🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

“Sentímonos felices e emocionadas e emocionadas por formar parte desta grande transformación” asegurou Carmela Silva ao observar, camiñando por Tomiño, que o núcleo urbano da vila tense convertido nun dos grandes referentes da mobilidade peonil e seguranza viaria da provincia coas achegas de tres millóns de € da Deputación de Pontevedra. A través destes recursos […]

O Concello de Tomiño levará a cabo un proxecto de acondicionamento e mellora da seguranza viaria na estrada de entrada a Estás. O ámbito de actuación será a vía principal da parroquia, desde o enlace coa estrada autonómica PO-552 ata o cruceiro da peregrina, fronte ao Centro Social. Esta intervención complementarase tamén cun asfaltado da […]

Tomiño realizará obras de mellora no campo de fútbol de Goián

O Concello de Tomiño prepara xa as obras de mellora do campo de fútbol do Regatiño, situado en Goián, que consistirán principalmente na substitución do céspede artificial, que contaba xa con 15 anos de antigüidade para instalar un novo, ademais de repoñer varios dos asentos das gradas que se atopaban deteriorados. Ademais da instalación do […]

O centro de saúde de Tomiño realizou un cribado con tes de antíxenos a 380 persoas da localidade

O centro de saúde de Tomiño realizou onte un cribado con test de antíxenos a 381 persoas dese Concello que non tiñan participado no cribado poboacional masivo realizado hai unhas semanas. Así, dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos días nesta localidade, o Sergas contactou con 600 persoas -que foran citadas para realizarse […]

A educación con emoción, crítica e igualitaria, eixos da VI Semana da educación de Tomiño

Tomiño vén de presentar a xa tradicional Semana da Educación, un evento que celebra xa a súa sexta edición. O evento vai dirixido tanto a persoal docente e educador como a pais e nais que procuren formarse en diferentes aspectos relacionados co mundo da educación, onde cada ano imparten conferencias distintas personalidades de relevancia en […]

Tomiño continúa coa implantación do plan de compostaxe no marco do Revitaliza, impulsado pola deputación de Pontevedra. Estando previsto que no primeiro trimestre do ano conclúa xa o reparto dos composteiros individuais e a instalación dos comunitarios, o Concello decidiu levar a cabo a adquisición dun camión dotado con guindastre. O vehículo servirá para prestar […]

Tomiño rexeita o proxecto eólico da Serra da Groba

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal celebrado esta semana unha moción de rexeitamento do proxecto de parque eólico promovido pola Xunta de Galicia na Serra da Groba. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG e o PSOE e a abstención do PP. O proxecto supón a construción […]

Xa pasaron case dous meses desde a inauguración da Aula de Estudo de Tomiño, que conta xa con máis de 160 persoas rexistradas, a cal está sendo moi empregada durante as últimas semanas especialmente polo alumnado universitario que está preparando os exames de xaneiro. O Concello quixo aproveitar esta situación para realizar unha enquisa de […]

O Concello de Tomiño aprobou este martes de maneira inicial os seus orzamentos para o 2021 no pleno municipal. En total ascenden a 7.725.000 euros, incrementándose un 5% con respecto ao ano 2019 e lixeiramente superiores aos de 2020. Destaca especialmente o aumento da partida destinada aos servizos sociais, que pasa de 940.000 a case […]

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño. […]

A área sanitaria de Vigo realiza un cribado masivo da COVID-19 á poboación de Tomiño

A Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo a estratexia para realizar cribados poboacionais, mediante a realización da proba PCR, a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos. Neste contexto, o Servizo Galego de Saúde, en colaboración co Concello de Tomiño, xa está invitando aos tomiñeses a realizarse unha proba diagnóstica no […]

La Guardia Civil sorprendió en Guillarei a un joven de 18 años, vecino de Tomiño, con 300 litros de gasóleo que supuestamente había sustraído en O Porriño. Los hechos sucedieron durante la madrugada de ayer cuando una patrulla de seguridad ciudadana del Puesto de la Guardia Civil de Tui intercepta un vehículo que les infundió […]

O recinto escolar do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, será ampliado en máis de 15000 metros cadrados

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, presentou ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, as obras correspondentes ao peche do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián), que se comezarán nos vindeiros días e estarán rematadas antes do inicio do curso. A intervención consistirá no peche do perímetro do […]

Cinco mulleres acaparan os premios do 8º certame pintura ao aire libre Antonio Fernández

