Dous mozos tiveron que pagar unha sanción de 450 euros despois de seren denunciados por “perturbación da seguridade cidadá en actos públicos” en aplicación do artigo 36.1 de lei 4/2015, a lei mordaza. Foron identificados pola Policía Nacional mentres fumaban un cigarro minutos antes dunha contra-manifestación no Obelisco da Coruña o 28 de setembro. Manifestábanse […]
Vitoria e Xosé Luís falaron onte na Sisargas do peche dun ciclo vital doloroso. Presentaron na Coruña Novas do exterior, un libro de denuncia e agradecemento no que dan conta (escribe el, falan os dous) dos cinco anos que pasaron, que pasou a familia, baixo a bota do Estado de dereito do Reino de España. Un dos […]
Por Erik Dobaño Olga Rodríguez é zurda, miúda, ollos grandes, ton repousado, voz nítida e firme, unha xornalista con pulso. Unha estrela humilde no universo mediático “alternativo” que agora escapa para Estados Unidos a descansar. Leva alá tres meses. “O último ano e medio foi durísimo”, conta despois dunha conferencia no Acampa sobre o seu traballo […]
Por Erik Dobaño O xigante Red Eléctrica Española, compañía de roupaxe pública e capital privado en maioría, que leva meses (moitos) traballando en silencio nunha zona do Concello de Abegondo próxima ao encoro de Beche para adquirir terreos nos que construír unha infraestrutura de transporte de enerxía, xa ten oposición. É unha plataforma impulsada por colectivos […]
Por Erik Dobaño “O home é o remedio para o home”, di un proverbio senegalés. Onte no Ágora, nunha sala 9 repleta, Diana, unha estudante de xornalismo, e Massamba, un mozo senegalego (un xeito de ve-lo mundo ao que lle puxo nome Cheikh Fayé no seu blog) oficiaron unha cerimonia laica, unha terapia de grupo […]
Por Erik Dobaño A folga de fame empezou a madrugada do día 10. Oito mulleres acamparon na porta do Sol, a praza do 15-M e antes dalgunhas das grandes protestas que cambiaron España. O que é inaudito desta volta é a natureza radical da protesta. Despois de quince días, cinco mulleres seguen alí deixándose morrer […]
“É Rosalía unha chorona?”, preguntou desde a primeira fila o actor Xoán Carlos Mejuto, que minutos antes ofrecera unha lectura dramatizada da última escena de Casa de Bonecas, de Ibsen, a obra que interpreta estes días na Sala Gurugú, aquí na Agra, no único teatro de barrio no barrio, e na que non seguirá segundo […]
Por Erik Dobaño Amnistía Internacional presentou esta mañá na Coruña o seu informe 2016 no que conclúe que a defensa dos dereitos humanos perdeu terreo pola crecente debilidade das institucións internacionais e que o mundo é máis desigual que hai un ano. Respecto de España (o informe non se para a analizar as comunidades autónomas), […]
Por Erik Dobaño “A cuestión é se queres seguir tendo alugada a enerxía ou ser dono da túa enerxía”, resumiu nun slogan afortunado José Antonio González, que para algo é director de marketing de Red-Fotovoltaica. E dixo máis: se non estades investindo xa en solar, estades perdendo o paso doutras comunidades autónomas onde hai máis […]
Cada venres, desde hai máis de douscentos venres, tamén cando hai chaparrada coma este primeiro de febreiro, uns poucos veciños de Elviña sacan pancartas e bandeiras e soben á pasarela de Alfonso. Molina na saída da Coruña para berrar que a batalla continúa. Algúns viron como lles tiraron as casas, outros perderon a propiedade das súas. Todo […]
Por Erik Dobaño Gañar espazo aos coches no asfalto e deixar todo o espazo das beirarrúas para os peóns. Unha proposición simple e suficiente para Roberto Rilo (Bos Aires, 1962), presidente da Asociación Ciclista Crunia e funcionario de profesión, e Luis García Gómez (A Coruña, 1946), representante da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma […]
Por Erik Dobaño Celsa, Enrique e Suso volveron hoxe ao cárcere Coruña. De visita. De moza, de mozos, a finais dos sesenta e principios dos setenta estiveron presos nesta prisión provincial que hoxe resiste en pé como memoria da represión que agarda a converterse en símbolo de liberdade. O cárcere, cedido polo Estado ao Concello […]
Por Erik Dobaño Escoiten a este home. Nun corto paseo polo peirao de Vilagarcía pode describir tres ou catro novas formas de xestionar a enerxía que está no medio: aeroxeradores nas lámpadas de alumeado público, paneis solares sobre os tellados das naves e edificios administrativos, ou muíños offshore enganchados con turbinas submarinas, para salvar o problema […]
Por Erik Dobaño Diego Lores non é un rapaz violento nin o parece. Non parece quen de derrubar e mancar a un policía. “Recordo que vin ao policía no chan e preguntarlle si estaba ben, pero non me parei a socorrelo”, conta Diego diante do cachifallo que coroa Coia. Hoxe é venres e vai vento […]
Rudy Gnutti (Brescia, 1963), músico e cineasta que vive en Barcelona desde hai trinta anos, leva dous meses presentando In the same boat, un documental de divulgación sobre a proposta da renda básica universal, realizado a base de entrevistas a economistas e intelectuais de renome. Compositor para cine e teatro, hai uns anos empezou a facer […]
Autor: Erik Dobaño Veciñanza e colectivos sociais da Coruña pretenden asumir “unha parte ou toda” a xestión do edificio do antigo cárcere provincial que esta semana será cedido ao Concello mediante a sinatura dun acordo co Ministerio do Interior español. O edificio deberá ser obxecto dunha rehabilitación para adecualo para futuros usos que inda están […]
Por Erik Dobaño María Lois Barrio é profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense e autora dunha tese sobre a “produción e reprodución” do nacionalismo galego desde a “perspectiva do lugar”, unha investigación de xeografía política que deu como resultado o libro Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista (Trama editorial), que foi presentado […]
Opinión por Erik Dobaño Un par de horas de que comece o faladoiro, Diego Lores, acusado de agresión a un policía durante as protestas de 2014 en Coia, a súa avogada, Esther Lora, Manolo Sanz, de Baladre, e outros activistas conversan nun café sobre as accións a emprender antes do 17 de xaneiro próximo, data […]