A dirección de Navalia lamenta a situación de Barreiras e agarda unha pronta solución

A dirección da Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, lamenta profundamente a situación que está a vivir o estaleiro Hijos de J. Barreiras. “Sen entrar a valorar os posibles erros que puidesen cometerse na xestión da súa carteira de pedidos, cabe lembrar de que se trata do estaleiro privado máis importante de España, que foi […]

Caballero recibe ao comité de empresa de Vulcano e dá o seu apoio aos traballadores do estaleiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza cos representantes do comité de empresa da factoría Vulcano, estaleiro en proceso de liquidación. Á conclusión da reunión o alcalde lamentou a “política industrial de inacción” da administración autonómica e deu o seu apoio aos traballadores ante a desaparición dunha empresa que ten 100 […]

O persoal de mantemento de Navantia inicia a folga indefinida en defensa do emprego e dos dereitos adquiridos

Os traballadores de mantemento de Navantia iniciaron este luns folga indefinida para esixir a readmisión dos 15 compañeiros despedidos (6 da empresa INDASA e 9 da UTE TECMAN-RAYMA) e na defensa do dereito á subrogación. A folga rexistra un seguimento do 100% do persoal e as consecuencias do paro xa se notan no estaleiro de […]

Despiden a 15 traballadores das empresas de mantemento de Navantia, Tecman-Rayma e INDASA

Os traballadores e traballadoras da UTE Tecman-Rayma, encargada dos servizos de mantemento de Navantia, e de INDASA, encargada do mantemento das cabinas, veñen de acordar en asemblea a convocatoria dunha folga indefinida a partir do día 23 de setembro. Indasa comunicou o pasado venres o despedimento a 6 traballadores e a UTE xa efectivizou o […]

Denuncian a falta de compromiso das Administracións con Vulcano, en liquidación

A CIG, CCOO e UGT desenvolveron hoxe unha concentración diante da delegación da Xunta en Vigo para denunciar a falta de compromiso das Administracións públicas co sector naval, o que aboca ao peche ás principais empresas, como é o caso de Vulcano, e supón a destrución de centros de empregos. Dende os sindicatos critican o […]

Corina Porro renova o compromiso da Xunta co sector naval: “apoiaremos a continuidade da actividade industrial no estaleiro”

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe no seu despacho aos representantes do comité de empresa de Vulcano que se concentraron este luns ás portas da sede institucional para abordar con eles a situación actual do estaleiro, que se atopa en fase de liquidación. Durante a reunión, a representante […]

O sector naval concentrarase o luns 9 en Vigo

Os delegados e delegadas do sector naval de CCOO na ría de Vigo concentraranse o luns, 9 de setembro, diante da delegación da Xunta de Galicia en protesta pola situación do sector naval e polo peche do estaleiro Vulcano. A concentración terá lugar de 11 a 13 horas no número 8 da rúa Concepción Arenal. […]

Feijóo valora o esforzo da plantilla de Navantia para cumprir os encargos da Armada australiana e pide ao Goberno central que afronte o período de incerteza que se abrirá o ano que vén

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou hoxe o esforzo da plantilla de Navantia para cumprir os encargos da Armada australiana e pediu ao Goberno central que afronte o período de incerteza que se abrirá o ano que vén. Durante o acto de botadura do buque Nuship Stalwart para a Mariña Real Australiana, […]

Conde destaca que a recuperación do naval está a chegar ás persoas cun 20% máis de afiliacións á seguridade social desde 2014

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou onte no acto de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, celebrada en Madrid, que a recuperación do naval está a chegar ás persoas, un sector no que as afiliacións á Seguridade Social creceron en Galicia desde 2014 nun 20%, acadando a peche de […]

Os estaleiros SBA Shipbuilding Asia, Damen Shipyard e Navaltagus confirman a súa presenza en  Navalia 2020

As confirmacións de expositores internaciones para a feira Navalia 2020 empezan a chegar a Vigo. E é que os estaleiros SBA Shipbuilding Asia (estaleiro de Vietnam con sede en Inglaterra), Damen (Holanda) e Navaltagus (Portugal) estarán na oitava edición do salón.   Trátase dunha excelente noticia para a dirección de Navalia dado que un dos […]

Navalia arrinca a comercialización do espazo M- FISHING que situará na ampliación do IFEVI

A oitava edición de Navalia segue sumando metros e agora faio coa comercialización do espazo M- FISHING, unha vella demanda do sector que verá a luz en 2020. “Algúns visitantes e expositores suxeríronnos contactar coas empresas que se dedican á fabricación de maquinaria nos buques pesqueiros, a relativa ao procesado en alta mar, e tamén […]

A Xunta anima á industria naval a seguir apostando pola innovación para ser competitiva e adaptarse ás necesidades do mercado

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Juan Cividanes, interviñeron esta mañá en Vigo no acto de presentación en Galicia do Plan estratéxico de I+D+i dos medianos e pequenos estaleiros. Visión 2030, realizado pola Fundación Soermar en colaboración co sector. Argerey lembrou na súa intervención o bo momento no […]

