🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A III semana da educación de Tomiño encherá o auditorio de Goián

Grandes expectativas arredor da Semana da Educación de Tomiño, que chega á súa terceira edición co aforo completo. Unhas 300 persoas inscribíronse nesta ocasión para asistir a unhas xornadas que reunirá do 19 ao 22 de febreiro no auditorio municipal de Goián a catro destacados expertos que afondarán na motivación do alumnado, no bullying, na […]

A unión de consumidores de Galicia propón facilitar as compras transfronterizas creando un gabinete de apoio ao abeiro do orzamento participativo

Últimos días para elixir os proxectos que Tomiño e Cerveira levarán adiante de xeito conxunto ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo de entre as oito propostas presentadas por iniciativa cidadá. Nesta segunda edición por primeira vez unha das propostas parte de dúas asociacións cunha entidade territorial superior á relativa aos dous concellos participantes: a Unión de […]

A mostra de cultivos cumpre 15 anos poñendo en valor a historia do agro no baixo miño

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño quenta motores para celebrar a súa décimo quinta edición cunha morea de novidades. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam) e polo Concello de Tomiño, a mostra celebrarase os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo no pavillón municipal de Goián e terá como eixo central a historia do […]

Tomiño centra a súa III semana da educación en dar ferramentas eficientes ás familias

O Concello de Tomiño mantén unha firme aposta pola educación pública e continúa traballando para mellorar as capacidades e habilidades do alumnado, sempre dun xeito integral e involucrando a todos os axentes implicados. E ese é un dos obxectivos centrais da III Semana da Educación, que este ano terá lugar do 19 ao 22 de […]