🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Os Praceiros e Praceiras do Mercado da Guarda continúan a súa formación

O pasado mércores día 10 de outubro de 2018 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, asistiron ao inicio do obradoiro para traballo en equipo «Separados menos, xuntos máis», adicado aos praceiros e praceiras do Mercado da Guarda. Este obradoiro de formación, realízase nas instalacións de Informática San Benito, […]

Inauguración da XXXVI exposición filatélica e a XXII Exfimiño 2018 na Guarda

O xoves 11 de outubro a Casa dos Alonso da Guarda acolleu o acto de inauguración da XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e do Castelo de Santa Cruz e que se poderá visitar ata o […]

José Ángel Gándara presentou na Guarda o seu libro «Colón rumbo a las Yndias»

O pasado mércores día 10 de outubro a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a presentación do libro «Colón rumbo a las Yndias» da autoría de José Ángel Gándara, un acto que contou coas intervencións do autor, José Ángel Gándara; do coordinador do libro, Celso Fariñas; do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e do tudense […]

Cinema infantil coa proxección de «La Bella y La Bestia» este sábado 20 de outubro

O vindeiro sábado día 20 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle unha nova sesión de Cinema Infantil coa proxección da película «La Bella y La Bestia». A proxección terá lugar ás 17:30h no Salón de actos do Centro Cultural, non é preciso retirar tickets con antelación e a entrada é de balde. O […]

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 16 ao domingo 21 de outubro de 2018

Esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 21 de outubro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao […]

Ampliación da convocatoria aos artistas locais para a súa participación na ruta «Petiscos con arte»

En novembro o Concello da Guarda promove unha nova ruta gastronómica na que se mesturará a gastronomía con exposicións de arte (pintura, escultura, fotografía,…) nos propios establecementos. “Petiscos con arte” é o nome da ruta, que se celebrará os venres e sábados das dúas últimas fins de semana do mes de novembro. A súa finalidade […]

Xornadas de Portas Abertas cos centros educativos nas novas instalacións do Concello da Guarda

Dende o martes 9 de outubro alumnos dos diferentes centros educativos da vila participan nas Xornadas de Portas Abertas para coñecer o funcionamento e as novas instalacións do Concello da Guarda na Casa dos Alonsos. Os alumnos que participan nestas Xornadas coñecen como é o funcionamento dos diferentes departamentos do Concello da Guarda, atendendo as […]

Recta final do proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» coa participación dos escolares da Guarda

Dende o martes 9 de outubro alumnos e alumnas dos diferentes centros escolares da localidade participan no pintado do espigón do porto da Guarda, actividade enmarcada no proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» que se atopa xa a piques de rematar, lucindo xa imaxes da Guarda, Salcidos e Camposancos, as Marcas dos Pescadores e as […]

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita A Guarda o 19 e 20 de outubro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro venres día 19 de outubro e sábado 20 de outubro. Este autobús estará emprazado na Rúa Coruña, ao carón do Campo da Fínola o venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00 horas e o sábado […]

Inicio das DEPORTE Escolas e estrea do novo céspede do Estadio Municipal da Sangriña na Guarda

O martes día 9 de outubro de 2018 o Estadio Municipal da Sangriña acolleu o inicio das DEPORTE Escolas, na modalidade de Fútbol, promovidas dende a Deputación de Pontevedra. DEPORTE escolas é un programa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coas federacións deportivas, totalmente gratuíto, que busca promover a actividade físico-deportiva entre as nenas e […]

A Subdelegada do Goberno en Pontevedra anuncia na Guarda o inicio dos trámites para a solución dos destrozos no litoral do Río Miño

O luns día 8 de outubro a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou a zona afectada por unha forte erosión nas praias da Lamiña e da Armona na desembocadura do Río Miño, para comprobar «in situ» como está a situación destes areais a anunciar a inclusión dunha partida orzamentaria para solventar este problema, […]

O pleno da Corporación Municipal da Guarda aproba os festivos locais para o ano 2019

O pasado 28 de setembro celebrouse a sesión ordinaria do pleno da corporación local na que se declararon os festivos locais para o ano 2019, sendo elixidos os días 16 de xullo (Festividade da Virxe do Carme) e 23 de setembro (Festividade de Santa Trega). O Concello da Guarda, continúa co criterio de poñer coma […]

A Xunta convoca catro novos permisos de explotación para percebe a pé na cofraría da Guarda

A Consellería do Mar convoca catro novos permisos de explotación para percebe a pé na confraría de pescadores da Guarda. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e […]

Este venres comeza na Guarda o Ciclo de Cinema de Outono

Este venres día 5 de outubro comeza na Guarda o ciclo «Cinema de Outono» coa proxección da película «El sueño de Gabrielle», non recomendada para menores de 12 anos. Esta primeira sesión do Cinema de Outono terá lugar ás 21:00h no Salón de actos do Centro Cultural e a entrada é de balde. Sobre «El […]

