🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Un desconto ficticio pola “boa xestión” de Sogama

A pasada semana o Concello de Ribadumia asinou o compromiso con Sogama para a difusión de medidas de reciclaxe e, ó mesmo tempo, para conseguir unha rebaixa do 10% do canon nos recibos que se lles emiten ós veciños no recibo do lixo, na liña mantida por este equipo de goberno de diminuír a carga […]

O Concello de Ribadumia continúa o mantemento do patrimonio arquitectónico coa rehabilitación do Lavadoiro de Sucasa

O Concello de Ribadumia informa que están rematadas as obras de rehabilitación do Lavadoiro sito en lugar Sucasa (Leiro). Dita actuación ascendeu a 9.404,52 € e está financiada pola Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural do ano 2018 habilitada pola Deputación de Pontevedra para os concellos da provincia. A obra consistiu […]

O Concello de Ribadumia renova e mellora o servizo de recollida de aceite de cociña doméstico

O Concello de Ribadumia informa que ven de cambiarse a empresa concesionaria do servizo de recollida de aceite de cociña doméstico. Con este cambio hai un incremento dos contedores dispoñibles para depositar este residuo, pasando de 5 que había anteriormente ós 14 que haberá a partir de agora repartidos por todas as parroquias do municipio. […]

O Concello de Ribadumia informa que, con motivo da celebración da “III Xornada Internacional da Camelia” no Pazo Quinteiro da Cruz, se organizan novas edicións dos concursos fotográfico e artístico infantil. O prazo para poder presentar os traballos en ambos casos está xa aberto e teñen que estar estes fundamentados na temática da camelia. Poderán […]

O Concello alega ante un Plan que exclúe a Ribadumia das melloras para o transporte público

O Concello de Ribadumia emitiu no día de onte as alegacións correspondentes ós proxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada de clave XG600 a XG743 que se atopan en exposición pública. Estas alegacións están centradas no caso omiso que dende a Xunta de Galicia se fixo […]

O Concello de Ribadumia avanza nos preparativos en conmemoración do Día da Muller Traballadora

O concello de Ribadumia informa que un ano máis está a preparar unha programación que abarque diferentes ámbitos, para conmemorar o próximo día da Muller Traballadora. Deste xeito o próximo 13 de marzo as 20:30 h. terá lugar no Salón de Plenos do Concello unha xornada enfocada nas mulleres que estean emprendendo. Xornada que por […]

Así son os datos da primeira recadación xestionada dende o concello en período voluntario

O Concello de Ribadumia informa que o total do cargo líquido segundo o padrón dos impostos e taxas de vehículos, lixo, IBI urbano e rústica, auga e actividades económicas ascende a un total de 1.540.754,60 €. A estes datos hai que engadir que o total do cargo líquido que xestionou a ORAL en 2017, era […]

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadumia plantexa unha ampla oferta formativa acorde as demandas dos usuarios

O Concello de Ribadumia xestiona para que diversos cursos subvencionados pola Consellería do Medio Rural se celebren no municipio. Estas actividades formativas son pertencentes á oferta programada dende Agroforestal. Dende Decembro do ano pasado, estánse a realizar cursos de Aplicación de Productos Fitosanitarios, onde a persoa interesada só ten que asumir o coste das taxas […]

ASANOG será a beneficiaria dos fondos recadados por Trasnos do Salnés na Gala Benéfica que terá lugar o 27 de xaneiro

O Concello de Ribadumia informa que como ven sendo tradición ano tras ano, a Asociación Cultural Trasnos do Salnés organiza a súa Gala Benéfica, a cal cada ano se dedica a un fin diferente, sendo este ano a favor de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Nesta edición contarán con Pedro Brandariz […]

O equipo de goberno do Concello de Ribadumia reúnese cos veciños de Leiro para exporlles os proxectos previstos para a parroquia

O próximo domingo día 27de xaneiro, as 12:15 horas, no Centro social de Leiro, o equipo de goberno do Concello de Ribadumia ten convocados a todos os veciños da Parroquia de Leiro para unha reunión veciñal na que falar sobre os próximos proxectos de 2019. Deste xeito, despois dun breve resumo do xa feito ata […]

