na Biblioteca Pública Municipal da Guarda

O pasado sábado día 26 de xaneiro de 2019 a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou unha nova sesión de «Contos contados» coa que conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro). Neste caso a actividade comezou ás 11:30 horas contando cunha gran afluencia de persoas, […]

O vindeiro luns remata na Guarda «Comercio Innova Plus»

O Concello da Guarda remata o vindeiro luns as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza totalmente de balde. O luns día 28 de xaneiro terá lugar a última charla sobre «Compartindo talento: […]

A Atención ao Cliente centrou a formación de Fátima Rodríguez en “Comercio Innova Plus”

O Concello da Guarda continúa coas actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza totalmente de balde. O pasado luns día 21 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre «Innovación no cara a cara […]

A Guarda recibe unha axuda para a recuperación e posta en valor das Salinas do municipio

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción […]

A Guarda renova o Compromiso de Calidade Turística SICTED

O Concello da Guarda ven de recibir a notificación da concesión un ano máis do distintivo do Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos). Unha vez celebrado na Secretaría de Estado de Turismo o Comité de Distinción o pasado día 15 de decembro, no que se analizan os resultados da […]

A Guarda estará presente na 39ª edición de FITUR

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa 39ª edición. Un ano máis A Guarda promocionarase no stand de Turismo de Galicia. Ademais o xoves ás 12.00h tamén estará presente no acto organizado pola […]

A Guarda contratará a 15 traballadores ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello da Guarda contratará proximamente a 15 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra. Neste senso A Guarda pedirá traballadores para Axudantes do Camión do lixo(2), Oficiais de Albanel(1), Peóns de desbroce(1), Varredores(2), Limpeza de praias(4), Auxiliares de Cultura(1), Animadores Socioculturais(1), Técnicos Informáticos(1) […]

Fátima Rodríguez será a poñente de “Comercio Innova Plus” o vindeiro luns na Guarda

Continúan no Concello da Guarda as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza totalmente de balde. O vindeiro luns día 21 de xaneiro terá lugar unha charla sobre «Innovación no cara a cara […]

As toalliñas e bastoncillos provocan atascos na rede de saneamento municipal

O Concello da Guarda a través da Concellería de Medio Ambiente e da Concellería de Servizos ven de facer un chamamento conxunto a toda a cidadanía para evitar que materiais como as toalliñas desechables e os bastoncillos non cheguen á rede de saneamento municipal, xa que provocan atascos e o deterioro das tubaxes e estacións […]

O Servizo Galego de Saúde asume os gastos de mantemento do Centro de Saúde da Guarda

O pasado martes día 15 de xaneiro de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e María Jesús Piñeiro, Directora Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, asinaron o acordo para a asunción dos gastos do Centro de Saúde PAC da Guarda por parte da Consellería de Sanidade, unha vella reivindicación, trala cal o Concello da […]

As asociacións da Guarda preparan xa a III Mostra Asociativa

O pasado martes día 16 de xaneiro de 2019 a Casa dos Alonsos acolleu unha reunión de traballo con diferentes colectivos e asociacións da vila de cara á organización da terceira edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila son protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os […]

A Guarda conta con dúas Mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural. Xadréz foron instaladas […]

Juan Morandeira Vázquez forma a comerciantes guardeses

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza de balde. O luns día 4 de xaneiro celebrouse a segunda charla deste ciclo sobre «Novas […]

A rúa Concepción Arenal de A Guarda deixa ver a súa nova imaxe

A nova imaxe da rúa Concepción Arenal de A Guarda comeza xa a saír á luz. No día de hoxe o departamento de Mobilidade da Deputación comezou a instalar o novo pavimento da superficie peonil, formada por lousas de ecogranit de cor pardo e aceiro cortén. Nos vindeiros días comezarase tamén a colocación das tiras […]

Xoán Martínez Tamuxe falou sobre As Cachadas na primeira Barferencia do ano na Guarda