Este domingo celébrase a 15k do Atlántico – Banco Mediolanum

O pasado martes día 2 de outubro de 2018 o CEIP Mestre Manuel García de Oia acolleu a presentación da sexta edición da 15k do Atlántico – Banco Mediolanum, unha proba deportiva referente do running galego que congregará este ano a preto de 600 corredores na categoría 15k e 200 na categoría de andaina, empregando […]

Unha nova empresa presta servizo de Axuda no fogar na Guarda

O Concello da Guarda ven de mellorar o servizo de axuda no fogar SAF grazas á contratación dunha nova empresa que presta este servizo xunto co persoal municipal de Servizos Sociais. O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou […]

Inicio dos traballos de escavación arqueolóxica do proxecto «A Guarda, Mar de Sal»

En palabras de Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC), coordinador e investigador do proxecto, «empezamos a semana con moita ilusión e xa temos descuberta unha zona ampla con dúas sondaxes que  amosan parte do pavimento das salinas, pero aínda é cedo para tomar conclusións precipitadas, polo […]

O legado das Marcas dos Pescadores, obxecto dunha Exposición na Guarda

O pasado sábado día 22 de setembro a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a inauguración da Exposición «Marcas de Pescadores de Povoa de Varzim e da Guarda», unha exposición que recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores. Despois do seu paso […]

Espectáculo de teatro para bebés este sábado no Centro Cultural da Guarda

O Sábado 29 de setembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión de teatro «Zapatos», recomendada para bebés de entre 1 e 4 anos, que correrá a cargo de Caramuxo Teatro e que está enmarcada no programa Cultura no Camiño. A sesión de teatro terá lugar ás 18:00h e é preciso retirar previamente as […]

O Concello da Guarda celebra o Día Mundial do Turismo cunha xornada de observación de estrelas

O vindeiro sábado día 29 de setembro o Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza unha noite de observación de estrelas dende o alto do Monte Terroso na parroquia de Salcidos. Os participantes terán que ir provistos dunha lanterna e acudir ata a Casa Forestal do Torroso ás 21:00h para, dende alí, […]

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 25 ao domingo 30 de setembro

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas. SEMANA DO MARTES 25 AO DOMINGO 30 DE SETEMBRO: transbordad Observacións: A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña […]

O Concello da Guarda solicita o aumento das visitas das unidades móbiles da ITV para vehículos agrícolas

O Concello da Guarda vén de remitir unha carta á empresa Supervisión y Control, S.A. empresa encargada dos desprazamentos das unidades móbiles para as inspeccións técnicas de vehículos, solicitando o aumento da frecuencia das visitas destas unidades para a realización das inspeccións técnicas aos vehículos agrícolas existentes no municipio. Esta solicitude realízase ante a demanda […]

O Conservatorio de Música da Guarda inicia o novo curso cubrindo a totalidade das prazas ofertadas

O pasado luns día 17 de setembro tivo lugar o inicio do novo curso no Conservatorio de Música da Guarda, un ano especial polo aumento de matriculacións, quedando cubertas a totalidade das prazas ofertadas nos diferentes grupos, coma Percusión, frauta travesera, clarinete, saxofón,  gaita, violín, viola, piano, guitarra clásica e eléctrica, trompeta, trompa, trombón e […]

Aviso de corte no subministro de auga este venres na Guarda

O Concello da Guarda informa dun corte de auga programado para a mañá deste venres, día 21 de setembro, por mor da instalación e conexión das novas tubaxes do abastecemento de auga nas obras da Rúa Concepción Arenal. Está previsto que os operarios realicen este corte no abastecemento de auga dende primeira hora da mañá […]

O Plan DepoRemse permitirá na Guarda a mellora da mobilidade e seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta

Esta semana a Deputación de Pontevedra ven de anunciar os proxectos que se van beneficiar do Plan bianual 2018/2019 de remodelación e mellora da seguridade dos viarios municipais, DepoRemse, do cal o Concello da Guarda vai ser beneficiario a través da mellora da mobilidade e seguridade no entorno das rúas Vigo e Celta. No entorno […]

Rematan as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño en Camposancos

A pasada semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, consistente na reposición dunha parte da pasarela de acceso á praia, reparación doutro tramo e colocación dun novo tramo ata a zona de aparcamento, conectando estes dous espazos. A nova pasarela está construída en madeira, contando cun ancho de 1.60 metros […]

Deporte, festas, romaría, exposición e visitas guiadas son os pratos fortes desta fin de semana na Guarda

