Máis de 23.000 quilos de comida recollidos en Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recibiu esta fin de semana máis de 23.000 quilos de comida procedentes do Zampakilos Solidario campaña celebrada en distintos supermercados de Vegalsa-Eroski en Vigo, Moaña, Redondela, Porriño e Baiona.   Por localidades, en Vigo recibíronse 18.000 quilos de comida; en Redondela, 2.000 quilos; en Moaña, 1.500 quilos; […]

A Copa Mahou xogarase en Baiona por quinta tempada consecutiva

As dúas sedes da Galicia F7 Cup, A Coruña e Santiago de Compostela, enviarán aos seus campións do Apertura, Clausura e Copa co obxectivo de proclamarse como o mellor equipo de fútbol 7 de Galicia.   A Copa Mahou terá lugar este sábado 15 de xuño no Campo do Aral. O sistema de competición configurarase […]

Máis de 300 voluntari@s participarán no ‘Zampakilos Solidario’ de Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona

A Fundación Provincial Banco de Alimentos mobilizará esta fin de semana a máis de 300 voluntari@ s na campaña ‘Zampakilos Solidario’ impulsada por Vegalsa-Eroski e que se desenvolverá en Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona.   A recollida de comida levará a cabo mañá, venres, e o sábado, 14 e 15 de xuño, en distintos […]

O Concello de Nigrán mostra o seu pesar polo falecemento de Adolfo Valverde, edil electo de Baiona

O Concello de Nigrán desexa transmitir o seu pesar polo falecemento esta mañá de Adolfo Valverde, edil electo de Baiona por Ciudadanos, e ao mesmo tempo, transmite as súas condolencias a familiares, amigos, e ao propio partido político que representaba. D.Adolfo Valverde.

Uns 4.200 quilos de alimentos recolleitos na Operación Quilo simultánea celebrada en  Sanxeno, Moaña e  Sabarís (Baiona)

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recadou esta fin de semana uns 4.200 quilos nas tres Operacións Quilo que desenvolveu en Sanxeno, Moaña e Sabarís (Baiona).   A acción solidaria celebrouse o venres e sábado nos Carrefour Market das tres localidades. En concreto, no supermercado de Sanxenxo recolléronse preto de 1.000 quilos de […]

Baiona convértese no segundo concello galego que conta coa habilitación completa en materia de patrimonio

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de habilitar ao Concello de Baiona para autorizar as intervencións patrimoniais en todo o seu ámbito municipal, tal como queda establecido no convenio asinado hoxe entre o conselleiro Román Rodríguez, e o alcalde Ángel M. Rodal Almuíña; ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Vigo, […]

Un helicóptero rescata a un pescador ferido despois de sufrir unha caída nunha zona de difícil acceso en Baiona

O helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia rescatou esta mañá a un pescador que sufriu unha caída mentres pescaba. O mesmo implicado chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, sobre as 10:45 horas. Indicaba que caera nas rochas entre Oia e Baiona, á altura do primeiro miradoiro. Engadía que  a persoa que […]

Carlos Gómez presenta a súa lista para construír “A Baiona que nos merecemos”

Carlos Gómez presentou este 1º de maio, Día dos Traballadores, a candidatura que o acompañará o próximo 26 de maio. “Non imos prometer máis que traballo, traballo, traballo e traballo”, asegurou o candidato á alcaldía de Baiona. En total son 20 mulleres e homes nunha lista que Gómez cualificou de excelente para representar os intereses […]

O sector turístico das Illas Atlánticas reclama unha reunión urxente coa conselleira de Medio Ambiente

O sector turístico das Illas Atlánticas reclama á Conselleira de Medio Ambiente unha reunión urxente para coñecer de primeira man en que se baseou a Xunta para aprobar unha regulación, a do Plan Reitor de Usos (PRUG) do Parque Nacional de Illas Atlánticas, que vai en contra dos intereses das Rías Baixas como reclamo turístico […]

A Xunta pon en servizo a senda que comunica as praias da Ladeira e Santa Marta, no concello de Baiona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pon hoxe en servizo a senda que comunica o paseo marítimo da praia da Ladeira e a praia de Santa Marta, no Concello de Baiona, cuxas obras foron adxudicadas por 438.000 euros. O departamento de Infraestruturas da Xunta rematou estes traballos de acondicionamento dun itinerario paralelo á estrada PO-552, […]

A Xunta inicia as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, na contorna da Ponte da Ramallosa, no concello de Baiona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, na contorna da Ponte da Ramallosa, no Concello de Baiona. Os traballos foron adxudicados por un importe de 30.000 euros á empresa Narom, S.L, e dispoñen dun prazo de execución de 2 meses, desde o seu […]

“DEGUSTA EUROPA” chega esta semana a Baiona, A Guarda e Vigo con propostas elaboradas polo centro Manuel Antonio de Vigo

O programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra, chegará esta semana ata os mercados de abastos de Baiona -mércores 10-, da Guarda –xoves 11- e Vigo -Mercado do Progreso o venres 12- con propostas culinarias elaboradas polo alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo. Trátase dunha iniciativa programada e anual, que este ano xira […]

O delegado da Xunta en Vigo recoñece o labor de Encaixamos na integración das persoas con discapacidade

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e á xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, mantivo onte unha reunión con membros da Asociación de persoas con discapacidade do Val Miñor, Encaixamos. Tras a cita, o representante autonómico destacou o importante labor realizado por este […]

Lete Lasa subliña “a humildade e o traballo” como factores que fixeron medrar o número de inscritos da Vig-Bay nun 800% en vinte anos

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación oficial do XX Medio Maratón e I Maratón Gran Baía Vig-Bay que se celebrou no Auditorio da Sede Central de ABANCA. Alí subliñou a “humildade e o traballo” como “dúas características coas que calquera persoa no mundo do […]

Unha gran marcha cicloturista de alumnos do Humberto Juanes, Centro Juan María e de Manchester toman as rúas de Nigrán e Baiona

O Concello de Nigrán colaborou un ano máis na marcha cicloturista da comunidade educativa do CEIP Humberto Juanes que este centro organiza cada ano coincidindo coa presencia dos alumnos de intercambio de Manchester. Un total de 140 nenos e nenas protagonizaron o percorrido en bici dende Nigrán a Baiona escoltados por sendas policías locais e […]

A Deputación inicia hoxe luns en Baiona as actividades socioculturais para persoas usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria

A Deputación de Pontevedra comeza esta próxima semana na provincia as actividades socioculturais para persoas usuarias do servizo de teleasistencia domicialiaria, co obxecto de favorecer as capacidades cognitivas das persoas maiores, favorecer o contacto social e previr situacións de illamento e soidade. Tras os talleres de estimulación da memoria postos en marcha en 2018, este […]

Un parapentista ferido ao bater contra unha ladeira en Baiona

Unha persoa resultou ferida ao bater contra unha ladeira mentres practicaba parapente na parroquia de Belesar, no concello de Baiona. O suceso tivo lugar un minutos despois das 19:00 horas da pasada tarde. A esa hora, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do acontecido. No seu relato informaba dun parapentista ferido tras […]

Cidadáns Baiona solicita ao concello o pago do establecido nas bases ás comparsas participantes no entroido

Cidadáns Baiona solicita ao concello o pago do establecido nas bases ás comparsas participantes no entroido xa que a decisión tomada polo goberno municipal de rebaixar os premios debido á ampliación da participación non é, explica o portavoz local de Cs, “de ningunha maneira unha medida nin solución xusta”. Valverde arguméntao así, “a implicación dos […]

Baiona, un campus residencial para a Universidade de Vigo a partir do vindeiro curso

A Universidade de Vigo “expandirá” as súas fronteiras cara o Val Miñor a partir do vindeiro curso 2019-2020. O que comezou hai máis dun ano como un proxecto impulsado pola Asociación de Comerciantes y Empresarios Baionesa (Aceba) e que conta coa colaboración do concello de Baiona, será unha realidade o próximo curso, no que a […]

Critican que a Arribada manteña exhibicións con animais

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber criticaron este domingo, en clausúraa da Festa dá Arribada deste ano de Baiona, que o Concello siga apostando pola contratación de exhibicións e espectáculos con animais cando a tendencia nas recreacións e actividades públicas de Galicia é prescindir precisamente do uso de seres vivos.   Os […]

Anuncian melloras na PO-552 na contorna da ponte da Ramallosa nos termos municipais de Baiona e Nigrán

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés de Baiona para anunciar o inicio das obras de mellora na PO-552 na contorna da Ponte da Ramallosa. Segundo informou, o proxecto conta cun presuposto base de licitación de 30.100 euros e un prazo de execución de dous meses co obxectivo […]

Mar de Ons realizará servizos especiais  duante esta fin de semana con motivo da ARRIBADA, os entroidos e as Cíes

Esta fin de semana vén cargado de plans de lecer e a naviera Mar de Ons vai establecer diferentes servizos especiais para dar resposta ás necesidades dos usuarios. En concreto, a naviera realizará un servizo especial de transporte marítimo con motivo da celebración da Festa da Arribada de Baiona os días 2 e 3 de […]

O DOG publica o inicio das expropiacións para a mellora da seguridade viaria na estrada PO-552 entre os concellos de Nigrán e Baiona

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-552, entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís, nos Concellos de Nigrán e Baiona. Esta […]

A Deputación de Pontevedra destina 40.000 euros ao financiamento da festa da Arribada de Baiona

O Goberno de Carmela Silva vén de aprobar novos investimentos para Baiona ao abeiro da liña 2 (actividades, gastos correntes e amortización de débedas) do Plan Concellos. En total nesta última Xunta de Goberno aprobáronse máis de 814.000 € para 14 concellos, dos cales Baiona recibiu un total superior aos 78.000 €. O investimento máis […]