O venres día 11 de xaneiro de 2019 o Bodegón Os Seixiños da Gándara foi o escenario escollido para a celebración da primeira Barferencia do ano na Guarda, neste caso o historiador rosaleiro historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi o encargado de trasladar aos presentes parte da «Historia da Fábrica das Cachadas». Ante máis de […]

Este venres continúa o cinema de inverno na Guarda con “O Gran Showman”

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres ás 21:00h unha nova sesión do cinema de inverno coa proxección da película “O gran showman”, apta para todos os públicos. “O gran showman” é unha película dirixida por Michael Gracey y protagonizada por Hugh Jackman que está baseada na historia real do fundador do circo Ringling Brothers and Barnum […]

Entregados os premios aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda no ano 2018

Co gaio do Día do Usuario/a das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda agasallou aos tres lectores que máis libros leron no ano 2018 nas categorías xuvenil, infantil e adulto. O pasado sábado día 12 de xaneiro, os lectores premiados recibiron da man da Concelleira de Cultura […]

«Comercio Innova Plus» trae este luns á Guarda a Juan Morandeira Vázquez, experto en deseño de espazos comerciais e interiorismo

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza de balde. Neste mes de xaneiro de 2019, están previstas 3 sesións formativas, a primeira delas […]

Inscricións abertas para o Curso de Conservas “Coas Mans na Masa” na Guarda

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, dentro do traballo de animación, formación e posta en valor do noso territorio, pon en marcha o itinerario formativo ‘Coas mans na masa’ que trae á Guarda os días 4, 5 e 6 de febrero de 2019 un Curso de elaboración artesanal de Conservas que se realizará na […]

O Concello da Guarda instala 5 contedores de recollida de roupa usada

O servizo de recollida selectiva de roupa e téxtiles usados comezou fai uns días na Guarda coa instalación de 5 contedores en varias rúas do municipio. Esta medida se tomou dende a Concellería de Medio Ambiente ante o elevado número de quilos recollidos no punto limpo da Guarda deste tipo de materiais, o que motivou […]

Costas do Estado aproba a redacción do Proxecto de rexeneración do litoral da Lamiña

O “Ministerio para la Transición Ecológica” ven de aprobar no pasado mes de decembro o expediente de contratación de servizos para a Redacción do Proxecto “Estabilización de la margen derecha del Río Miño en su desembocadura, término municipal de A Guarda” baixo procedemento aberto cun presuposto total de 40.898,00€ IVE incluido. Deste Xeito a Directora […]

A Guarda recupera e conserva o seu patrimonio e identidade cultural

O Concello da Guarda ven de recuperar unha parte moi importante do seu patrimonio e identidade cultural grazas ao Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra, que permitiu ter unha persoa responsable do arquivo que en colaboración co departamento de Patrimonio do Concello logrou dixitalizar e recuperar multitude de documentos históricos da nosa vila, […]

A Guarda mellora a seguridade dos maiores coa entrega de detectores de fume

O Concello da Guarda a través da Concellería de Emerxencias fixo entrega na mañá deste mércores dos primeiros 50 detectores de fume destinados prioritariamente aos maiores de 65 anos do municipio, un segmento da poboación máis propenso a sufrir accidentes vencellados ao lume nas súas vivendas. Segundo explicou o concelleiro de Emerxencias, Miguel Español, un […]

O Concello da Guarda agradece a colaboración das asociacións que decoraron as prazas no Nadal

O Concello da Guarda fixo entrega na mañá do martes día 8 de xaneiro duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas durante o pasado Nadal na Guarda. Dende a Concellería de Cultura, Elena Baz destacou que esta colaboración foi esencial para poder contar na Guarda cunha […]

Un equipo da Universidade de Vigo investigará o proxecto de arte urbana «A Guarda Escrita nas Estrelas»

O Concello da Guarda, a Universidade de Vigo e os artistas Nuvi & éxfico, veñen de asinar un protocolo de colaboración para a realización dun estudo para a toma de mostras para unha investigación científica sobre materiais e posibles fenómenos de degradación no proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» de pintado do espigón norte de […]