O Concello de Ribadumia comeza a recollida de sinaturas para solicitar unha solución definitiva no servizo de pediatría

O pasado venres día 11 de xaneiro, o Concello de Ribadumia conxuntamente co Concello de A Illa de Arousa trasladaron o seu malestar polos problemas existentes co servizo de pediatría, o cal é compartido entre ambos municipios. Malestar que ven causado pola falta de pediatra durante as últimas semanas, o que ocasiona problemas as familias, […]

O equipo de goberno do Concello de Ribadumia reúnese cos veciños de Lois para presentar as próximas actuacións na parroquia

Hoxe ás 11:45 horas, no Centro social de Lois, o equipo de goberno do Concello de Ribadumia tivo unha xuntanza con todo os veciños da Parroquia de Lois para unha reunión veciñal na que falaron sobre os próximos proxectos para este ano 2019. Deste xeito, despois dun breve resumo do xa feito ata o de […]

O Concello de Ribadumia abre o prazo de solicitude para o Plan de Pagos Personalizado

O Concello de Ribadumia informa que dende o día 1 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar o Plan de pagos personalizado. Este remata o 31 de xaneiro para aqueles que desexen aplicar esta vantaxe nos recibos que se emitirán a cobro no 2019, posto que a adhesión a este plan é voluntario. Por outra banda […]

Ribadumia inviste 9000 € en renovar o equipamento audiovisual do auditorio

O Concello de Ribadumia informa que nestes días foi instalado o novo equipamento audiovisual no Auditorio de Ribadumia, o cal ven a renovar e mellorar o anterior. O equipo instalado consta de un proxector complementado cunha lente de media distancia e un novo soporte. A isto hai que engadir un ciclorama (pantalla ran formato 12×8 […]

O CPI Julia Becerra Malvar un exemplo de solidariedade na educación

O Cpi Julia Becerra Malvar integra a solidariedade na educación dos máis cativos, dando mostra disto a través de diferentes actuacións e propostas que tratan de integrar na formación dos seus alumnos. O último exemplo foi a participación na carreira solidaria, que se levou a cabo de xeito simultáneo en varios puntos de Galicia, e […]

O Concello de Ribadumia informa que despois da reunión mantida a finais de agosto cos veciños da Parroquia de Sisán sobre as obras do cemiterio, volveu relucir a necesidade de tratar o tema da finca que a día de hoxe se emprega de aparcamento e que está situada enfronte da propia igrexa. É esta unha […]

O Concello de Ribadumia programou durante outubro para conmemorar o Día da Biblioteca

O Concello de Ribadumia celebra hoxe venres 26 de outubro o Dia das Bibliotecas con varios actos na Biblioteca Municipal Francisco de Asís Fraga “Cuco”. As actividades comezarán as cinco da tarde coa presentación por parte do Alcalde David Castro das obras de mellora que se levaron a cabo recentemente. A colocación dunha mampara permitiu […]

A oficina de turismo pecha unha fabulosa campaña do verán 2018

O Concello de Ribadumia informa que unha vez pechada a temporada estival, cabe destacar os seguintes datos relativos ó Turismo no Concello de Ribadumia: Rexistráronse na oficina de turismo un total de 3.493 visitantes entre o 1 de xullo e o 15 de outubro, o que supuxo un incremento dun 29% respecto do ano 2017, […]

O Concello de Ribadumia achega o Catastro ós veciños

O Concello de Ribadumia informa que dende hoxe, todos os luns de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas, estará na Casa de Cultura de Ribadumia unha empresa que xestiona todo tipo de trámites relacionados con Catastro. A empresa prestará servizo a todos os veciños e veciñas de Ribadumia, para facilitarlle e […]

Ribadumia arranca a programación do Auditorio con música e teatro

O Concello de Ribadumia informa de que mañá arranca a nova tempada de programación no Auditorio Municipal, a cal contempla as actuación dende outubro a decembro. Durante estes tres meses, poderemos disfrutar de música, teatro ou cine, entre outros. Deste xeito, mañá día 6 de outubro as 21 horas é a quenda da Agrupación Músico […]