Cinco mulleres fixéronse cos premios do oitavo Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, celebrado onte en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira e organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño. O primeiro premio foi para Paz Larrumbide Moreno, procedente do País Vasco. Veciña de Vitoria, Larrumbide (gañadora tamén da sexta edición do certame) pasa as […]

Chega a Tomiño este finde “BRASSICA RAPA”, a primeira fanfarria galega 100% feminina

Esta fin de semana chega a Tomiño (venres 14 ás 22.30 na Praza do Seixo) a primeira fanfarria galega totalmente feminina “Brassica Rapa” en concerto. Trátase dunha brass band nada a finais de 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado integramente por mulleres, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmosfera […]

Bases para a concesión de subvencións municipais ás cmunidades de usuarios de augas de consumo do Concello de Tomiño

A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as Comunidades de Usuarios de Augas de Consumo que presten servizos no ámbito municipal do Concello de Tomiño, que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, e que teñan previsto desenvolver proxectos durante o […]

Inician as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui

A Xunta vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño. Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses.A intervención está enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas. A […]

Unha vintena de persoas obteñen a licencia de navegación en Goián, Tomiño

Un total de 22 persoas realizaron o pasado sábado, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño. Quince persoas fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 realizaron só a parte práctica, (xa que estaban en posesión […]

Arde un galpón anexo a unha vivenda en Tomiño e o seu dono tivo que ser atendido polos servizos sanitarios

Os servizos sanitarios tiveron que atender in situ ao dono dunha vivenda, tras verse afectado polo incendio rexistrado no alpendre situado ao carón da casa. Todo aconteceu a pasada noite, eran as 23:30 horas cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia de lapas no interior dunha finca, no lugar de Vilar, en Tomiño. A […]

Un incendio calcina dúas zonas dunha nave en Vigo

Un incendio declarado esta madrugada na parroquia de Navia, en Vigo, arrasou dúas zonas dunha nave industrial adicada a xestión de residuos, sen que se rexistrasen danos persoais. Os servizos de emerxencias traballaron na súa extinción ata ás 08:30 horas desta mañá, momento no que o deron por controlado. Así mesmo, os Bombeiros permaneceron no […]

Arde tractor en Tomiño

Un incendio calcinou a pasada tarde un tractor cando realizaba traballos de limpeza no lugar de Vilachán, no concello de Tomiño. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, sen embargo, as lapas calcinaron, completamente, o tractor. Así o indicaron os Bombeiros de Baixo Miño e os membros do GES de Guarda, nada mais rematar coas […]

Un accidente en Tomiño deixa un ferido e cuantiosos danos no mobiliario urbano

Aparatoso accidente en Tomiño, no que resultou ferido o condutor dun turismo que bateu contra o peche dunha casa. O impacto fixo que unha columna do peche se precipitase sobre o vehículo que manexaba o implicado, o que lle provocou lesións de diversa consideración. Con todo, estaba liberado e accesible e a intervención dos bombeiros e […]

Tomiño celebra o Día da Muller cun mural, unha obra de teatro e unha charla sobre feminismo

O Concello de Tomiño celebra, coma cada ano, o Día Internacional da Muller (8 de marzo), cunha serie de actos. Estes comezarán o venres 6 coa inauguración dun mural no exterior do Campo de fútbol do Alivio, obra da artista guardesa Gemma Marqués sobre unha imaxe de Sara Rodríguez Salvador “Sara da Pisca” *, tomada […]

O CRA tomiñés abre as súas portas

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas mañá, 3 de marzo, en horario de mañá e tarde (10.00h a 13.00h e 16.00h a 18.30h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e poñer […]

Tomiño terá fibra óptica practicamente en todo o municipio

O Concello de Tomiño vén de recibir constancia de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), da Xunta de Galicia, e a Administración Xeral do Estado, dentro do Plan de Banda Larga 2020 e o Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración, que impulsan, respectivamente, van promover de xeito complementario […]

O Concello de Tomiño informa que, a partir de agora, a eliminación de niños de vespa asiática, a levará a cabo persoal da Xunta de Galicia

O concelleiro de Obras, Acción Rural e Organización Interna do Concello de Tomiño, Alexandre Pérez Souto informa que o Concello ten asumido a eliminación dos centos de niños de vespa velutina con persoal propio, dende que esta plaga chegou a Galicia, a pesar de ser unha competencia da Xunta. Pero a partir de agora, a […]

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado dun novo treito de 8 quilómetros da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, entre Sobrada e Estás, no concello de Tomiño