Primeiras citas para a renovación do DNI na Guarda no 2019

Mañá mércores día 9 de xaneiro de 2019 xa se poderán solicitar as citas para a primeira visita das unidades móbiles no concello este ano para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes ao primeiro trimestre de 2019. A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses xaneiro, febreiro e […]

Este venres primeira Barferencia do 2019 na Guarda

Este venres día 11 de xaneiro de 2019 terá lugar a primeira Barferencia do ano na Guarda, en concreto falarase sobre a «Historia da Fábrica das Cachadas», a cargo do historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe. Esta é a terceira Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30h no Bodegón Os Seixiños da Gándara, onde […]

Unidade Móbil de inspección técnica na Guarda

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica desplazarase ao Concello de A GUARDA do 12/02/2019 ao 13/02/2019 para ciclomotores e o 14/02/2019 2019 e do 18/02/2019  ao 28/02/2019 para turismos na Estación de Servicio San Roque (A Guarda). O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns […]

Multitudinaria Cabalgata de Reis Magos na Guarda

O Sábado día 5 de xaneiro as rúas da Guarda enchéronse de persoas que acudiron para presenciar a tradicional Cabalgata de Reis, un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, cun percorrido entre a Alameda da Guarda e a Casa dos Alonsos, onde se realizou a recepción real aos nenos e nenas. A Cabalgata […]

Os Reis Magos chegan á Guarda para visitar a Residencia de Maiores e participar na Cabalgata

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta ata este domingo a Pista de Xeo na Alameda. A Pista de Xeo continúa en funcionamento ata este domingo día 6 de xaneiro, as […]

Continúa a programación de nadal na Guarda con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis

O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen o cinema, a animación musical polas rúas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. A Pista de Xeo que está instalada na Alameda da Guarda xa recibíu a visita de máis de 1500 […]

Horario semanal do ferry A Guarda – Caminha do martes 18 ao domingo 23 de Decembro

Esta semana as saídas do ferry veranse afectadas pola marea baixa. Por tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 23 de decembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

Xa se poden recoller as entradas para as dúas obras de teatro do Nadal e o espectáculo do Apalpador na Guarda

O Concello da Guarda ofertará dúas obras de teatro na Axenda de Nadal 2018/19 coas funcións do teatro para nenos «Tristán» o vindeiro xoves 27 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural e do teatro-clown musical para adultos «Route 66» o venres 28 de decembro ás 21:00h no Centro Cultural da Guarda, e o sábado […]

O alumnado dos centros educativos da Guarda participa en obradoiros contra a Violencia de Xénero

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o «Proxecto Empatía», cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil e xuvenil dentro da campaña do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da […]

As Salinas da Guarda forman parte do maior complexo de explotación do sal documentado do Imperio Romano

O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encabezado por Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC) e Mar Cortegoso, directora das escavacións, ven de avanzar nas investigacións sobre as Salinas do Seixal e Camposancos, dando pé a unha importante novidade; estas salinas forman […]

A mostra -GalizAmérica- chega á Guarda o 25 de outubro

É unha mostra itinerante que visitará os concellos de O Grove, Gondomar, A Guarda, Redondela e Poio. A inauguración terá lugar o xoves día 25 de outubro ás 20:00h na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda e manterase ata o 10 de novembro. A mostra, composta por 13 paneis, vai percorrendo diferentes fitos […]

Penúltima entrega de 20 carros de compra na Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto»

Este mércores día 17 de outubro a Praza do Reló da Guarda foi o escenario elixido para a entrega dos 20 carros de compra correspondentes ao penúltimo sorteo realizado entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos da Guarda enmarcado na Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto». Os 20 premiados neste sorteo […]

Charla sobre «Vacina da gripe, mitos e verdades» o 19 de outubro no Centro Cultural da Guarda

O vindeiro venres día 19 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle a Charla «Vacina da gripe, mitos e verdades» que terá lugar ás 20:00h e que contará coas ponencias de Mar de la Peña Cristiá e Carmen Mosquera Pérez. Nesta charla informativa e aberta a toda a cidadanía, falarase sobre que é a […]