A doutora Thais Pousada cítase coa mocidade para aprender máis alá dos exames

A concelleira Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, convida a toda a mocidade a tomar un café coa doutora en ciencias da saúde, a ponteareá Thais Pousada, e falar de como aprender máis alá dos exames. Para que os coñecementos sexan moito máis que un trámite para superar etapas educativas, Thais Pousada en colaboración coa concellería […]

Ante o éxito da primeira edición, novo curso de iniciación á linguaxe de signos

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, informa que está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do curso de iniciación de linguaxe de signos. Ante o éxito da primeira convocatoria, Verónica Carrera volve ofrecer este curso totalmete de balde e que terá lugar os luns, martes e mércores na […]

Máis de 380.000€ para a mellora da seguridade peoníl na estrada E.P. 4004 en Guláns

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, da conta da aprobación polo pleno da sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra para a mellora da estrada E.P. 4004 que da acceso ao CEIP Feliciano Barrera de Guláns, á igrexa e ao cemiterio. Este convenio supón un investimento total de 382.858,96€, o 80% do orzamento, 306.287,17€, será […]

O espectáculo “ O ratiño presumido”, dentro do programa Apego, aprázase para o sábado día 16 de marzo

“O ratiño presumido” , de Trinketrinke Teatro, programado para o día 8 de marzo dentro do programa Apego, aprázase para o sábado, día 16 de marzo, ás 12:00 horas na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo. Trinketrinke porá en escena a obra “O ratiño presumido”, onde a gra Lilí Gruyére vén de recibir un importante […]

O desfile de comparsas trasládase ao venres día 15 de marzo. Mantense para mañá o enterro da sardiña

A concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Hortensia Bautista, informa que o desfile de comparsas de entroido previsto para esta tarde, adíase ao venres día 15 ás 17 horas dadas as previsións metereolóxicas adversas. Tal e como se quedara na reunión mantida coa comparsas na casa do concello, o enterro da sardiña celebrarase mañá […]

Ponteareas destina case 50.000 euros ao IV plan de igualdade

O Concello de Ponteareas adxudicou a execución do Plan de Igualdade por un importe de 48.800 euros, financiado pola Unión Europea dentro da estratexia “Ponteareas Habitat Saudable” e que financiará parte das actividades correspondentes a este ano do IV Plan de Igualdade do concello de Ponteareas. O Plan de Igualdade foi aprobado polo Pleno o pasado […]

250 estudantes descobren en Ponteareas todo o que a Universidade lles pode ofrecer

Chegados de centros de Ponteareas, Salvaterra e Mondariz Balneario, 250 estudantes de 4º da ESO, 2º de Bacharelato e FP da comarca do Condado participaron hoxe na segunda das Xornadas Comarcais de Orientación, que a Universidade de Vigo está a desenvolver como proxecto piloto dentro do seu Plan Xeral de Captación. Ao igual que sucedeu […]

Educación esixe ao Concello de Ponteareas que realice o mantemento da caldeira do CEIP Bouza Brey

A Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra esixiu esta mañá ao concello de Ponteareas que realice as labores de mantemento da caldeira do CEIP Bouza Brey, tras detectar, na inspección realizada no centro onte mesmo, que o colexio carece do contrato deste servizo, dependente da administración municipal. Nesta visita ao centro, na que estiveron presentes […]

Ponteareas orgullosa das nadadoras da categoría máster do club de natación

O concello de Ponteareas felicita ás nadadoras da cateogría máster do Club Natación Ponteareas por proclamarse campionas no Campionato Galego da súa categoría celebrado en Pontevedra. Catro das nadadoras, ademais, nadaron o relevo 4×50 m estilos cat+200 marcando un novo récord galego. Cris, María José, Marga e Nuria subiron o listón nesta proba de relevos […]

Seguridade cidadá adquire equipamentos para a mellora na resolución das emerxencias

A concellería de Seguridade Cidadá do concello de Ponteareas inviste na mellora dos equipamentos dos bombeiros para que poidan desempeñar un servizo máis óptimo e eficaz e dispoñan de ferramentas actualizadas que supoñan actuacións máis rápidas e efectivas. A concelleira titular, Vanesa Fernández, explica que con cargo aos fondos UNEXPA mercouse unha bomba de achique […]

Vintecatro stands de formación profesional abren a II Feira de Ensinanzas Profesinais e Artísticas

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, acompañado de concelleiros do goberno e portavoces da oposición, inauguraron a II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que abríu hoxe as súass portas con 24 stands de centros de ensino de formación profesional que nestes dous días amosarán aos participantes unha mostra das súa aprendizaxe. Represas destacou a […]

Alerta laranxa por fortes ventos

A concellería de Seguridade Cidadá a través da Agrupación de Protección Civil de Ponteareas informa que a dirección xeral de emerxencias e interior advierte dun episodio de fenómenos metereolóxicos adversos de nivel laranxa a partir das catro da madrugada do día 1 de febreiro.