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe do inicio do proceso de información pública do novo treito da vías de altas prestacións de Tui-A Guarda ao seu paso polo concello de Tomiño, entre Estás e a estrada autonómica PO-350 en Sobrada, e que hoxe se anuncia no Diario Oficial de Galicia a […]

Tomiño recupera as súas rúas coma espazo de lecer e encontro

O Concello de Tomiño da un paso máis no proceso de transformación e recuperación do espazo público para as persoas no núcleo urbano do Seixo. O proxecto do Concello de Tomiño “Mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo”, cun investimento total de 670.000 euros, vai comezar este […]

Tomiño acolle até o 17de febreiro a exposición fotográfica “15 visións – Express-Arte”

O Concello de Tomiño acolle até o 17 de febreiro próximo a exposición fotográfica “15 visións – Express-Arte”, creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de […]

Tomiño súmase á rede galega de teatros e auditorios da que forman parte 40 localidades de Galicia

O nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios vén cargada de espectáculos de teatro, danza, monicreques e novo circo. Nos vindeiros seis meses, os 45 espazos escénicos que compoñen a RGTA programarán 328 actuacións e 18 estreas. Co comezo do ano, a Rede retoma a súa carteleira nas 40 localidades galegas nas que ten presenza, […]

Dez andainas para coñecer Cerveira e Tomiño paso a paso

Coñecer paso a paso Cerveira e Tomiño a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Ese é o obxectivo do programa “Rotas Minho/Roteiros Miño”, un dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2020, que arranca xa este mes de febreiro e que permitirá descubrir diferentes visións dos dous municipios a través de 10 andainas que […]

Educación de calidade no rural tomiñés

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas o día 3 de marzo en horario de mañá e tarde (10.00h a 13.00h e 16.00h a 18.30h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e […]

Radio Mocidade comeza nova andaina coma emisora escolar do IES Antón Alonso Ríos

Coincidindo co inicio do ano e coa volta ás aulas, o IES Antón Alonso Ríos programou dúas actividades para inaugurar a nova etapa da Radio Mocidade: obradoiros de podcasts e un concurso de playlists. Nos obradoiros de podcasts, profesorado e alumnado aprenden a crear, editar e publicar os seus propios podcasts (series de episodios gravados, […]

Pepa Horno, especialista en prevención da violencia contra a infancia, abrirá a 5ª edición da Semana da Educación de Tomiño

A xa case tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, chega nos próximos días á súa 5ª edición. O Concello vén organizando esta serie de charlas e coloquios coa finalidade de achegar luz ás familias na crianza dos fillos e fillas, da man de recoñecidos profesionais vencellados dende distintos ámbitos á difícil tarefa de educar. […]

Tomiño conmemorará o Día da Muller cunha versión da obra de Ibsen, “Casa de Muñecas”

“1879. Casa de Bonecas”, a innovadora proposta dos actores galegos Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, que revisa o clásico do autor Henrik Ibsen, chegará a Tomiño o SÁBADO 7 DE MARZO, en conmemoración do Día da Muller (8/3). A compañía Estudo Momento traerá unha adaptación do clásico do dramaturgo noruegués, predecesor dos movementos feministas, […]

A nova avenida de Tomiño aberta ao tránsito estas semanas permite desviar os vehículos pesados arredor do centro urbano

O centro urbano de Tomiño nótase estas semanas moito menos conxestionado. A apertura da nova avenida que conecta as estradas EP3102 e PO-344, mediante unha variante poboacional, mellora a mobilidade e integración urbanística deste conxunto urbano, permitindo unha mellor permeabilidade e accesibilidade do sistema viario. A nova estrada enlaza polo sur a EP-3102 e polo […]

O desfile de Entroido “Venres de Foliada 2020” terá lugar o día 21 de febreiro

O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases do desfile de comparsas “Venres de Foliada 2020”. E de abrir o prazo de inscrición das comparsas até o día 4 de febreiro, inclusive. O desfile terá lugar o venres 21 de febreiro ás 21.30 h. E en caso de choiva realizarase o venres 28 de […]

Os veciños axudan a un condutor que caeu co seu vehículo por un desnivel no Bouzón, en Tomiño. Segundo indicaron ao persoal do 112 Galicia, romperon un cristal para sacar ao ferido do vehículo envorcado. O accidente produciuse ao fío das dez desta mañá á altura dun domicilio situado no número 32 do Lugar do Bouzón. […]

O mediático chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño na V Semana da Educación

O chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición. Moi coñecido polos seus vídeos de internet, con receitas para nenos […]

1 2 3 8