Unha nova edición de “Ler Conta Moito” na Biblioteca

O Concello de Ribadumia informa que para conmemorar que o próximo 24 de outubro é o Día da Biblioteca, se teñen programadas diferentes actuacións de animación a lectura. Así o próximo luns día 8 de outubro arrincamos con “Mundo máxico 3.0”, onde o Mago Pedro Bugarín traerá ilusión e maxía para grandes e pequenos, e […]

O CD Ribadumia Senior A xoga a Final da copa RFEF (Fase autonómica 2018)

O Concello de Ribadumia informa que o próximo mércores día 10 de outubro as 20:15 horas no Estadio Municipal de San Lázaro, o CD Ribadumia Senior A enfrontarase o Bergantiños FC na Final da Copa RFEF na Fase autonómica 2018. A entrada o partido será gratuíta. Para facilitar o traslado a todos os seguidores e […]

A Oficina de turismo Ribadumia recolle un incremento de viaxeiros internacionais

O Concello de Ribadumia informa de que as visitas á Oficina de Turismo Municipal aumentaron durante o mes de setembro respecto a anos anteriores, destacando o crecemento no turismo internacional. Segundo a información facilitada pola Oficina de Turismo de Ribadumia, o mes de setembro foi positivo en canto a turismo, mostrando un incremento de turistas […]

A orientación laboral, unha ferramenta para estancar o paro en Ribadumia

O Concello de Ribadumia é un dos concellos da Mancomunidade do Salnés onde crece o paro, pero é de todos no que menos aumenta, con 3 novos parados, o que supón un 1,14%, segundo os datos publicados para o pasado mes de setembro. Estes mostran unha variación de 261 a 264 parados. Dos 9 concellos […]

Ribadumia celebrará o 13 de outubro a III Festa do Deporte

O Concello de Ribadumia informa de que o sábado 13 de outubro é o día elixido finalmente para a celebración da III Festa do Deporte do municipio. A gala, programada nun principio para o 29 do presente mes, muda de día tras un acordo coas entidades deportivas do municipio. O resto do calendario, pola súa banda, continúa […]

Dúas marquesiñas de Cabanelas amencen con senllas pintadas

O Concello de Ribadumia informa de que dúas marquesiñas situadas na zona de Cabanelas foron obxecto de senllos actos de vandalismo.  O suceso tivo lugar a pasada noite, cando unha ou varias persoas descoñecidas realizaron pintadas no vidro das marquesiñas. Esta mesma mañá, os veciños avisaron ao Concello ao ver o estrago causado, aínda que […]

O CPI Julia Becerra Malvar e o CRA de Ribadumia a punto para recibir hoxe os nenos na volta as aulas

O Concello de Ribadumia informa que durante as vacacións estivales se realizaron diferentes actuacións en ámbolos dous centros educativos de cara a posta a punto para o comezo do novo curso 2018/2019. As obras estiveron relacionadas con pintado de humidades, selado e asegurar baldosas e zócalos, arranxo de persianas, de boquetes en paredes, posta a […]

Seis empresas presentan as súas ofertas para a licitación da execución das obras de dotación de infraestruturas no polígono do Salnés

O Concello de Ribadumia informa de que ven de realizarse o acto de apertura de sobres coas ofertas para a execución da obra que se levará a cabo no Polígono Industrial do Salnés xunto ao Concello de Cambados. Co obxectivo de mellorar as infraestruturas e seguridade viaria do polígono industrial do Salnés, os concellos de […]

O Concello de Ribadumia última a posta a punto das marquesinas antes de arrancar o curso

O Concello de Ribadumia informa que durante os últimos días se está procedendo o limpado das máis de 20 marquesinas situadas ó longo de todo o municipio. Limpeza que ven a mellorar a imaxe destas e da contorna na que se sitúan coa retirada dos numerosos cartéis que as ensuciaban, para poñelas a punto para […]

O Concello de Ribadumia abre o prazo de inscrición nos cursos de “ximnasia de mantemento” e “memoria e psicomotricidade”

