A Xunta inicia os trámites para a modificación do proxecto sectorial da cidade do transporte de Ponte Caldelas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, iniciou os trámites para a modificación do proxecto sectorial da Cidade do Transporte de Ponte Caldelas, co fin de adaptalo ás necesidades actuais e potenciar a oferta de solo empresarial na zona de Pontevedra. Con esta modificación búscase […]

Xornadas de iniciación aos petróglifos de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse nesta “Busca do Tesouro de Tourón”. Unha “búsqueda” que terá lugar a vindeira fin de semana, os días 20 e 21 de setembro, e que organiza A Citania en colaboración co concello de Ponte Caldelas. Unha cita que ten como […]

A unidade móbil da ITV estará en Ponte Caldelas o 8 de outubro para facilitar a inspección dos tractores

O concello de Ponte Caldelas informa que dende hoxe se pode pedir cita para a ITV dos vehículos agrícolas do concello. As persoas interesadas en pasar a revisión técnica obrigada do seu vehículo agrícola teñen a oportunidade de aproveitar a visita que a unidade móbil vai realizar o próximo 8 de outubro, entre as 9 […]

Novo horario do punto limpo de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas informa de que mañá sábado 7 de setembro comezará o novo horario do punto limpo do concello situado no polígono industrial de A Reigosa. Un novo horario que segundo dixo o alcalde, Andrés Díaz, “trata de dar resposta as veciñas e veciños do concello que solicitaron en varias ocasións a […]

Corte de tráfico en Taboadelo con motivo da celebración das súas Festas

O Concello de Ponte Caldelas informa de que esta fin de semana, con motivo da celebración das Festas en honra a Virxe do Consuelo, a parroquia de Taboadelo contará o venres 6 de setembro cun corte na Estrada Provincial que comunica A Reigosa con Soutomaior. O corte será, o dito, o venres 6 de setembro […]

Ponte Caldelas conta cunha aula de novas tecnoloxías na Casa da Cultura

O Concello de Ponte Caldelas conta, para o novo curso escolar, cunha aula de novas tecnoloxías situada na Casa da Cultura. Un espazo composto por 12 ordenadores de última xeración e que se converteu nunha realidade grazas aos fondos europeos Leader, cofinanciada co Feader e no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. […]

Ponte Caldelas pecha as Festas das Dores máis multitudinarias da súa historia

O alcalde de Ponte Caldelas fixo balance das Festas das Dores, que durante os últimos días encheron de  vida a localidade cun programa festivo denso e atractivo. A música, o folclore, as procesións, as representacións teatrais e os espectáculos infantís constituíron o eixe central dunhas “festas para lembrar”. O alcalde de Ponte Caldelas está moi […]

O Combo Dominicano arrasa nun multitudinario fin de Festa en Ponte Caldelas

“El meneíto tour” do Combo Dominicano deixa pegada en Ponte Caldelas. Milleiros de persoas asistiron a este cita que pon o punto e final as Festas das Dores deste 2019. O Combo Domincano estivo acompañado por La Oca Band e Nevada  Band e non é para menos, cabe lembrar que a verbena dos martes das […]

A “Red Tour” da Olympus fixo parada nas Festas das Dores de Ponte Caldelas

A Red Tour da orquestra Olympus fixo unha parada nas Festas das Dores de Ponte Caldelas. Tratábase dunha das citas máis agardadas desta festas, por iso pese a ser domingo a Alameda estaba “abarrotada de xente”. O concerto comezou ás 23:30 e os superhéroes da Liga da Xustiza estiveron moi presentes ao comezo deste espectáculo. […]

Famous e Ricky Merino “triunfan” no V Caldelas Xoven

Ricky Merino (Operación Triunfo 2017) e Famous (gañador de Operación Triunfo 2018)  deixaron pegada en Caldelas. Eran o prato forte do Caldelas Xoven e “triunfaron” co seu directo na Alameda. Centos de mozas e mozos asistiron a esta cita musical cuxo cartel protagonizaban os ex concursantes de Operación Triunfo.  Ricky Merino meteuse ao público no […]

Famous, Ricky Merino, a Olympus e o Combo Dominicano deixarán pegada nas Festas das Dores

O venres 23 de agosto comezan as Festas das Dores, con este motivo o alcalde de Ponte Caldelas, quixo lembrar o “sinfín de actividades para todos os públicos e para todos os gustos” que haberá dende o 23 ata o 27 de agosto nesta vila do Verdugo. Andrés Díaz ten claro que o seu obxectivo […]

Ponte Caldelas pon en marcha o seu Plan de Autoprotección nas Festas das Dores

Ponte Caldelas continúa co seu Plan de Autoprotección para as Festas das Dores. O  Goberno municipal adxudicou este traballo á empresa Prevención Integral de Emerxencias (Previnem), que ademais da elaboración do Plan ocúpase da parte de enxeñería relacionada coa inspección técnica de elementos como escenarios, instalacións eléctricas e todo tipo de atraccións de feira. Os […]

Fichas gratis nas atraccións das Festas das Dores para as nenas e nenos das familias en risco de exclusión social

