Lalín con Gusto xa prepara a súa terceira edición que se celebrará os días 27 e 28 de abril

O evento gastronómico Lalín con Gusto organizado pola concellería de Turismo do Concello de Lalín, xa prepara a súa terceira edición logo do absoluto éxito das dúas pasadas. O concelleiro, Francisco Vilariño, mantivo onte unha reunión de traballo con preto dunha ducia de integrantes da cociña e do sector da hostalería local, que tivo como […]

O Concello de Lalín iniciará as obras de humanización da rúa Wenceslao Calvo Garra o vindeiro luns

O concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, anunciou hoxe que as obras para a execución do proxecto de humanización da rúa Calvo Garra se iniciarán o vindeiro luns, día 21 de xaneiro. Deste xeito, a rúa permanecerá pechada ao tráfico e só se permitirá o acceso a garaxes. Tendo en conta, ademais, que o prazo de […]

O Concello incorporará a maioría das propostas formuladas pola veciñanza na rexeneración de Principal e Loriga

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, informou hoxe de que o Concello de Lalín aplicará ao proxecto de renovación das rúas Principal e Joaquín Loriga mediante a construción de pasarelas peonís, a maioría das propostas formuladas na reunión participativa de onte polos veciños e veciñas. Na xuntanza, que tivo lugar […]

O Concello de Lalín adxudica a posta en servizo do proxecto Smart City

O Concello de Lalín continúa avanzando a grandes pasos no desenvolvemento da estratexia cofinanciada  nun 80% por fondos FEDER mediante o POCS 2014-2020, Lalín Ssuma 21. No día de hoxe, o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, presentou o primeiro contrato do Obxetivo Temático numero 2 deste programa, que aglutina os proxectos de carácter tecnolóxico. […]

O Concello leva a pleno o expediente de expropiación dos terreos para a ampliación do cemeterio de A Romea

O Concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, informa de que o Goberno municipal vai levar ao próximo Pleno o expediente de expropiación de terreos e bens necesarios para a ampliación do cemiterio municipal de A Romea vencellado á modificación puntual nº 13 do PXOM de Lalín. A elección destes terreos para […]

Ábrese o prazo de inscricións na 9ª Carreira do Cocido, que se celebra o 17 de febreiro

O concelleira delegada de Eventos Deportivos, María Jesús Sánchez, anunciou a apertura do prazo para inscribirse na 9ª edición da Carreira do Cocido, que este ano se celebra o domingo, día 17 de febreiro. As inscricións poderán realizarse ata 3 días antes do evento a través da páxina web championchipnorte.com.  O prezo das inscricións é […]

Lalín bota a andar o próximo venres o programa de actos promocionais da 51 Feira do Cocido que se desenvolverá nas principais prazas de abastos de Galicia

O Concello de Lalín poñerá en marcha esta semana o novo programa de actos promocionais da 51 edición Feira do Cocido que permitirá difundir o festexo gastronómico e os atractivos turísticos de Lalín polas principais cidades de Galicia a través dos seus mercados de abastos. Como explicou o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, o Goberno […]

Sinatura do contrato por parte da empresa Sergonsa Servicios SL para acometer o proxecto de demolición do antigo colexio Manuel Rivero

Esta actuación está incluída na estratexia Lalín Ssuma 21, cofinanciada nun 80% por fondos FEDER no marco do programa operativo de crecemento sostible, POCS 2014-2020 e foi adxudicada por 66.400 euros. Como anunciaron o alcalde, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, as obras comezarán a desenvolverse o día 25 de xaneiro […]

O Concello inicia o proxecto de acondicionamento da parte superior do Paseo do Pontiñas

A concelleira de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Celia Alonso, anunciou que o inicio das obras incluídas no proxecto de mellora e acondicionamento do Paseo do Pontiñas na zona máis próxima ao auditorio municipal. Trátase dunha actuación que afectará ás inmediacións da zona onde se atopa a lagoa artificial e que se estenderá ata a […]

O Concello de Lalín pechará lateralmente a pista cuberta do centro hípico de Mouriscade para evitar a entrada de auga e dar resposta ás demandas dos seus usuarios

O Concello de Lalín vai poñer en marcha unha importante actuación no centro de equitación de Mouriscade, onde imparte a súa actividade o Club Hípico Juan Oliveira. Concretamente e, tal e como informou o concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, que hoxe visitou as instalacións, vaise proceder á construción dun peche perimetral da pista cuberta de […]

O Concello de Lalín adxudica o proxecto de demolición do antigo colexio Manuel Rivero

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, informa de que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do contrato para a demolición do antigo colexio Manuel Rivero e explanación da parcela. Esta actuación está incluída na estratexia Lalín Ssuma 21, cofinanciada nun 80% por fondos FEDER no marco […]

A LI Feira do Cocido de Lalín será retransmitida integramente en streaming para que poida ser seguida en directo en calquera parte do mundo