O Concello de Ribadumia informa de que ven de abrirse o prazo para solicitar a inscrición nos obradoiros de ximnasia e memoria e psicomotricidade que o consistorio ofrece a maiores de 65 e pensionistas de máis de 60 anos do municipio. As persoas interesadas, poderán presentar a folla de inscrición nas oficinas consistoriais dende hoxe […]

Ribadumia e Vila de Cruces recibirán máis de 17.000 euros para as axudas básicas de emerxencia

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar as axudas básicas de emerxencia 2018 para os concellos de Ribadumia e de Vila de Cruces. Déuselle o visto bo a un total de 17.150 euros, 9.500 euros para Ribadumia e outros 7.650 euros para Vila de Cruces. Trátase do quinto grupo de axudas básicas de […]

O Concello de Ribadumia acolle a exposición Sorrisos Transformadores

O Concello de Ribadumia informa de que, a partir deste luns e ata o vindeiro 15 de xuño, a exposición Sorrisos Transformadores estará aberta ao público dentro da Casa Consistorial, no marco das actividades previstas para celebrar o Mes da Diversidade en Ribadumia. Tras ser inaugurada o pasado martes, 5 de xuño, no CPI Julia Becerra Malvar, […]

Catro persoas resultaron feridas a causa dunha colisión en Ribadumia

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a catro persoas que resultaron feridas tras producirse unha colisión entre dous turismos na estrada de Cambados a Ribadumia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os vehículos chocaron á altura da rotonda dos Castaños e, como consecuencia do impacto, catro persoas necesitaron asistencia médica. Así, ademais […]

O Concello de Ribadumia informa de que este domingo, día 10 de xuño, terá lugar unha reunión cos veciños de Sisán, a terceira destas xuntanzas que se veñen realizando no municipio. A exposición terá lugar no Centro Social de Sisán ás 11:00 horas. Neste encontro, exporanse os traballos realizados dende o 2016 nesta parroquia, principalmente […]

Ribadumia recibe máis de 5.000 € do Plan Concellos para o subministro de taboleiros informativos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Ribadumia ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 5.021 euros para o subministro de taboleiros informativos. Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello da […]

A XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas supera as expectativas

O Concello de Ribadumia informa de que este ano, a pesar de que o tempo non acompañou en algúns momentos, a festa superou en cifras xerais á pasada edición. Foron milleiros de persoas as que se achegaron a Ribadumia a desfrutar da súa festa grande. Orquestras, bandas de rock, pasacalles, xogos populares e exhibicións de […]

Ribadumia acolle a 4ª regata da Liga Galega de Promoción do Slalom

O Concello de Ribadumia informa de que este sábado, día 2 de xuño, celebrarase no municipio a cuarta regata da Liga Galega de Promoción de Slalom, organizada dende a Federación Galega de Piragüismo e o propio Concello. Coa acollida desta proba, o Concello pretende, unha vez máis, fomentar a práctica do deporte, principalmente entre os […]

Ribadumia vístese de gala para a festa grande

O Concello de Ribadumia informa de que este ano a “Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas” chega con algunha que outra novidade, nas que os comercios da zona estarán máis implicados que nunca. Nas reunións entre comerciantes e Concello que se viñan mantendo os pasados días, tomouse a decisión de […]

Vicente Sotés Ruiz será investido Valedor da Honorable Orde dos Viños Tintos do Salnés

O Concello de Ribadumia informa que a comisión organizadora da “XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas” e a “Orde do Viño Tinto do Salnés” decidiron nomear un novo valedor na súa XLVI edición. Trátase de Vicente Sotés Ruíz, vicepresidente da Organización Internacional da Vide e o Viño (OIV) desde […]

O CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia apura as últimas semanas de curso

Nenas e nenos do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia están a ter un atarefado final de curso. Excursións, charlas, iniciativas de emprendemento…enchen estes días as xornadas dos cativos. Todos os cursos, de infantil á ESO, realizaron diferentes excursións: saídas a coñecer Santiago de Compostela ou Celanova, visitas á Casa-Museo Rosalía de Castro e a […]