Política de igualdade e eliminación de todo tipo de privilexios, tamén durante as Festas das Dores. O concello de Ponte Caldelas comezou hoxe o reparto de fichas para as nenas e nenos que pertencen a familias en risco de exclusión social, unha iniciativa que se desenvolve por cuarto ano consecutivo. O Goberno local acabou así […]

Ponte Caldelas comeza as obras de colocación do novo céspede artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia

O Concello de Ponte Caldelas iniciou hoxe as obras de renovación do céspede artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia. A empresa adxudicataria, Mecano Sport, traballará arreo co fin de ter rematados os traballos para o inicio da tempada, “ese será o obxectivo, que o 8 de setembro a SCD Ponte Caldelas teña […]

O banco do pescador, no paseo da Calzada, convértese en punto de reivindicación do colectivo LGTBI

O Concello de Ponte Caldelas volveu amosar o seu apoio institucional ao colectivo LGTBI neste 28 de xuño. Pero desta volta, en lugar de limitarse a colgar a bandeira arcoíris do balcón da Casa da Cultura, como viña sucedendo dende hai tres anos, deu un paso adiante pintando o banco da escultura do Pescador, no […]

Ponte Caldelas dedica esta semana ao libro Invisibles, de Montse Fajardo

Dobre cita en Ponte Caldelas para achegarse ao traballo da escritora e xornalista Montse Fajardo, pois o Concello programou unha presentación pública do libro e unha representación da súa adaptación teatral. Ámbalas dúas actividades de xeito completamente gratuíto. O próximo xoves, día 27, a autora, Montse Fajardo, presentará o libro, no que se recollen os […]

Ponte Caldelas acolleu o Festival Folk Follas de Olivar

Centos de persoas achegáronse ata a Carreira Ancha, na parroquia da Insua, para gozar da quinta edición do Festival Folk Follas de Olivar. O certame, organizado pola Asociación de Veciños da Insua e o grupo Nós tamén Imos, contou co patrocinio do Concello. Durante todo o día houbo actuacións de grupos musicais de diferentes puntos […]

Ponte Caldelas oferta sete ludotecas e campamentos de verán con todo tipo de actividades

Un díptico editado polo Concello de Ponte Caldelas axuda ás familias a coñecer facilmente a totalidade da oferta que a iniciativa pública e a privada poñen en marcha este verán para axudar á conciliación da vida familiar e laboral durante a época estival. O municipio acollerá sete propostas distintas pensadas para que a cativada poda […]

A Brilat, de manobras en Ponte Caldelas

Un pelotón da Brilat está de manobras en Ponte Caldelas, a onde chegou onte á noite para pernoitar no Pabillón de Deportes. Alí foron recibidos polo alcalde, Andrés Díaz, quen saudou ao tenente coronel Vicente González Martín, ao resto de mandos e á tropa. O pelotón saíu esta mañá ás 08.30 horas para unha marcha […]

A Xuntanza Folk Follas do Olivar convoca este domingo aos afeccionados á música popular

A Carreira Ancha da parroquia de A Insua acolle este próximo domingo, día 23, a quinta edición da Xuntanza Folk Follas de Olivar, baixo o impulso da asociación cultural Nós tamén imos. Un certame que nos catro anos que leva celebrándose converteuse nunha referencia e concita a asistencia de numeroso público. O alcalde, Andrés Díaz, […]

Aprazada a exhibición da Brilat e a Garda Civil en Ponte Caldelas polo mal tempo

A exhibición da Brilat e a Garda Civil, prevista para hoxe,  día 19,  en Ponte Caldelas queda aprazada por mor do mal tempo. A data definitiva para os actos, cos que se ía celebrar o 210º aniversario da Batalla contra os franceses librada ás beiras do río Verdugo, anunciaranse oportunamente. Aínda así, a Brilat estará […]

Ponte Caldelas celebra a noite de San Xoán con 42 fogueiras e a de San Pedro con outras 20

A tradición das fogueiras de San Xoán e San Pedro mantense viva en Ponte Caldelas. O Concello vén de autorizar un total de 42 para a noite máxica do 23 ao 24 deste mes e outras 20 para a noite do 28 ao 29 deste mes, festividade de San Pedro. As cifras son idénticas ás […]

O Concello de Ponte Caldelas licita a explotación do kiosko da praia fluvial para os próximos dous anos

A explotación do servizo de kiosko da praia fluvial da Calzada acaba de saír a licitación aberta para as dúas próximas temporadas. O prazo de presentación das ofertas para os particulares ou empresas interesadas está aberto ata o próximo 3 de xullo incluído. Os detalles da licitación están no Perfil do Contratante do Concello de […]

Ponte Caldelas celebra este venres o seu Pleno organizativo para botar a andar o mandato

O Concello de Ponte Caldelas celebrará este venres, día 21, o seu Pleno organizativo, no que asignará as retribucións correspondentes ás dedicacións exclusivas, as indemnizacións pola asistencia aos órganos colexiados, as dos grupos municipais e, finalmente, designará os representantesnas entidades supramunicipais. O alcalde, Andrés Díaz, percibirá unha dedicación exclusiva por importe de 42.700 euros brutos […]