A 51ª edición da Feira do Cocido de Lalín vai ser retransmitida integramente e en directo vía streaming co obxectivo de que as diferentes actividades do evento poidan ser seguidas en tempo real en calquera parte do mundo e a través de calquera dispositivo. Así o vén de informar o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, […]

Lalín acollerá este mes de xaneiro sete novos obradoiros do programa “SmartPeme”

O Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 acolle durante este mes de xaneiro sete novos obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da […]

Actividade de bibliotecario por un día na biblioteca municipal de Lalín

A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, visitou esta semana a biblioteca municipal, onde se estivo a desenvolver a actividade bibliotecario por un día. Lara Rodríguez salientou a boa acollida e o éxito desta iniciativa de dinamización infantil/xuvenil para nen@s de 8 a 11 anos, que combinou a formación de usuarios e a animación á lectura […]

A Xunta compromete o seu apoio para acadar que a Feira do Cocido de Lalín sexa de Interese Turístico Internacional

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, comprometeuse hoxe a traballar para conseguir que a Feira do Cocido de Lalín acade a declaración de Interese Turístico Internacional, incorporándose a un exclusivo grupo do que só forman parte dez celebracións en toda a Comunidade galega. Así o manifestou no transcurso dunha reunión no seu despacho […]

O Concello de Lalín abre o prazo para solicitar as bonificación do 95% no IBI das explotacións agrarias

O Concello de Lalín mantén aberto o prazo para rexistrar as solicitudes  para acollerse ás bonificacións do 95% da cota íntegra do IBI en bens inmobles de uso principal agrario. Esta medida foi impulsada polo Goberno local o pasado ano logo de coñecerse que a revisión catastral impulsada polo ministerio de Facenda obrigaría a tributar […]

Malo será! chega este venres ao Salón Teatro de Lalín

A caravana da Televisión de Galicia fai este venres a primeira parada do ano en Lalín. Malo será!, o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, gravará un dos programas da súa segunda temporada no Salón Teatro da capital do Deza. Dúas horas de humor protagonizadas polos mellores cómicos da […]

Lalín presenta o cartel da LI Feira do Cocido, deseñado pola cooperativa Cestola na Cachola

A rúa Colón, a carón da estatua do porco, acolleu hoxe a presentación do cartel da LI Feira do Cocido de Lalín, que foi deseñado polo artista almeriense afincado en Galicia, Miguel Peralta, da cooperativa Cestola na Cachola. Este proxecto colectivo de autoemprego pasa así a formar parte da nómina de artistas -tanto locais como […]

A Xunta impulsa as sinerxías entre a mocidade galega e o tecido empresarial a través de encontros sectoriais

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no encontro sectorial A importancia do capital humano na empregabilidade xuvenil, posto en marcha no Espazo Xove de Lalín. Un encontro onde mozas e mozos e distintos actores do territorio estableceron unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que poderá impulsar a aparición de oportunidades […]

O programa Concilia no Nadal finaliza mañá o prazo de inscricións

O Concello de Lalín informa de que aínda quedan postos libres para participar no programa de conciliación, Concilia no Nadal. Nesta liña lembra que mañá é o ultimo día para realizar inscricións nesta iniciativa que pon en marcha o Concello de Lalín dentro do denominado Plan Concilia da estratexia DUSI Lalín Ssuma 21 financiada nun […]

Actividades contra as violencias machistas no concello de Lalín

Xoves, 8 de novembro ás 12:00h. no Salón Teatro de Lalín CHÉVERE “I’ll be watching you (hei estar vixiándote)”  Teatro con perspectiva de xénero (dirixido a alumnado de ESO dos IES Laxeiro e Ramón Mª Aller de Lalín)  Organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e coordinado polo CIM de Lalín I’LL BE WATCHING YOU (hei estar […]

Lalín despide os paraugas de cores da rúa Colón facendo un balance moi positivo tanto a nivel de impacto turístico como de aceptación social

O Concello de Lalín retirou no día de hoxe o ceo de paraugas multicor instalado dende o mes de agosto no treito peonil da rúa Colón. Esta iniciativa posta en marcha pola concellería de Turismo co obxectivo de  embelecer a rúa dunha maneira moi visual e orixinal e convertela desta forma nun novo e potente […]

O Concello inicia o proxecto de reurbanización da rúa Xesteira que permitirá completar a urbanización de Cidade Xardín

O Concello de Lalín deu inicio na mañá de hoxe a unha nova actuación encamiñada a mellorar as condicións do casco urbano. Concretamente, comezaron a desenvolverse as obras de reurbanización integral da rúa Xesteira que executa a empresa Narom S.L a quen se lle adxudicaron nun concurso aberto no que se licitou conxuntamente un paquete […]

O Concello pon en marcha o Obradoiro de Emprego “Foresta Lalín”

O concelleiro de Emprego, José Manuel Fernández, xunto co de Rural, Miguel Medela, e o persoal da Oficina Municipal de Emprego, recibiron esta mañá no concello ás persoas candidatas a formar parte do Obradoiro de Emprego “Foresta Lalín”, que pon en marcha o Concello. O acto tivo lugar dentro do proceso de selección de persoal […]