Saber reinventarse a tiempo, el triunfo de muy pocos

En ocasiones, los constantes reproches entre el gobierno y la oposición ponen de manifiesto determinadas cuestiones que por regla general pasan inadvertidas para la mayoría de mortales, pero no tanto para todos los que dependen de contratos que acaban por pender de un fino hilo gracias y por las acciones políticas. “El naval español, y […]

A Coordinadora do Naval da CIG-Industria mobilízase en Vigo contra a inacción da Inspección de Traballo

A Coordinadora do Naval da federación de Industria da CIG mobilizouse onte na Inspección de Traballo en Vigo para rexeitar a inacción da autoridade laboral diante das numerosas denuncias presentadas pola central contra as empresas auxiliares por incumprimentos de convenio, falta de seguridade e exceso de horas. Representantes da Coordinadora desenvolveron unha concentración ás portas da Inspección, na rúa Cánovas del […]

Galicia conta xa coa primeira das cinco patrulleiras previstas no Plan de renovación parcial da frota de Gardacostas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe ao acto de entrega da primeira das catro patrulleiras que o estaleiro Rodman Polyships se adxudicou no marco do proceso de renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas de Galicia deseñado pola Xunta. O plan do Executivo galego conta cun orzamento total de máis de 10 […]

Comité e persoal de Vulcano inician un encerro no despacho da dirección para reclamar o pago de salarios

O comité de empresa e os traballadores/as de Vulcano permanecen pechados/as no interior do despacho da dirección do estaleiro vigués para reclamar o pago das cinco mensualidades que se lles adebedan e unha solución inmediata ás débedas coas auxiliares que permita comezar a traballar no único barco que a compañía ten en carteira. A medida de […]

O BNG acada un acordo para demandar que o estado reduza os coeficientes de idade de xubilación no sector naval

O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposta impulsada polo BNG para demandar do Estado que estableza  coeficientes redutores de idade de xubilación do persoal empregado no sector naval, entendendo por tal, o sector público e privado e  ás e os traballadores  das empresas principais e auxiliares. A parlamentaria do BNG, Noa Presas defendeu a proposición cuxo contido  recollía as […]

A Xunta comprométese a convocar unha reunión antes do día 24 para procurar unha saída á situación de Vulcano

Esta tarde tivo lugar na Consellaría de Industria unha reunión entre o comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, o propio conselleiro mais o director do IGAPE. Froito da xuntanza, a Administración autonómica comprometeuse a convocar as partes implicadas a unha reunión urxente antes do vindeiro 24 de xaneiro, para tratar de chegar a unha […]

As asembleas do persoal aproban o preacordo para a inclusión dos acordos das auxiliares no convenio do metal

Tras máis de catro horas de reunión, na noite deste martes acadábase un preacordo coa patronal provincial de siderometal para a inclusión dos acordos das auxiliares de Navantia no convenio do metal da Coruña. CIG-Industria subliña que este preacordo só foi posíbel “grazas á loita constante do persoal “, que o pasado ano desenvolveu durante […]

Traballadores/as do naval de Ferrol maniféstanse na Coruña pola inclusión dos acordos das auxiliares no convenio do metal

Miles de traballadores e as traballadoras da industria auxiliar de Navantia, xunto con persoal propio da empresa naval, marcharon este mércores polas rúas da Coruña para esixir a incorporación dos acordos salariais das auxiliares no convenio colectivo provincial do metal.  A manifestación, que contou co apoio dun grupo de traballadores de Alcoa, saía pasadas as […]

CIG-Industria esixiu ante a sede da patronal Asime que aclare a situación real do naval vigués

A CIG-Industria concentrouse esta mañá ante a sede da patronal Asime, en Vigo, para esixir que aclare a situación real do sector naval de Vigo tras difundir nos medios unha situación de puxanza e necesidade de man de obra que non coincide cos datos dos que dispón a central. Pide que “non se xogue” coas expectativas […]

A loita incansábel do persoal fai posíbel atinxir un acordo para a recuperación dos dereitos na industria auxiliar

Regular as condicións dos traballadores e traballadoras e dotar de eficacia normativa os acordos nas industrias auxiliares fica a un paso de facerse realidade, tras o acordo asinado hoxe entre as organizacións sindicais e as empresas do sector que operan en Navantia. Determinar o ámbito temporal e territorial, as categorías e as contías económicas para […]

Feijóo refírese á construción das F-110, que suporán carga de traballo ata o 2025, “como a oportunidade definitiva” para a modernización do estaleiro de Ferrol

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe a construción das fragatas F-110, que suporán carga de traballo ata 2025, “como a oportunidade definitiva” para a modernización do estaleiros de Ferrol, e dicir, para a súa competitividade. Durante a celebración das xornadas Hacia el astillero 4.0 por la transformación digital, organizado por Navantia e […]

CIG-Industria cualifica de “campaña de desinformación” da patronal a suposta recuperación do sector naval de Vigo

A CIG-Industria de Vigo sae ao paso do que cualifica como “campaña de desinformación” da patronal sobre unha suposta recuperación do sector naval da ría de Vigo e alerta de que está a xerar “falsas expectativas” nun grande número de desempregados/as. Así o expresaron membros da executiva comarcal da federación na rolda de prensa celebrada este luns, […]