Ven divertirte ao circo! Este domingo espectáculo familiar con Circo Chosco

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a cidadanía ao espectáculo familiar “Circo Chosco” Este domingo 3 de febreiro a compañía Circo Chosco presenta no auditorio municipal Reveriano Soutullo o espectáculo “FORZUDOS” a partir das 18:30 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

Maxia, diversión, danza e voces no Festival Solidario co Pobo Saharaui mañá venres no auditorio

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) convida á cidadanía a asistir ao festival solidario co pobo saharaui que terá lugar este venres día 1 de febreiro ás 18 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo. Este festival ofrecerá actuacións de bailes, de coro, de maxia e de risa para todos os públicos coa participación do Coro […]

Chega ao pavillón a II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas

A Concellería de Ensino do concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, adianta que o vindeiro luns 4 e martes 5 de febreiro terá lugar a II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que o ano pasado contou con máis de setecentas visitas, cifra que este ano agarda superar. Ante o éxito da primeira edición, […]

Ponteareas esixe á Xunta unha praza máis de médico de familia

O goberno de Ponteareas esixe á Xunta de Galicia que convoque unha praza máis de médico de familia e que supla as baixas dos médicos cada vez que se produzan. Segundo explica a concelleira de Sanidade, Vanesa Fernández, é preciso aumentar o cadro de persoal do centro de saúde ante a saturación que se está […]

O concello somete a consulta as alternativas de humanización da rúa Redondela

Grazas ao apoio da Unión Europea que financia a través dos fondos FEDER a estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”, o Concello de Ponteareas iniciou o proceso de participación social para definir a humanización da rúa Redondela partindo de dúas alternativas elaboradas por un equipo técnico. Para informar á veciñanza e recoller as súas opinións e propostas […]

Cambio na velocidade das estradas convencionais de Ponteareas

A concellería de Seguridada Cidadá e Mobilidadade do concello de Ponteareas informa que dende onte martes 29 de Xaneiro a velocidade xenérica das estradas convencionais queda establecida en 90km/h. Deste xeito dase cumprimento á modificación que o Consello de Ministros realizou do artigo 48 do regulamento xeral de circulación coa finalidade de reducir a sinestralidade […]

Cantares de Cego e ofrenda floral para homenaxear a Castelao

A concellería de Cultura e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a cidadanía a participar na homanaxe ao polifacético escritor Daniel Castelao que terá lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro a partir das once da mañá. LuÍs “O Caruncho” percorrerá as rúas do centro urbano cos Cantares de Cego a […]

Este sábado teatro no auditorio

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza ao teatro este sábado día 2 de febreiro ás 20 horas. “Raclette” de Ibuprofeono Teatro foi merecedora do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Unidos arredor dunha raclette cinco personaxes forman un complexo mosaico urbano que provoca un choque entre visións do […]

O Concello terá un parque canino en Ponteareas

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou a próxima creación dun parque canino na localidade. Coa iniciativa preténdese ofrecer aos propietarios de cans un amplo espazo destinado específicamente ao esparcemento das súas mascotas. Ao mesmo tempo, o parque canino contribuirá a solucionar os problemas que, ás veces, se suscitan pola presenza de cans en lugares […]

Represas di que a ampliación da depuradora se licitará en 2019

O Alcalde de Ponteareas Xosé Represas amosouse convencido de que a ampliación da depuradora de Ponteareas se licitará durante este ano 2019. Despois de meses de negociación entre Concello e Ministerio para a Transición Ecolóxica, o proxecto de ampliación foi contratado en 2018 pola Confederación Hidrográfica. Agora, segundo informa Represas, o proxecto xa foi redactado […]

Tres persoas feridas ao saírse da vía o coche no que viaxaban en Ponteareas

Unha saída de vía saldouse a pasada noite con tres persoas feridas en Ponteareas. Sucedeu na N-120, en sentido a Cristiñade, ao fío das 0:50 horas. Foron os servizos sanitarios os que contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, […]

Vegalsa-Eroski e Coren entregan un coche no hipermercado Eroski de Ponteareas

A compañía galega de distribución alimentaria VegalsaEroski entregou un Fiat 500 no Hipermercado Eroski de Ponteareas (Pontevedra) a Noelia Gil Jorge, gañadora do sorteo da campaña do Nadal ‘A Cabalgata máis selecta’, realizada en colaboración co Grupo Coren. No acto de entrega estiveron presentes a directora de RSE, Comunicación e Área de Clientes de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, […]