Baiona facilita a conexión aos servizos de abastecemento e saneamento

O Concello de Baiona modifica algúns dos requisitos esixidos para a autorización dos servizos municipais de abastecemento de auga potable e saneamento para edificacións executadas sen licenza ou sen axustarse á mesma, respecto das que non caiba acordar a adopción de medidas de reposición da legalidade. Isto realízase co fin de facilitar a tramitación aos […]

Cidadáns Baiona pide ao concello que tome medidas para evitar novos casos de malos tratos animais

Cidadáns Baiona pide ao concello que tome medidas evitar novos casos de malos tratos animais. Esta petición chega despois de que nos últimos meses producíronse casos moi graves de malos tratos animais no concello de Baiona e arredores. Este feito, xunto ao incremento das cifras de abandono de animais de compañía, fixo crecer a preocupación […]

Inician as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada provincial que coincide co camiño da costa en Baiona

A nova senda peonil e ciclista que percorrerá un quilómetro ao longo das estradas provinciais EP-2203 e EP-2202 que pasan pola parroquia de Baredo coincidindo co Camiño da Costa a Santiago en Baiona comeza xa a ser unha realidade. O departamento de Mobilidade da Deputación, a través da construtora Narom SL, vén de iniciar as […]

“Rompe. Xoga en Igualdade” conciencia en Baiona sobre a necesidade de rachar coa violencia machista

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal e integrantes da corporación municipal, inauguraron este mediodía, na Capitanía Marítima de Baiona, a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”, que poderá visitarse ata o vindeiro día 3 de febreiro. A mostra está protagonizada polas […]

C’s Baiona esixe ao concello que responda os cidadáns que utilizan o servizo de atención cidadá

Cidadáns Baiona esixe ao Concello que responda os cidadáns que utilizan o servizo de atención cidadá xa que, segundo denunciou o portavoz de Cidadáns en Baiona “desde hai varios meses as consultas manifestadas a través do Servizo de Atención Cidadá da páxina municipal non son atendidas”.   A frustración dos veciños de Baiona vai aumento […]

A Xunta licita o servizo de explotación e mantemento da presa de Baiona por un investimento de máis de 237.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar na plataforma de contratación o servizo de explotación, conservación e mantemento da presa de Baiona por un investimento de máis de 237.000 euros. As empresas interesadas en acometer este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de […]

Atopan unha cadela embarazada coas patas traseiras atadas asasinada nunha cuneta en Baiona

Hoxe temos unha terrible noticia, así arrinca o comunicado da Protectora de animais Bai. Senpulgas. Como cada día saïamos ao encontro da mastína de fontes, para gañarnos a súa confianza, para poder sacala da rúa… Uns dicían.. Aí está ben, para que collela? Ides quitar a vida… A vida xa lla quitaron… A rúa mata […]

Baiona tramita solicitudes para participar no programa “Xuntos Polo Nadal”

A Consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas nalgún  concello de Galicia que, valéndose por si mesmas, atópense soas nestas datas. Este programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do 2019. Consiste nunha estancia de 16 días na residencia […]

O plan de emerxencias da presa de Baiona prevé unha proba do sistema de advertencia de risco por inundación o vindeiro martes pola mañá

O Plan de Emerxencias da presa de Baíña en Baiona ten programada para a mañá do vindeiro martes unha proba do sistema de advertencia por risco de inundación. As dúas sereas instaladas no encoro activaranse co obxectivo de garantir a operatividade do sistema, ao tempo no que o sinal acústica en caso de emerxencia faise […]

Baiona acolle unha xornada informativa sobre o servizo de teleasistencia domiciliaria

A Deputación de Pontevedra organiza este mércores, 7 de novembro, unha sesión informativa, dirixida ás veciños e veciñas de Baiona, sobre a teleasistencia domiciliaria, servizo que o Concello de Baiona financia xunto con institución provincial. Será no centro  Sociocomunitario, na rúa Dolores Agrelo, número 17, ás 19:00 h. A charla informativa, cunha duración aproximada dunha hora, […]

Adxudicada as obras da senda peonil e ciclista na zona de Santa Marta, en Baiona, cun investimento de case 438.000 EUROS

A Xunta vén de adxudicar as obras de construción dunha nova senda peonil e ciclista na zona de Santa Marta, no Concello de Baiona, cun investimento de case 438.000 euros. Estas actuacións serán executadas pola empresa Construcións Obras e Viais, S.A, (COVSA), cun prazo duns 3 meses. O proxecto define o acondicionamento da contorna na […]

Baiona atraerá turistas todo o ano con paquetes de experiencias mariñeiras impulsados desde a Asociación Vilas Mariñeiras

Atraer a numerosos turistas tamén en tempada baixa. É o obxectivo que persegue Baiona xunto co resto de localidades que compoñen a asociación Vilas Mariñeiras desde a súa creación. O último proxecto deseñado pola entidade pretende alcanzar a ansiada desestacionalización mediante o impulso de paquetes de experiencias. Unha vintena de establecementos sumáronse xa á iniciativa […]

Ignacio Martínez Eiroa, compañeiro de Cholo Peralba na I primeira promoción da Academia Xeral do Aire, recibe o V Galardón Xeneral do Aire “Santos Peralba”