Nova fin de semana cunha ampla oferta de actividades no Concello da Guarda, por unha banda as Festas das Mercedes, que nesta edición celebran o seu centenario, contará coa XXXI Festa da Zorza, concursos de repostería e tortillas, así coma numerosas actuacións musicais e noites de verbenas. Tamén salientar a inauguración da Exposición das Marcas […]

O Grande Trail Serra D´Arga chega esta fin de semana á Guarda

Esta fin de semana celébrase o evento deportivo Grande Trail Serra D´Arga 2018, unha proba que este ano cruza a fronteira dende Caminha para desenvolver parte do seu programa no Concello da Guarda e no Monte de Santa Trega. O vindeiro venres día 21 de setembro celebrarase a proba GTSA Sunset, cunha distancia de 13km, […]

Novos cursos de informática este outono na Aula Cemit da Guarda

A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades este outono, e ademais de xeito gratuíto. As inscricións están abertas, sen límite de prazo, no Concello e no Centro Cultural(1º andar), o inicio dos cursos será o vindeiro 1 de outubro. Durante os meses de outubro e novembro realizaranse diferentes […]

Novo horario de inverno no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz

A partires desta fin de semana modifícanse os horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de inverno. O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h os sábados, domingos […]

Curso gratuíto de Soldadura con electrodo revestido e TIG

A mediados de outubro iniciarase un Curso de Soldadura con electrodo revestido e TIG de carácter gratuíto e con prácticas en empresas, exclusivamente adicado a persoas desempregadas e co que se acada un certificado de profesionalidade. Para poder optar a esta formación é preciso estar apuntado como demandante de emprego na oficina de emprego de […]

As asociacións guardesas uniron forzas na II Mostra Asociativa

A Alameda da Guarda foi o escenario o pasado sábado día 15 de setembro da celebración da segunda edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila foron as protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e unha intensa […]

Veciños da Guarda e Caminha participaron este sábado na Ruta da Cova Moura

Continúan as andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda e que terán lugar entre os meses de setembro e novembro co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño. A primeira andaina, desta nova sesión celebrouse o pasado sábado día 15 de setembro, […]

Suspensión do mercado semanal deste sábado na Guarda

O Concello da Guarda informa da suspensión do mercado semanal deste sábado día 15 de setembro, por mor do inicio das obras da Rúa Concepción Arenal, co conseguinte desvío de tráfico pola Rúa Coruña (onde habitualmente se realizaba o mercado semanal) e as actividades programadas na Alameda da Guarda (coa celebración da II Mostra Asociativa […]

As Festas das Mercedes celebran o seu centenario cunha ampla programación de actividades

A Gándara celebra do 14 ao 24 de setembro o Centenario das Festas das Mercedes cunha ampla programación de actividades nas que se inclúen eventos deportivos, gastronómicos e de lecer. Nesta edición se cumpre o centenario da inauguración da capela adicada en advocación a Nosa Señora das Mercedes, polo que a comisión de festexos ten […]

As praias guardesas do Muíño e Area Grande acolleron esta fin de semana xornadas de sensibilización ambiental

Durante a pasada fin de semana as praias guardesas de Area Grande e O Muíño, ámbalas dúas con bandeira azul, acolleron dúas actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nas praias do municipio. Para este fin, e en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, o sábado 8 de setembro a […]

Arrancan as obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda

As obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda xa están en marcha. A empresa ‘Obras, Reformas e Saneamentos SL’ está xa a traballar no proxecto de ‘Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na EP-3401 de acceso ao porto’ que está a desenvolver o departamento de Mobilidade da Deputación de […]

O novo deseño que lucirá o espigón do Porto vai collendo forma

Baixo o concepto de «A Guarda escrita nas estrelas» o novo deseño do pintado do espigón norte do Porto da Guarda vai colendo forma grazas ao traballo dos artistas Alberto Brandon e Nuria Villa, así coma o de máis de medio cento de voluntarios que xa colaboraron nestas tarefas dende mediados de agosto. Segundo explicaron […]

A Omix da Guarda organiza un Curso de cociña sobre Panadería

A Omix da Guarda abre o prazo para inscribirse no curso de panadería e masas que terá lugar os venres de 18:00 a 21:00 horas a partir do vindeiro 5 de outubro e que se prolongará ata o 16 de novembro. No curso os asistentes aprenderán a elaborar masas con diferentes fariñas, masas doces, salgadas, […]

As oficinas de Turismo da Guarda atenderon a máis de 2000 persoas nos meses de xullo e agosto

A oficina de turismo do concello da Guarda ampliou os seus servizos durante a época estival, abrindo unha oficina adicional de información turística no Porto da Guarda, ademais da xa existente na Praza do Reló. A finalidade deste reforzo foi o de garantir unha maior e mellor atención dos visitantes na localidade, que nestes meses […]