Don Ignacio Martínez Eiroa, Tenente Xeral do Exército do Aire, recibiu esta mañá de mans do Alcalde de Baiona, Ángel  Rodal, o V Galardón Xeral do Aire “Santos  Peralba”. O acto comezou cunha ofrenda de coroa ante o monumento que leva o nome do aviador en  Sabarís.  Rodal foi o encargado de depositar a coroa xunto […]

Conclúen as obras do proxecto Pontus Pedestrian

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o concello de Baiona coincidindo co final das obras do proxecto Pontus  Pedestrian, realizado ao amparo dunha das liñas de axudas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Turismo neste ano 2018. O delegado estivo acompañado na súa visita polo Alcalde de […]

O Concello de Baiona rende homenaxe aos veciños e veciñas que axudaron a sofocar os incendios do ano pasado

O  Concello de Baiona renderá homenaxe aos veciños e veciñas do municipio que colaboraron na extinción dos incendios que arrasaron o 15 de outubro de 2017 a Real Vila. O vindeiro domingo, día 14 de outubro, o  Concello organizará un acto que lembre para sempre a traxedia e a solidariedade dos  baioneses. A homenaxe, ao […]

A Biblioteca Pública de Baiona acolle o espectáculo de maxia “Xogando coas palabras”

O vindeiro mércores, 10 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona o mago Javier Muro presentará a actividade “Xogando  coas palabras”. Un espectáculo de maxia onde as palabras, os números e as letras escollidas polos nenos e nenas ao azar, van creando o espectáculo.  Utilizaranse as palabras dos libros, para descubrir que […]

O Concello de Baiona instala avisadores acústicos para invidentes nos pasos de peóns da Rúa Elduayen

Estes avisadores xa se instalaron e o Alcalde, Ángel Rodal, comprobou o seu funcionamento. Segundo manifestou o primeiro edil, “o Concello de Baiona dá desta forma un paso máis cara a unha cidade máis accesible, cun servizo que non só vai beneficiar aos invidentes senón tamén ao resto de cidadáns, pois estes avisadores tamén chamarán […]

O Concello de Baiona asina o primeiro convenio do Val Miñor con Baisenpulgas para a recollida de felinos

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, rubrica coa presidenta da Asociación Protectora de Animais  Baisenpulgas,  Tatiana Álvarez Vara, un convenio de colaboración que persegue procurar mecanismos que  conjuguen garantir a protección e defensa dos animais domésticos que se atopen en estado de abandono ou extraviados cos intereses municipais de protección da saúde pública. Concretamente, o […]

Taller de robótica gratuíto para nen@s e moz@s en Baiona

Os nen@s e moz@s de Baiona terán a oportunidade de desenvolver a súa creatividade e espírito emprendedor este sábado, 6 de outubro, nun taller de tecnoloxía organizado polo operador galego  R en colaboración coa Concellería de Xuventude do  Concello de Baiona. A iniciativa ofrecerá tres sesións de robótica, de dúas horas cada unha, dirixidas a […]

Baiona poñerán en valor experiencias de turismo mariñeiro co obxectivo de dar maior protagonismo ao mar

Baiona pon fin á rolda de mesas de traballo da Asociación “Villas Marineras” para a creación de experiencias turístico mariñeiras co obxectivo de dar o protagonismo ao mar nesta rede de Vilas que salpican a costa do norte de España. A mesa de traballo consistiu nunha sesión de dúas horas que se desenvolveu na Capitanía […]

Adxudicada a Narom a mellora da estrada provincial de Baredo en Baiona que coincide co Camiño da Costa a Santiago

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou onte a adxudicación das obras de mellora da estradas provinciais EP-2203 e EP-2202 que pasan pola parroquia de Baredo, no concello de Baiona, coincidindo co Camiño da Costa a Santiago. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez, explica que as obras, das que se fará cargo a construtora Narom […]

O Concello de Baiona canaliza e amplía o Camiño Portameán e o viario da Rega en Belesar

O Concello de Baiona está a executar obras de mellora en dous viarios de importante circulación de tráfico na parroquia de Belesar, de maneira que “se aumentou a seguridade viaria, así como mellorouse a drenaxe de auga de choiva”, segundo explicou o Alcalde, Ángel  Rodal. Unha das actuacións afectou á cuneta do camiño  Portameán.  Neste […]

A Xunta conclúe a pavimentación do CPI Cova Terreña en Baiona

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o CPI Cova Terreña en Baiona coincidindo coa finalización das obras de pavimentación proxectadas neste centro escolar pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Unha intervención á que o departamento autonómico destinou máis de 42.000 euros e que consistiu na reforma dos espazos […]

La Xunta concede cerca de 15.000 euros en ayudas a los clubs deportivos de Baiona

La Secretaría Xeral para el Deporte resolvió la última convocatoria de ayudas a entidades deportivas gallegas y otorgó cerca de 15.000 euros en subvenciones a clubes deportivos del Concello de Baiona. “Nueve entidades recibieron apoyo económico de la Xunta para el fomento de actividades deportivas. Es una puesta más de la Xunta de Galicia por […]